Archive | julio 9, 2015

Christian Rodríguez, Premio PHotoEspaña OjodePez de Valores Humanos 2015

unnamedCHRISTIAN RODRÍGUEZ, PREMIO PHOTOESPAÑA OJODEPEZ DE VALORES HUMANOS 2015 POR LA SERIE ‘UNA FLOR MIXE’

El proyecto del fotógrafo uruguayo ha sido realizado en la comunidad Mixe de Maluco en Oaxaca, México

El jurado que otorga el premio ha valorado la poderosa forma con la que Rodríguez documenta el embarazo adolescente y el abuso sexual doméstico en América Latina de forma delicada, poética y respetuosa

El premio está dotado con 2.000 euros, la exposición del trabajo y su publicación en el número de otoño de OjodePez

El jurado del premio ha estado formado por Thomas Licek, Marion Hislen, Agnieszka Dwernicka y Arianna Rinaldo

Más información: www.phe.es

A XUNTA REFORZA AS AXUDAS XERAIS DO ESTADO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE NA EMPRESA ORDINARIA

  • A directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, participou hoxe no evento ‘Capacitados’ da Fundación Once
  • Esta orde de axudas será publicada no Diario Oficial de Galicia este mes
  • O importe previsto na normativa estatal de 3.907 euros pode verse incrementado ata os 9.160 euros en Galicia
  • Tamén na mesma orde de axudas se convocará o programa de emprego con apoio para as persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción laboral
  • Proximamente se publicarán tamén os programas de axudas para os centros especiais de emprego
  • Bouso lembrou que a Xunta implementou por primeira vez a reserva con carácter obrigatorio por Lei de entre un 3 e 5 por cento de contratos públicos aos centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral

 

A Coruña, 9 de xullo de 2015.-  A Consellería de Traballo e Benestar publicará este mesmo mes no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde que regula o emprego das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, así como o programa de apoio para as persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción laboral.

 

Na primeira orde de axudas, a Xunta mellora en Galicia as subvencións establecidas con carácter xeral polo Estado seguindo a súa liña de fomentar o emprego para as persoas con discapacidade. Así, o importe previsto na normativa estatal de 3.907 euros pode verse incrementado ata os 9.160 euros. Así o anunciou hoxe a directora xeral de Traballo e Economía Social, Carmen Bouso, no evento ‘Capacitados’ que a Fundación Once organizou na Coruña.

 

Con respecto ao programa de emprego con apoio, Bouso explicou que con estas subvencións as persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción laboral, así como as que contan cunha discapacidade psíquica ou doutro tipo nun grao igual o superior ao 65 por cento reciben apoio de preparadores laborais no propio posto de traballo.

 

Así mesmo, a directora xeral destacou que proximamente publicarase a orde pola que se subvenciona o emprego das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego. Na actualidade, a través desta liña de actuación a Xunta financia 2.000 postos de traballo en 119 centros especiais de emprego en Galicia. Estes centros teñen que ter un cadro de persoal formado como mínimo nun 70 por cento por persoas con discapacidade.

 

Por último, Bouso lembrou que a Xunta implementou por primeira vez a reserva con carácter obrigatorio por Lei de entre un 3 e 5 por cento de contratos públicos aos centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral. Esta cota de reserva de contratación será para aquelas obras e servizos susceptibles de ser realizables por un centro especial de emprego ou empresa de inserción laboral, tal e como o marca o artigo 26 da Lei de racionalización do sector público autonómico.

 

A directora xeral destacou a importancia destes centros que están promovidos por entidades de apoio a persoas con discapacidade como é o caso da ONCE, que a través do Grupo Ilunión, da emprego en Galicia a 293 persoas con discapacidade nos 9 centros deste tipo cos que conta na Comunidade.

 

Por último, Bouso sinalou a importancia de seguir a fomentar o emprego entre este colectivo, xa que afirmou que “o mellor medio de integración é o acceso a un posto de traballo”. Neste senso, afirmou que a Consellería só en 2015 incrementou nun 2 por cento o orzamento dos programas de emprego para as persoas con discapacidade ata preto dos 18 millóns de euros. Aproximadamente, a metade está destinado aos centros especiais de emprego e permite subvencionar o posto laboral dos 2.000 traballadores e traballadoras con discapacidade.

 

ABANCA e AECA crean unha cátedra de economía, finanzas e administración de empresas

O obxectivo da cátedra é trasladar as súas conclusións ás empresas galegas e a sociedade en xeral20150809_fotocatedra

09.07.2015. ABANCA e a Asociación Española de Contabilidade e Administración de Empresas (AECA) crearon a ‘Cátedra AECA-ABANCA sobre Economía, Finanzas e Administración de Empresas’. O propósito desta iniciativa é potenciar o desenvolvemento científico das devanditas materias e fomentar os contactos e intercambios de coñecemento entre expertos do ámbito académico e profesional-empresarial tanto a nivel nacional como internacional. A firma da colaboración realizouse esta mañá entre o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Angel Escotet, e o presidente de AECA,  Leandro Cañibano.

 

A cátedra AECA-ABANCA desenvolverá a súa actividade fundamentalmente en Galicia, aínda que tamén estará presente noutras comunidades autónomas. A iniciativa nace con vocación de contribuír ao desenvolvemento económico, e para iso fixouse como obxectivo pór as súas conclusións a disposición das empresas galegas e a sociedade en xeral. “Esta cátedra encaixa á perfección coa nosa estratexia de empresa comprometida co entorno no que operamos e co convencemento da necesidade de estreitar os lazos entre a educación superior de calidade e a empresa”, sinalou Miguel Angel Escotet.

 

Comedia, drama e suspense para todos os públicos na tempada de teatro de Afundación en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) porá á venda, a partir do próximo luns 13 de xullo, e ata o próximo 15 de setembro os abonos para a nova tempada de teatro en Vigo. As entradas soltas para as dúas primeiras obras, El eunuco e As do peixe, poderanse adquirir a partir do 20 de xullo, mentres que as entradas específicas para o resto das obras poranse á venda a partir do 17 de setembro. Todas as compras poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación en ataquilla.com e no teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 %. Todas as funcións terán lugar no Teatro Afundación de Vigo,  na rúa Policarpo Sanz, 13.

 

Tarde de historias e emocións Mañá venres 10, na Feira do Libro de Vigo, presentación de Pequenas historias para falar de emocións e de As últimas galerías de Cáccamo

editorialgalxiaO poeta Xosé María Álvarez Cáccamo presenta mañá venres ás 20h30, na Feira do Libro de Vigo, a súa primeira novela, As últimas galerías, acompañado da escritora Xina Vega e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950) é unha das figuras centrais da xeración lírica da década de 1980 e, despois de variadas incursións na literatura infantil e de publicar dous libros memorialísticos, adéntrase no mundo da ficción para adultos cunha novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasado que, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisan volver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na que aparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia.

Algunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse neste relato de ausencias recuperadas e presenzas que senas galerías últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuición para os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadea argumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non logra reter.

O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións, pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Álvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. O paradoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que “só hai liberdade nunha situación e só hai situación pola liberdade”; a situación caracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Ao depender da liberdade, a inserción do significado na existencia fai que esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a liberdade quere
fixar unha relación co mundo que ha de ser necesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para producir o mundo. En As últimas galerías, esa acción libre sobre o porvir reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se lles quere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre “conducir a […] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo”.

As últimas galerías: Capa | Foto de Xosé María Álvarez Cáccamo | Ficha editorial

Tamén na Feira do Libro de Vigo, mañá venres, ás 19h45, a docente Julia Fernández Rodríguez presenta as súasPequenas historias para falar de emocións e sentimentos acompañada polas profesoras de música Victoria Pérez e Rosa Gayoso, o músico Moisés Quintas e polo editor Francisco Castro. Julia Fernández Rodríguez é profesora e exerceu nos últimos dez anos o seu labor dentro da Pedagoxía Hospitalaria. Sempre manifestou unha especial sensibilidade na Educación en Valores e na Educación Emocional: educación para aprender a ter o maior benestar posible a pesar das circunstancias difíciles polas que poidamos pasar, aprendendo a controlar a ira, a tristeza sen motivo, a ansiedade e o medo. Un dos seus proxectos sobre a arte e as emocións foi premio CREARTE do Ministerio de Cultura do Estado Español. O seu Pequenas historias para falar de emocións e sentimentos pertence á ofrece unha serie de recursos para falar (en principio, coa xente miúda) das emocións e das conductas que desencadean. A autora utiliza “pequenas historias” de nenos e nenas que coñeceu durante o tempo de traballo nos hospitais para ilustrar cada emoción e as respostas (positivas e negativas) que provoca, ofrecendo as ferramentas necesarias para abordar o complexo mundo das emocións e dos sentimentos e saber como tratar con elas, saber como entendelas, xestionalas e, no fondo, vivir mellor.

Este venres 10 de xullo, homenaxe a Chavela Vargas en Detrás Do Marco

Este venres 10 de xullo (a partir das 22:30 horas) María Pascuala e compañía ofrecerán en Detrás do Marco un concerto de homenaxe a Chavela Vargas.

Será unha oportunidade única para gozar dunha emotiva interpretación dos temas da cantante costarriqueña, sempre viva no recordo.

Día: 10 de xullo

Hora: 22:30 horas

Lugar: Detrás do Marco (s/n)