Archive | julio 5, 2015

OS NOVOS SERVIZOS DE AUTOBÚS INTERURBANO AO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO COMEZAN A FUNCIONAR MAÑÁ, GARANTINDO O TRANSPORTE PÚBLICO DENDE OS CONCELLOS DA ÁREA SANITARIA DE VIGO

  • Esta ampliación de servizos permitirá os desprazamentos ao complexo hospitalario dende os concellos de Arbo, Crecente, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves, Salvaterra de Miño, Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño ou Gondomar
  • O Executivo autonómico autorizou a varias empresas para prestar novos servizos que amplíen a actual oferta
  • As empresas que prestarán estas concesións ofrecerán dunha a tres frecuencias diarias para comunicar os citados concellos co novo hospital
  • A Xunta pretende fomentar a utilización do transporte público, así como mellorar a mobilidade dos cidadáns, facilitando neste caso a conexión dos citados municipios da área sanitaria de Vigo co complexo hospitalario

Santiago, 5 de xullo de 2015.- Os novos servizos de autobús interurbano ao hospital Álvaro Cunqueiro comezan a funcionar dende mañá, garantindo o transporte público dende os concellos da área sanitaria de Vigo.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, autorizou a varias empresas de transporte para prestar novos servizos que amplíen a actual oferta.

Esta ampliación de servizos de autobús garantirá os desprazamentos ao complexo hospitalario dende os concellos de Arbo, Crecente, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves, Salvaterra de Miño, Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño ou Gondomar.

As empresas de transportes que prestarán estas concesións, ATSA, Ojea, Autoindustrial e Melytour, ofrecerán dunha a tres frecuencias diarias para comunicar os citados concellos co novo hospital.

A Xunta de Galicia, mediante este tipo de accións, pretende fomentar a utilización do transporte público, así como mellorar a mobilidade dos cidadáns, facilitando neste caso a conexión dos citados municipios da área sanitaria de Vigo co complexo hospitalario.

No seguinte cadro indícanse as empresas que prestan os novos servizos, os concellos beneficiados e as frecuencias diarias ao hospital.

 

CONCESIÓN
CONCELLOS ÁREA SANITARIA DE VIGO
FRECUENCIAS DIARIAS
ATSA (Automóviles de Tui)
Tui, A Guarda, O  Porriño, Mos
2
Ojea
Arbo, Crecente, As Neves, Salvaterra de Miño, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos
3
Autoindustrial
A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos
1
Melytour
O Rosal, Tui, Tomiño, Gondomar
13 frecs. Todas as expedicións que van a Vigo excepto a que se desvía por Mosende.
-Fornelos-Tomiño-Gondomar-Hospital-Vigo : 1 ida e volta
-Gondomar-Hospital-Vigo E.A.: 6 idas e voltas
-Tomiño-Hospital-Vigo E.A.: 2 idas e 3 voltas
-Ponte Internacional-Tui-Hospital-Vigo E.A.: 1 ida e volta
-Couso-Gondomar–Hospital-Vigo E.A.: 3 idas e 4 voltas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Compostela dos 80 visita Vigo Mañá luns 6 ás 20h30 Antonio Piñeiro presenta A identidade fascinada na Feira do Libro de Vigo (na rúa Progreso)

unnamededitorialgalxiaAntonio Piñeiro presenta mañá luns ás 20h30 na Feira do Libro de Vigo A identidade fascinada, unha novela híbrida, un ensaio novelado ou crónica ensaística dunha época irrepetible, que é tamén memoria dos lugares, das persoas, personaxes e significados dun tempo incomparable: o da Compostela universitaria e sublime da década de 1980. Estará acompañado polo editor Carlos Lema.

Santiago foi afectada, dende 1982 ata 1990, polos maiores incrementos demográficos da súa historia. Duplicábase a poboación durante o período lectivo universitario, mesturándose cunha combinación de traballadores, funcionarios autonómicos, persoal dunha ampla gama de servizos e das ramificacións político-administrativas. Durante eses anos, Santiago recibiu a enxurrada xeracional do baby boom. A poboación universitaria duplicouse tamén. De trinta mil a sesenta mil mozos. “Sesenta mil receptáculos, pisos, establecementos, transportes, servizos, comedores, cuartos; as vellas fondas víronse rebordadas. O paisano con paraugas encontrouse, de súpeto, enmarasmado na súa beirarrúa de sempre, estraño na cidade de sempre”, polo que resulta fácil comprender o impacto, a transformación que semellantes cifras, por si soas, supuxeron para a cidade, para o campus, para a propia comunidade universitaria e mesmo para toda Galicia.

Antonio Piñeiro achéganos a aquel tempo, aos cambios acontecidos na cidade e ao que acabaría por confirmar o paso definitivo da transición política á democracia, simbolizado no atentado contra a discoteca Clangor. Con ese feito remata un libro no que relato, historia persoal e colectiva, ensaio e memoria dun tempo se combinan mediante un estilo literario vívido e eficaz, co que o autor actualiza os feitos e os ámbitos dunha década prodixiosa.