Mañá na Feira do Libro de Vigo | Homenaxe a María do Carme Kruckenberg e moito máis

unnamedHomenaxe á poeta Kruckenberg

Mañá martes 7 ás 20h30, na Feira do Libro, homenaxe dos e das poetas de Vigo á recentemente finada María do Carme Kruckenberg

A Feira do Libro de Vigo acollerá mañá, a partir das 20h30, unha emotiva homenaxe á poeta viguesa María do Carme Kruckenberg, recentemente falecida. Antón Reixa, Marilar Aleixandre, Xosé María Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta, Francisco Álvarez Koki, Lucía Novas, Eladio Medel, Neves Soutelo, Jose Manuel Ledo Santiso, Anxeles Pena, Xosé Henrique Rivadulla Corcón, Silvia Bardelás, Francisco Castro… e ata 15 poetas da cidade olívica, coordinados pola biógrafa de Kruckenbert, Mercedes Queixas Zas, recitarán algún texto da autora. O grupo Xardín Desordenado pechará o acto interpretando un tema composto a partir dun dos seus poemas.

Este non será o único acto organizado pola Editorial Galaxia mañá martes na Feira do Libro de Vigo. Ás 19h Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez-Monxardin presentarán Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976), acompañados por Víctor F. Freixanes. E, rematada esa presentación, ás 19h45, Dolores Vilavedra, Carlos Fernández e Damián Villalaín presentarán o GRIAL 2015, adicado á relación de Albert Camus con Galicia, tamén coa participación de Víctor F. Freixanes.

Agradecémosvos, como sempre, a axuda na difusión destes eventos.

Tedes ao voso dispor os seguintes recursos dispoñibles para a descarga:

Vivir, unha aventura irrepetíbel (Biografía de María do Carme Kruckenberg): Capa eFicha editorial | Foto Kruckenberg | Foto Mercedes Queixas | Foto Kruckenberg e Queixas.

GRIAL 205, adicado a Albert Camus e Galicia: Capa | A Galicia de Camus, de María Lopo |Cartas de Castelao a Otero Pedrayo, de Henrique Monteagudo | O vello profesor, de Víctor F. Freixanes | Sumario

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: