O CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE SANTIAGO FORMARÁ A MÁIS DE 360 ALUMNOS DURANTE ESTE ANO

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron hoxe na entrega de diplomas ao alumnado de catro especialidades impartidas nesta instalación
  • O CIFP de Santiago está cualificado como Centro de Referencia Nacional do Sector Forestal por parte do Ministerio de Emprego
  • O próximo ano está previsto ampliar a súa programación, con especialidades “novas e de futuro”, como a agricultura ecolóxica

 

Santiago, 29 de xuño de 2015.- O Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago (CIFP), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, formará durante este ano a un total de 365 alumnos a través de 25 cursos, grazas a un investimento de 285.000 euros. Trátase dunha instalación cualificada como Centro de Referencia Nacional do Sector Forestal por parte do Ministerio de Emprego.

 

Así o destacou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante o acto de entrega de diplomas ao alumnado de catro especialidades que se impartiron neste centro, e nos que participaron 90 alumnos. Ao acto tamén asistiu a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.

 

En concreto, a programación para o CIFP de Santiago en 2015 inclúe 11 cursos de formación para desempregados de cinco familias profesionais distintas (agraria; madeira, moble e cortiza; seguridade e medio ambiente; industrias extractivas; e servizos socio culturais á comunidade). Estas actividades contarán con 165 alumnos, e estarán vinculados á obtención dun certificado de profesionalidade.

 

A estes 11 cursos, súmanse os 8 módulos formativos transversais de creación de empresas e prevención de riscos, nos que están participando un total de 120 alumnos. Ademais, inclúense outros 6 cursos de formación continua para ocupados con 80 alumnos.

 

“Non nos conformamos. O noso obxectivo é seguir mellorando o CIFP de Santiago”, subliñou Mato, quen destacou que nos últimos anos téñense realizado investimentos en adquisición de equipamento de alta prestación e téñense habilitado dúas novas aulas neste centro formativo.

 

De cara o futuro, estase traballando actualmente en ampliar a programación para o próximo ano, engadindo especialidades “novas e de futuro” como a agricultura ecolóxica. “Trátase dunha aposta por unha mellora cuantitativa e cualitativa”, aclarou a conselleira.

 

Este esforzo inscríbese na aposta da Xunta por impartir unha “formación de calidade”, facendo especial fincapé na dirixida ás persoas desempregadas, ás que se destina un total de 40 millóns de euros, un 20 por cento máis que o ano anterior, o que permitirá  chegar a 15.000 alumnos.

 

Ademais, en materia formativa, este ano incorpóranse dúas “importantes” novidades. A primeira, unha orde -dotada con 4 millóns de euros- que regula as axudas ao transporte, manutención, aloxamento e conciliación, así como as axudas especiais para persoas con discapacidade, mulleres vítimas da violencia de xénero e persoas que seguen un itinerario personalizado de inserción.

 

Tamén se van poñer en marcha dúas novas liñas de axudas dotadas con 4,8 millóns de euros en total para ofrecer formación en idiomas, TICs e certificados de profesionalidade aos participantes dos novos plans de emprego da Xunta: Garantía Xuvenil e o Programa Activa.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: