OS NOVOS SERVIZOS DE AUTOBÚS INTERURBANO AO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO COMEZAN A FUNCIONAR MAÑÁ, GARANTINDO O TRANSPORTE PÚBLICO DENDE OS CONCELLOS DA ÁREA SANITARIA DE VIGO

  • Esta ampliación de servizos permitirá os desprazamentos ao complexo hospitalario dende os concellos de Arbo, Crecente, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves, Salvaterra de Miño, Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño ou Gondomar
  • O Executivo autonómico autorizou a varias empresas para prestar novos servizos que amplíen a actual oferta
  • As empresas que prestarán estas concesións ofrecerán dunha a tres frecuencias diarias para comunicar os citados concellos co novo hospital
  • A Xunta pretende fomentar a utilización do transporte público, así como mellorar a mobilidade dos cidadáns, facilitando neste caso a conexión dos citados municipios da área sanitaria de Vigo co complexo hospitalario

Santiago, 5 de xullo de 2015.- Os novos servizos de autobús interurbano ao hospital Álvaro Cunqueiro comezan a funcionar dende mañá, garantindo o transporte público dende os concellos da área sanitaria de Vigo.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, autorizou a varias empresas de transporte para prestar novos servizos que amplíen a actual oferta.

Esta ampliación de servizos de autobús garantirá os desprazamentos ao complexo hospitalario dende os concellos de Arbo, Crecente, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves, Salvaterra de Miño, Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño ou Gondomar.

As empresas de transportes que prestarán estas concesións, ATSA, Ojea, Autoindustrial e Melytour, ofrecerán dunha a tres frecuencias diarias para comunicar os citados concellos co novo hospital.

A Xunta de Galicia, mediante este tipo de accións, pretende fomentar a utilización do transporte público, así como mellorar a mobilidade dos cidadáns, facilitando neste caso a conexión dos citados municipios da área sanitaria de Vigo co complexo hospitalario.

No seguinte cadro indícanse as empresas que prestan os novos servizos, os concellos beneficiados e as frecuencias diarias ao hospital.

 

CONCESIÓN
CONCELLOS ÁREA SANITARIA DE VIGO
FRECUENCIAS DIARIAS
ATSA (Automóviles de Tui)
Tui, A Guarda, O  Porriño, Mos
2
Ojea
Arbo, Crecente, As Neves, Salvaterra de Miño, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos
3
Autoindustrial
A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos
1
Melytour
O Rosal, Tui, Tomiño, Gondomar
13 frecs. Todas as expedicións que van a Vigo excepto a que se desvía por Mosende.
-Fornelos-Tomiño-Gondomar-Hospital-Vigo : 1 ida e volta
-Gondomar-Hospital-Vigo E.A.: 6 idas e voltas
-Tomiño-Hospital-Vigo E.A.: 2 idas e 3 voltas
-Ponte Internacional-Tui-Hospital-Vigo E.A.: 1 ida e volta
-Couso-Gondomar–Hospital-Vigo E.A.: 3 idas e 4 voltas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: