Archivo | junio 30, 2015

INAUGURACIÓN EN ALCALDÍA – MOSTRARTE-

20150625164851477_0002O alcalde de Vigo Abel Caballero Álvarez comprácese en convidar a vostede á inauguración da exposición “Interpretadas Realidades” dos artistas Andressolo e Rubén Chase que, dentro do ciclo “Mostrarte”, terá lugar na Alcaldía do Concello de Vigo o mércores 1 de xullo ás 13.00 h.

A Xunta de accionistas de ABANCA acorda destinar o beneficio de 2014 a fondos propios

banco reforzará con esta medida o seu patrimonio e a súa solvencia

·        Os accionistas aproban un novo sistema de retribucións para os conselleiros
30.06.2015. A Xunta Xeral de accionistas de ABANCA, reunida esta mañá en Vigo, acordou destinar o beneficio obtido en 2014 a fondos propios co obxectivo de potenciar o crédito, manter a solvencia e reforzar o patrimonio. Con esta decisión, a entidade galega continúa sendo unha das máis solventes entre os principais bancos españois e europeos.

O máximo órgano de goberno do banco aprobou tamén na súa xunta anual ordinaria a política de remuneracións dos membros do consello de administración que será compatible coa estratexia de negocio de ABANCA, cos seus obxectivos e valores a longo prazo. O novo sistema ten como obxectivos atraer, reter e motivar o traballo dos profesionais e integrar os principios para unha correcta xestión do risco no sistema retributivo. O novo sistema introduce remuneracións fixas e variables e fixa un importe máximo de retribución de catro millóns de euros para o conxunto de conselleiros. O consello de administración está formado por oito membros, cinco deles independentes.

Banco Mediolanum apuesta por Galicia con la apertura de nuevas instalaciones en Vigo

  • En el acto de inauguración participaron David Cabañó, director xeral de Política Financeira e Tesouro de la Xunta de Galicia; Vittorio Colussi, consejero delegado de Banco Mediolanum; e Ivonne Pousa, responsable en Galicia de Banco Mediolanum.
  • Con estas nuevas instalaciones, que se suman a las existentes en Bueu, Boiro, O Porriño, Pontevedra, A Guarda, A Coruña y Ourense; Banco Mediolanum busca dar respuesta al crecimiento experimentado en la Comunidad, incrementar su equipo de Family Bankers, formado actualmente por 66 profesionales, y consolidar la posición de la entidad en Galicia.

 

Pie de foto

Processed with PICSPLAY

Processed with PICSPLAY

:

FOTO 1 (de izqda. a dcha.): Salvo Daporta, director comercial de Banco Mediolanum; Ivonne Pousa, responsable en Galicia de Banco Mediolanum; Vittorio Colussi, consejero delegado de Banco Mediolanum; y David Cabañó, director xeral de Política Financeira e Tesouro de la Xunta de Galicia.

A AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA ACADOU EN 2014 UNHA RECADACIÓN DE CASE 600 MILLÓNS DE EUROS, UN 12% MÁIS QUE O ANO ANTERIOR

A ATRIGA incrementou en 83.500 as comprobacións de impostos na área de xestión, o que permitiu aflorar 150 millóns de débeda non declarada

  • Os resultados foron tamén moi positivos na área de inspección, na que se duplicou o importe detectado ata acadar os 32,8 millóns
  • O director da ATRIGA, Ulpiano Villanueva, lembrou que todas as autoliquidacións de impostos son obxecto de comprobación por parte da Administración
  • Ademais, destacou que nove de cada dez autoliquidacións presentadas polos contribuíntes galegos son correctas e non precisan ser modificadas
  • A Oficina Virtual Tributaria permitiu mellorar a produtividade na Administración e elevar a transparencia cara o contribuínte.

MAÑÁ COMEZA A CAMPAÑA DE VERÁN DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR QUE OFERTA 8.530 PRAZAS, UN 3,2% MÁIS QUE EN 2014

  • A programación, que se prolongará ao longo do verán, favorecerá tamén a contratación de 900 monitores de tempo libre e directores
  • A campaña inclúe campamentos para os máis novos, campos de traballo, oferta concertada e actividades para maiores de 18 anos
  • Por cuarto ano consecutivo, o Goberno galego volve incrementar o número de prazas, nun 3,2 por cento
  • A principal novidade deste ano é a inclusión das quendas IMPLÍCA-T para maiores de 14 anos que contarán con actividades de educación non formal e voluntariado

 

Santiago, 30 de xuño de 2015.- Mañá comeza a campaña de verán organizada pola Consellería de Traballo e Benestar e que este ano ofertará un total de 8.530 prazas, un 3,2 por cento máis que en 2014. Trátase do cuarto ano consecutivo no que a Xunta aumenta as prazas desta iniciativa. As actividades, que se prolongarán ao longo do verán, favorecerán tamén a contratación de máis de 900 monitores e directores de campamentos, que son na súa maioría xente nova.

 

O incremento de prazas non é a única novidade deste ano, senón que tamén se inclúe unha nova programación en campamentos para os maiores de 14 anos –as quendas IMPLÍCA-T- que contarán con actividades de educación non formal e voluntariado.

 

A Xunta inviste 2,4 millóns de euros en desenvolver esta campaña, que inclúe: campamentos para menores de entre 9 e 17 anos, oferta concertada, campos de traballo para maiores de idade, e actividades para maiores de 18 anos.

 

Campamentos

Os campamentos, dirixidos a menores de entre 9 e 17 anos, desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto nun total de 19 albergues e campamentos por toda a xeografía galega. Ademais, outros 173 mozos e mozas poderán participar en campamentos de intercambio con outras comunidades autónomas (País Vasco, Castela e León, Estremadura, e a Rioxa). Ao mesmo tempo, rapaces e rapazas desas comunidades autónomas tamén poderán vir a Galicia para participar na programación da Xunta.

 

A duración dos campamentos varía segundo a idade dos participantes, e oscila entre os 8 e os 12 días. Ademais, contan con temáticas moi diversas para adaptarse a todos os gustos: actividades náuticas, coñecemento do medio natural, dramatización, expresión cultural, xogos tradicionais, deportes de multiaventura ou actividades de voluntariado das quendas IMPLÍCA-T.

 

Todos os participantes están en réxime de manutención en pensión completa, e inclúese o material necesario para cada actividade, que está dinamizada por un equipo técnico de monitores especialistas na xestión de ocio educativo. Nos campamentos disponse tamén de atención sanitaria de primeiros auxilios e os mozos e mozas están cubertos por un seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Ademais, como en anos anteriores, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colabora coa Secretaría Xeral de Emigración para facilitar a participación de descendentes de emigrantes galegos. A maiores, tamén se reservan unha serie de prazas para colectivos específicos, que son xestionadas polas secretarías xerais de Igualdade e de Política Social, e pola Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

 

Campos de traballo

Na campaña tamén se inclúen os campos de traballo, con máis de 700 prazas: 465 de acollida en Galicia, e outras 260 de partida, un 19% máis que o ano anterior. En concreto, das prazas no exterior, 115 serán noutras comunidades autónomas, e 150 estarán distribuídas en máis de 25 países de todo o mundo.

 

Os campos de traballo de Galicia son 18: Illas Cíes (4 quendas), Cotobade, Ribadumia, Illa de Cortegada (Vilagarcía), Riós, Muíños, Celanova, Vilar de Barrio, Portomarín, Xermade, Quiroga, Outes, A Laracha (2 quendas), Ponteceso, Boqueixón, Rois e Padrón.

 

As quendas son de 10 ou 12 días ao longo do verán e os voluntarios poderán participar en actividades ambientais, etnográficas, sociais, arqueolóxicas ou de fomento do emprendemento. Os campos de traballo galegos están dirixidos tanto aos mozos e mozas galegos, como a residentes noutras comunidades autónomas, procedentes de países estranxeiros, así como a voluntarios da Galicia exterior.

Nuevo concierto del grupo de Vigo: CRÓNICAS POP

CUARENTA_BAJAEl grupo CRONICAS POP actúa de nuevo y con entrada libre el próximo Jueves 2 de Julio a las 23:45 h. en la sala CUARENTA en la calle Rosalia de Castro,29 – VIGO

Siguientes conciertos programados:
Viernes 10 de Julio – terraza AREOSA Playa de Patos Nigrán – 23:00 h. entrada libre
 
Jueves 30 de Julio – Sala Animas Perdidas – 23:00 h. entrada libre
 
Viernes 7 de Agosto – Sala Barroco – Concierto benéfico a favor de la Asociación de Trastornos do Espectro Autista de Vigo – 23:30 h – entrada 3€

Próximos eventos CUARENTA , Rosalia de Castro, 29 Vigo

conciertos JULIO2015Próximos eventos CUARENTA , Rosalia de Castro, 29 Vigo

Miércoles 01/07/2015 – Sesión KARAOKE y música a la carta, a partir de las 23:30 h. Entrada libre
Jueves 02/07/2015 – Concierto de la banda tributoa la música en castellano de los 80 a la actualidad: CRÓNICAS POP, a partir de las 23:45 h. Entrada libre
Viernes 03/07/2015 – Desfile de moda – FASHION NIGHT SHOW presentación de colección de moda baño de las mejores marcas para hombre y mujer:   Elena Sousa Intimo, a partir de las 23:30 h. Entrada libre
Sábado 04/07/2015 – Session especial Planta baja con Dj Martin – House Dance Music y Dj Oliveira – 100% Comercial music en primera planta – , a partir de las 23:30 h. Entrada libre