A XUNTA INICIA O PROCESO DE PARTICIPACIÓN DA SOCIEDADE GALEGA NA ELABORACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO 2015-2020

  • Calquera persoa ou entidade poderá enviar as súas achegas e suxestións a través dunha páxina web específica, que xa está operativa
  • Comeza tamén o envío da documentación base ás 500 principais entidades galegas

 

Santiago, 10 de xullo de 2015.- A Consellería de Facenda dá inicio ao proceso de participación da sociedade civil na elaboración do Plan Estratéxico 2015-2020, co obxectivo de coñecer as prioridades dos sectores participantes e obter así un documento final máis enriquecido polas achegas dos axentes sociais.

 

Xa está operativa a páxina web do Plan Estratéxico 2015-2020 (www.planestratexico.gal), a través da cal todos os axentes sociais poderán coñecer o proceso de elaboración do plan e a documentación base sobre o mesmo. Deste xeito, calquera persoa ou entidade poderá enviar á Xunta as súas achegas e suxestións.

 

Ademais, deuse inicio ao envío da documentación base ás 500 principais entidades da Comunidade galega. Hai que ter en conta que a participación da sociedade civil canalizarase tamén a través de foros de debate temáticos e mesas especializadas, que se irán desenvolvendo nas vindeiras semanas.

 

O Plan Estratéxico 2015-2020 deséñase non como un plan da Administración, senón como un proxecto conxunto da sociedade civil, co obxectivo primordial de que Galicia sexa un territorio con máis emprego, máis competitividade e máis benestar. Para iso, a súa elaboración parte dun modelo evolucionado da tripla hélice (Administración, Universidade e Empresa), ao que se lle engade a sociedade civil.

 

Ademais, no proceso de elaboración do Plan contarase cun comité asesor que se encargará de estudar e formular as recomendacións sobre as necesidades e capacidades da Galicia da segunda década do século XXI, en permanente conexión coa cidadanía a través das entidades e colectivos que representan os seus membros.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: