CIG-Saúde demanda do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia un plan de transporte público que sexa unha alternativa real ao uso do vehículo particular para acudir ao Novo Hospital de Vigo.

Dende a CIG-SAÚDE asistimos con preocupación as noticias aparecidas este días na prensa onde se confirma que tanto o Concello de Vigo como a Xunta fan caso omiso das nosas demandas e seguen sen apostar polo transporte público, e sen ofrecer polo tanto alternativa real ao aparcadoiro privado do NHV e ao transporte privado.

Seguimos a esixir a posta en marcha dunha rede de transporte que atenda ás necesidades tanto dos pacientes como das traballadoras e traballadores, polo que as frecuencias deben ser inferiores aos 30 min. e os puntos de saída destas non pode ser só a praza de América, se non que deben incrementarse a máis puntos da cidade e coordinarse cos demais transportes públicos interurbanos. Así mesmo non dan resposta aos horarios do persoal sendo insuficiente a primeira saída ás 7:20 e rematando estes ás 16:00, e non ofrecendo servizo durante a fin de semana. Non aceptamos esta proposta nin sendo algo temporal ata mediados de agosto, xa hai persoal incorporado ao NHV e ninguén nos asegura que as condicións van ser mellores a partires desta data. No mesmo sentido vai o transporte dependente da Xunta, a cal segue sen dar noticias do seu plan, e as dúas administración seguen sen querer coordinarse en este tema, clara mostra do seu nulo interese en mudar o sistema de transporte público desta comarca.

 

Vigo, 5 de xullo de 2015

Manuel González Moreira

Secretario

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: