Partido Popular noticias

PEDRO PUY AVANZA QUE O PLENO EXTRAORDINARIO PARA APROBAR O TEITO DE GASTO INCLUIRÁ UN IMPORTANTE PAQUETE DE TEXTOS LEXISLATIVOS

 Respecto da designación de Besteiro como senador, avanzou que o PPdeG “vai respectar a proposta do PSOE, no momento que se poda chegar a acordos para a renovación dos órganos institucionais”

  • o Grupo Popular “é especialmente respectuoso, con independencia de a quen afecte unha imputación, coa presunción de inocencia e co cumprimento da normativa”, dixo.
Os populares designan aos seus deputados provinciais por Vigo
• Elena Muñoz Fonteriz, José Manuel Figueroa e Jesús Vázquez Almuíña, deputados provinciais polo partido xudicial de Vigo.
• O alcalde de Redondela, Javier Bas, ocupará o escano de deputado provincial durante os dous últimos anos de mandato en substitución de Jesús Vázquez Almuíña.
Pontevedra, 06 de xullo de 2015.- Os deputados provinciais do PP polo partido xudicial de Vigo serán: Elena Muñoz Fonteriz, número un do PP de Vigo, José Manuel Figueroa Vila, número tres do PP de Vigo e Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona, que ocupará o escano na cámara provincial durante os dous primeiros anos do novo mandato e transcorrido este tempo está previsto que ceda o seu posto ao alcalde de Redondela, Javier Bas. Así o decidiron esta mañá os representantes locais dos 6 concellos que compoñen este partido xudicial, -Pazos de Borbén, Redondela, Vigo, Gondomar, Baiona e Nigrán-.
A decisión tomouse nunha xuntanza na que se buscou o consenso de todos os representantes locais e na que participou o presidente provincial do partido, Rafael Louzán.
Os novos deputados provinciais serán designados oficialmente mañá, día 7 ás 10.30 horas, na xunta electoral de zona.
Os suplentes serán: Javier Bas, alcalde de Redondela, que ocupará o escano de deputado os dous últimos anos de mandato en substitución de Jesús Vázquez Almuíña,  Severino Reguera, número dous do PP de Pazos de Borbén e o número un do PP de Nigrán, Alberto Valverde.

PUY NEGA QUE EXISTA CACIQUISMO NAS DEPUTACIÓNS GOBERNADAS POLO PP E AFIRMA QUE EN A CORUÑA O 89% DOS ACORDOS FORON POR UNANIMIDADE

 O portavoz do Grupo Popular convidou a PSOE e BNG, se ao final chegan a un acordo para gobernar esta Diputación, a que cando rematen o mandato poidan render un balance de acordos semellante

  • Respecto da proposta nacionalista de traspasar competencias das deputacións á Xunta, dixo que “haberá que ver se iso é viable, porque o normal é que haxa un acordo entre administracións”
  • Pedro Puy afirmou que “se hai algo no que non hai nada parecido a un mercado libre é o sector lácteo”

 

Santiago, 6 de xullo de 2015.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, rexeitou hoxe as acusacións de caciquismo realizadas cara aos gobernos do PP nas deputacións provinciais e, referíndose ao suposto acordo de PSOE e BNG para gobernar a Deputación de A Coruña, puxo como exemplo que nesta institución se aprobaron no último mandato 1.637 asuntos, dos que o 89 por cento saíron adiante co apoio unánime de PP, PSOE e BNG.

 

“Convido aos que din que hai caciquismo nas deputacións gobernadas polo Partido Popular a que cando rematen o seu mandato, se é que ao final chegan a un acordo para gobernar a Deputación de A Coruña, poidan render un balance de acordos como o que presenta o PP a pesar de contar con maioría absoluta dos membros nesta deputación”, indicou Pedro Puy.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: