Archive | julio 3, 2015

O INDICADOR DE CONFIANZA DOS FOGARES GALEGOS MELLOROU EN CATRO PUNTOS NO ÚLTIMO ANO E ACADA O SEGUNDO NIVEL MÁIS ALTO DENDE 2004

  • As perspectivas das familias galegas sobre a situación financeira persoal e a evolución do desemprego melloran no último ano en 6 e 12 puntos, respectivamente
  • As perspectivas de evolución da situación económica en Galicia tamén mostran unha evolución positiva cunha mellora de máis de 12 puntos nos último doce meses

 

Santiago, 3 de xullo de 2015.- O Indicador de confianza dos fogares galegos correspondente ao segundo trimestre de 2015 mellorou en catro puntos en comparación co mesmo período do ano anterior, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares, que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE). Deste xeito, este indicador acada o segundo nivel máis alto dende mediados de 2004.

 

Este indicador mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.

 

Na enquisa ponse de manifesto que as perspectivas sobre a situación financeira persoal melloraron en máis de 6 puntos no último ano e en máis de 2 en relación ao trimestre anterior. Ademais, as expectativas que teñen as familias sobre a evolución do desemprego tamén melloran en máis de 12 puntos con respecto ao segundo trimestre do 2014.

 

En canto ás perspectivas de evolución da situación económica en Galicia, tamén mostran unha evolución positiva. Neste sentido, o indicador reflicte unha mellora de máis de 12 puntos no último ano.

 

Situación económica dos fogares

O organismo estatístico da Administración galega tamén analiza nesta enquisa trimestral a situación económica dos fogares da Comunidade durante os últimos tres meses.

 

Os datos correspondentes ao segundo trimestre do 2015 sinalan que o número de fogares que declara chegar con moita dificultade a fin de mes reduciuse en case seis puntos en comparación co trimestre anterior.

 
ICC
Situación financeira persoal (perspectivas de evolución)
Capacidade futura de aforro Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución)
Desemprego (perspectivas de evolución)
2012/I -29,04 -13,69 -28,17 -33,05 -41,24
2012/II -32,93 -17,12 -32,44 -35,94 -46,20
2012/III -40,83 -23,00 -31,24 -51,17 -57,92
2012/IV -41,45 -26,18 -41,93 -46,28 -51,42
2013/I -43,26 -27,34 -40,12 -51,12 -54,46
2013/II -36,38 -19,68 -28,89 -47,19 -49,77
2013/III -28,07 -11,55 -25,06 -40,00 -35,65
2013/IV -29,80 -11,69 -32,74 -34,82 -39,95
2014/I -25,29 -14,48 -31,56 -28,05 -27,08
2014/II -15,90 -9,33 -22,59 -15,97 -15,73
2014/III -17,16 -13,40 -26,30 -15,32 -13,64
2014/IV -17,00 -5,45 -35,86 -10,03 -16,68
2015/I -9,94 -5,53 -32,32 -0,38 -1,52
2015/II -11,88 -3,17 -37,55 -3,58 -3,23

A XUNTA RESERVARÁ ENTRE UN 3 E 5 % DE CONTRATACIÓN PÚBLICA AOS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza co presidente e xunta directiva da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (Cegasal)
  • Na reunión deuse a coñecer este acordo de todo o Goberno galego que será de carácter obrigatorio por Lei e para determinados contratos públicos
  • O cupo de contratación será para aquelas obras e servizos susceptibles de ser realizables por un centro especial de emprego ou empresa de inserción laboral como servizos de xardinería, artes gráficas, restauración ou labores de limpeza
  • Esta medida vai favorecer o mantemento e mesmo ampliación dos preto de 2.000 postos de traballo de persoas con discapacidade ou que pertencen a colectivos en risco de exclusión social
  • Traballo incrementou este ano nun 2 por cento o orzamento destinado a programas de emprego para persoas con discapacidade ata os 18 millóns

 

Santiago, 3 de xullo de 2015.-  A Xunta implementará por primeira vez a reserva con carácter obrigatorio por Lei de entre un 3 e 5 por cento de contratos públicos aos centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral. Este cupo de contratación será para aquelas obras e servizos susceptibles de ser realizables por un centro especial de emprego ou empresa de inserción laboral, tal e como o marco o artigo 26 da Lei de racionalización do sector público autonómico.

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza coa xunta directiva da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (Cegasal) e o seu presidente, José Antonio Vázquez, para comunicarlle este acordo de Goberno. A reserva, polo tanto, será para a contratación, entre outros, de obras e servizos de conservación e mantemento de bens inmobles; servizos de conserxaría, mensaxaría e correspondencia; servizos de xardinería e forestal; artes gráficas; labores de limpeza e lavandería; restauración; e fabricación de roupa de traballo.

 

Mato destacou que esta medida favorecerá o mantemento e mesmo ampliación dos preto de 2.000 postos de traballo de persoas con discapacidade e de persoas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social que traballan nos máis de 120 centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral de Galicia. Así mesmo, favorecerá a competitividade e produtividade deste tipo de empresas.

 

A titular de Benestar resaltou que o Goberno galego desenvolve esta iniciativa porque “estamos convencidos de que non hai outro instrumento tan poderoso para a inclusión como é o acceso a un posto de traballo e a súa permanencia no mesmo”.

 

Neste senso, Mato apuntou que a Consellería só en 2015 incrementou nun 2 por cento o orzamento dos programas de emprego para as persoas con discapacidade ata preto dos 18 millóns de euros. Aproximadamente, a metade está destinado aos centros especiais de emprego e permite subvencionar o posto laboral dos 2.000 traballadores e traballadoras con discapacidade.

 

Por último, Mato referiuse ao orzamento global da discapacidade que se incrementou en 2015 por segundo ano consecutivo, alcanzando en global a cifra de 100 millóns de euros. Isto supón un crecemento de preto do 9 por cento nos dos últimos anos.

 

“Con este acordo, a Xunta volve dar un paso máis no seu obxectivo de acadar unha sociedade inclusiva, xa que o acceso ao emprego é un elemento decisivo para a integración destes colectivos na economía e na sociedade”, rematou Mato.

 

Pladesemapesga pone en conocimiento del Juzgado la “desaparición de la página Web de la Fundación Fremss investigada por la justicia”

Responsables de la Plataforma en Defensa del sector Marítimo Pesquero de Galicia “Pladesemapesga” vienen de poner en conocimiento del Juzgado que lleva las investigaciones judiciales la desaparición de la Página Web Oficial de la Fundación Fremss cuyo Padroado esta Formado por su Presidenta, Sra. Rosa Quintana Carballo, Conselleira de Medio Rural e do Mar, Enrique Losada, Presidente de la Autoridad Portuaria de A Coruña y Carlos Negreira, exalcalde de A Coruña por el Partido Popular.

 

Tras tener conocimiento a primeros de Mayor de las investigaciones judiciales hechas públicas por el Concello de A Coruña al ser requerido por la UDEF para que entregara la documental relativa a las subvenciones entregadas desde el año 2012 y justo el día siguiente a las elecciones del 24M  tal y como se puede ver en la documental adjunta a este comunicado.

 

El responsable de la plataforma, Miguel Delgado afirma que los hechos solo dejan al descubierto de forma clara los verdaderos fines de la Fundación Fremss en su proclamado altruismo y beneficio a favor de terceros, el uso de organismos que se dicen públicos para defender el sector marítimo-pesquero.

 

El Sr Delgado aclara que…. “ La Ley de Fundaciones es clara cuando dice:

 

Ley 50/2002, revisión vigente desde 01 de Enero de 2005, sólo existe un tipo de fundación, que se configura como una entidad que carece de ánimo de lucro;

 

Las fundaciones están obligadas a:

  • b) Dar información suficiente de sus fines y actividades para que sean conocidos por sus eventuales beneficiarios y demás interesados.
  • c) Actuar con criterios de imparcialidad y no discriminación en la determinación de sus beneficiarios.

Por lo que el borrado de la página Web sin comunicación previa nos indica, orienta y acredita sin género de dudas  que tipo de trasfondo hay sobre el altruismo que debería presentar toda fundación pública y el desprecio que presentan hacia los destinatarios y personas interesadas del sector por los responsables de la fundación Fremss para con el sector pesquero de Galicia, a lo que hay que recordar que aunque solo hubiese un solo interesado real del sector pesquero sería motivo suficiente para no mostrar desprecio alguno bajo el borrado de los datos de interés público de la Fundación Fremss declarada de Interés Público y Gallego por los mismos que la conforman..

 

Dice el escrito presentado al Juzgado que el pasado 5 de Mayo del presente año 2015 la página Web y presumiblemente financiada con fondos públicos destinados a la fundación en sí, se encontraba abierta para informar a todo aquel que se interesase por ella y el objeto social por el cual existía la Fundación Fremss.

 

El último día del que se tiene conocimiento de de su actividad es el día 25 de Mayo, justo un día después de las elecciones ya conocidas.

 

Es de extrañar que una página Web de la Fundación Fremss y bajo investigación judicial bajo la imputación del exsecretario de Medio Rural e do Mar, el Sr Alfonso García Magariños cuya investigación le ha costado su cese, y financiada con dinero público se cierre de esta forma en las mismas fechas que se comunican las investigaciones y hay cambio de gobierno en las instituciones, lo que nos obliga a percibir un nexo común y que se podría denominar como una acción “ acción-reacción-acción-“

Mañá na Feira do Libro de Vigo | Amor e misterio na novela debut de Iria Collazo

unnamedAmor e misterio na Feira do Libro

Mañá sábado 4 ás 20h30 Iria Collazo presenta Como unha áncora na Feira do Libro de Vigo (na rúa Progreso, detrás do Marco)

A pontevedresa Iria Collazo López presenta mañá sábado ás 20h30 na Feira do Libro de Vigo a súa espectacular novela debut, Coma unha áncora, unha historia de naufraxios e de amor, dun amor que viaxa máis aló das fronteiras, da lóxica e do que coidamos normal. Estará acompañada polo editor Francisco Castro.

Collazo chega ao universo literario galego cun libro cheo de momentos inesquecibles onde se manifestan o misterio e o inexplicable, mais tamén a vida con toda a súa forza, tanta, que vai por enriba da morte. Quen empece a ler Coma unha áncora xa non vai poder parar.

Agradecémosvos, como sempre, a axuda na difusión do evento.

Tedes ao voso dispor os seguintes recursos dispoñibles para a descarga:
Capa do libro
Imaxe da autora
Ficha editorial do libro

ETHEL VÁZQUEZ DESTACA AS MELLORAS NA FLUIDEZ DO TRÁFICO E NA SEGURIDADE VIARIA PARA VEHÍCULOS E PEÓNS QUE SUPOÑEN AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA PONTE SOBRE O RÍO ALVEDOSA, EN REDONDELA

  • A actuación consistiu na ampliación da estrutura e beirarrúa da estrada no punto quilométrico 0+160 da estrada autonómica, cun investimento de máis de 120.000€
  • A nova beirarrúa disponse na marxe esquerda da calzada, cun pavimento de loseta hidráulica e un ancho mínimo de 1,8 metros
  • Hai que destacar que este tramo de estrada atópase no núcleo urbano de Redondela, polo que a interferencia de vehículos e peóns é constante
  • A conselleira tamén informou de que as obras da depuradora de Redondela, cun investimento aproximado de 170.000 euros, atópanse moi avanzadas e a previsión é que estean completamente finalizadas este mesmo verán
  • Vázquez avanzou que a Consellería de Medio Ambiente vai colaborar co concello de Redondela na execución da senda peonil do río Maceda

Redondela (Pontevedra), 3 de xullo de 2015.- A conselleira de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou hoxe a mellora substancial na fluidez dos tráficos e na seguridade viaria, tanto de vehículos como de persoas, que supoñen as obras executadas polo seu departamento na ponte sobre o Río Alvedosa –ponte Julián-, en Redondela.

A Xunta de Galicia vén de concluír as obras de mellora na estrada PO-250 Redondela-Forzáns, ao seu paso por Redondela, cun investimento de máis de 120.000 euros.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ehel Vázquez, supervisou esta mañá o remate da actuación, xunto co alcalde de Redondela, Javier Bas, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.

En concreto, a actuación consistiu na ampliación da estrutura e beirarrúa da estrada co obxecto de mellorar a seguridade viaria no punto quilométrico 0+160 da estrada autonómica, na ponte sobre o río Alvedosa, co fin de evitar a interferencia entre vehículos e peóns.

Segundo indicou a conselleira, este punto rexistraba dificultades circulatorias, “xa que o estreitamento da vía sobre a ponte impedía, por exemplo, o cruzamento dun camión e dun coche”.

O proxecto, que foi aprobado en outubro de 2012 pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), amplía a estrutura existente para dotar á calzada de dous carrís de 3,5 metros para a circulación de vehículos e unha beirarrúa nunha das marxes que permita aos peóns circular pola zona e cruzar o río con garantías de seguridade. Hai que destacar que este tramo de estrada atópase no núcleo urbano de Redondela, polo que a interferencia de vehículos e peóns é constante.

A ampliación da estrutura completouse cunha pequena ampliación da calzada na zona para acadar unha anchura de carrís axeitada.

A beirarrúa disponse na marxe esquerda da calzada, cun pavimento de loseta hidráulica e un ancho mínimo de 1,8 metros en toda a beirarrúa nova.

Grazas ao desenvolvemento destes traballos veranse beneficiados os 30.015 habitantes do Concello de Redondela.

Nas seguintes imaxes pódense comprobar as melloras realizadas:

clip_image002

  • Estado actualMelloras na depuradora e senda peonil

    Ethel Vázquez explicou que a actuación executada na ponte sobre o río Alvedosa atende unha vella demanda cidadá e supón un avance na aposta do Goberno galego por mellorar as infraestruturas, e con iso a seguridade viaria e a calidade dos servizos que se lle prestan aos cidadáns.

     

    Neste sentido, a conselleira puxo en valor as obras que o seu departamento está levando a cabo para mellorar a estación depuradora de augas residuais deste municipio, co obxectivo de reducir o impacto da instalación, favorecer a súa integración urbana e minorar a súa pegada visual no contorno. A conselleira explicou que estas obras, que suporán un investimento aproximado de 170.000 euros, atópanse moi avanzadas e a previsión é que estean completamente finalizadas este mesmo verán.

     

    Por último, a conselleira avanzou tamén que a Consellería de Medio Ambiente vai colaborar co concello de Redondela na execución da senda peonil do río Maceda