Concello de Vigo

 


O Centro de Interpretación de Mirambel recreará este verán a vida cotiá dos romanos

Nos meses de xullo ou agosto o Centro de Interpretación de Mirambel recreará escenas cotiás do mundo romano, ampliando o programa desenvolvido o pasado ano neste mesmo espazo. Nesta ocasión, as representacións serán todos os xoves de xullo e os días 7, 20 e 27 de agosto, entre as 19,00 e as 21,00 horas.

 

O Concello cederá a Xunta en setembro preto de 5.000 m2 para a construción da Cidade da Xustiza

O alcalde avanzou que o Concello cederá en setembro preto de 5.000 m2 á Xunta de Galicia para construir a Cidade da Xustiza. Cun custo para as arcas municipais de case 4 millóns de euros -dos que 2,6 foron investidos en expropiacións-, Caballero lembrou o compromiso de Feijóo de licitar o proxecto este mesmo ano.

 

O alcalde viaxará a Madrid o 22 de xullo para manter un encontro coa ministra de Fomento

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá os temas que lle vai plantexar á responsable de Fomento, Ana Pastor, no encontro que van manter no Ministerio o mércores 22 de xullo. O AVE, a estación ou a avenida de Madrid serán algúns dos asuntos que abordarán neste encontro.

 

O goberno de Vigo amplía en 100.000 euros a partida para axudas de emerxencia

Así o comunicou este venres Abel Caballero, despois da Xunta de Goberno Local que acordou elevar en 100.000 euros os case 500.000 euros destinados a axudas de emerxencia, fundamentalmente para pagos de vivenda, suministros e alimentación. O Concello tamén aprobou hoxe o proxecto de humanización de Marqués de Valterra e deu luz verde á licitación da xestión de tres escolas infantís municipais.

 


O Concello coopera co centenario do Sporting Club Comesaña con 8.000 euros

O alcalde asinou esta mañá un convenio cos reponsables do Sporting Club Comesaña de Atletismo, que este ano celebra o seu centenario. O Concello aportará 8.000 euros para colaborar coas actividades que a entidade vai desenvolver con motivo da efeméride.

 


Caballero repasou co Colexio de Avogados a situación das dotacións xudiciais da cidade

O alcalde de Vigo trasladou esta mañá a súa confianza en que a “relación coa nova directiva do Colexio de Avogados sexa tan boa como fo coa anterior”. Así o dixo en rolda de prensa logo de manter un encontro na Alcaldía no que repasaron a situación do plan para a Cidade da Xustiza e se congratularon de manter o partido xudicial, sendo quen de cambiar “un proxecto de lei dun goberno que ten maioría absoluta”, subliñou o rexedor.

 


O Concello cooperará co Rotary Club no seu programa de intercambio internacional

Tras a reunión celebrada este venres, o alcalde explicou que o goberno local colaborará nos proxectos de intercambio de mozos e mozas que realizan as distintas sedes europeas do Rotary Club, de tal forma que tamén a xente de Vigo poida viaxar fora e aprender o idioma, indicou Caballero.

 

Normalización lingüística “No verán… un conto”

 

Subvencións da Concellería de Igualdade

A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 26 de xuño de 2015, aprobou, entre outros asuntos “As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións da Concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción das mulleres, no ano 2015”.

 

Medidas de tráfico por obras

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: