A XUNTA RESERVARÁ ENTRE UN 3 E 5 % DE CONTRATACIÓN PÚBLICA AOS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza co presidente e xunta directiva da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (Cegasal)
  • Na reunión deuse a coñecer este acordo de todo o Goberno galego que será de carácter obrigatorio por Lei e para determinados contratos públicos
  • O cupo de contratación será para aquelas obras e servizos susceptibles de ser realizables por un centro especial de emprego ou empresa de inserción laboral como servizos de xardinería, artes gráficas, restauración ou labores de limpeza
  • Esta medida vai favorecer o mantemento e mesmo ampliación dos preto de 2.000 postos de traballo de persoas con discapacidade ou que pertencen a colectivos en risco de exclusión social
  • Traballo incrementou este ano nun 2 por cento o orzamento destinado a programas de emprego para persoas con discapacidade ata os 18 millóns

 

Santiago, 3 de xullo de 2015.-  A Xunta implementará por primeira vez a reserva con carácter obrigatorio por Lei de entre un 3 e 5 por cento de contratos públicos aos centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral. Este cupo de contratación será para aquelas obras e servizos susceptibles de ser realizables por un centro especial de emprego ou empresa de inserción laboral, tal e como o marco o artigo 26 da Lei de racionalización do sector público autonómico.

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza coa xunta directiva da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (Cegasal) e o seu presidente, José Antonio Vázquez, para comunicarlle este acordo de Goberno. A reserva, polo tanto, será para a contratación, entre outros, de obras e servizos de conservación e mantemento de bens inmobles; servizos de conserxaría, mensaxaría e correspondencia; servizos de xardinería e forestal; artes gráficas; labores de limpeza e lavandería; restauración; e fabricación de roupa de traballo.

 

Mato destacou que esta medida favorecerá o mantemento e mesmo ampliación dos preto de 2.000 postos de traballo de persoas con discapacidade e de persoas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social que traballan nos máis de 120 centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral de Galicia. Así mesmo, favorecerá a competitividade e produtividade deste tipo de empresas.

 

A titular de Benestar resaltou que o Goberno galego desenvolve esta iniciativa porque “estamos convencidos de que non hai outro instrumento tan poderoso para a inclusión como é o acceso a un posto de traballo e a súa permanencia no mesmo”.

 

Neste senso, Mato apuntou que a Consellería só en 2015 incrementou nun 2 por cento o orzamento dos programas de emprego para as persoas con discapacidade ata preto dos 18 millóns de euros. Aproximadamente, a metade está destinado aos centros especiais de emprego e permite subvencionar o posto laboral dos 2.000 traballadores e traballadoras con discapacidade.

 

Por último, Mato referiuse ao orzamento global da discapacidade que se incrementou en 2015 por segundo ano consecutivo, alcanzando en global a cifra de 100 millóns de euros. Isto supón un crecemento de preto do 9 por cento nos dos últimos anos.

 

“Con este acordo, a Xunta volve dar un paso máis no seu obxectivo de acadar unha sociedade inclusiva, xa que o acceso ao emprego é un elemento decisivo para a integración destes colectivos na economía e na sociedade”, rematou Mato.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: