Archive | julio 14, 2015

APROBADO O INFORME SOCIAL DE INCLUSIÓN PARA A HOMOXENEIZACIÓN DOS CRITERIOS E AXILIZACIÓN DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde polo que se aproba o modelo de ISI que entrará mañá en vigor
  • A iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar mellorará a coordinación entre os profesionais e as institucións que participan na prevención e na atención das persoas en risco de exclusión
  • Facilitará o traballo profesional para a recompilación e a organización da información e para a xestión dos diferentes servizos e prestacións
  • A elaboración desta nova ferramenta contou coa participación do Colexio de Traballadores Sociais e dun grupo de expertos constituído polos principais axentes implicados nas intervencións da área de inclusión social

 

Santiago, 14 de xullo de 2015.- A Xunta vén de aprobar o Informe Social de Inclusión (ISI) para a mellora da coordinación entre os profesionais e as institucións que participan na prevención e na atención das persoas en risco ou situación de exclusión, así como nos diferentes procesos administrativos para o acceso ás diversas prestacións e servizos na área da inclusión social.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Traballo e Benestar pola que se aproba este modelo que entrará mañá en vigor. Esta actuación facilitará o traballo profesional cun triplo obxectivo: homoxeneizar os criterios para a recompilación e a organización da información que se reflicte no informe social; recoller a información necesaria para a xestión dos diferentes servizos e prestacións, servindo á vez de base para a comunicación e a coordinación interprofesional e interinstitucional; e, por último, garantir que cada profesional se basee nos mesmos indicadores que se teñen que ter en conta nas diferentes intervencións.

 

O que se pretende con esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar é facilitar un instrumento normalizado que recolla a información básica, pero suficientemente ampla para lograr unha perspectiva global da situación das persoas e mais da súa unidade familiar e do seu contorno, así como das súas necesidades.

 

En definitiva, esta actuación pretende unificar e homoxeneizar os criterios sociais precisos para realizar as valoracións sociais preceptivas e simplificar trámites e xestións administrativas, ao reducir a un só os distintos modelos de informe social con contidos semellantes que se viñan utilizando no eido da inclusión social.

 

Na elaboración deste modelo contouse co Colexio de Traballadores Sociais e cun grupo de traballo constituído polos principais axentes implicados nas intervencións da área de inclusión social, o que posibilitou incorporar a experiencia do persoal técnico que traballa no ámbito dos servizos sociais, en xeral, e da inclusión social, en particular. Esta actuación dá continuidade a posta en marcha o ano pasado dun modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal

Naturnova ofrece a súa proposta de obradoiros de verán ata finais do mes de xullo

Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, situado na rúa Velázquez Moreno, 20, celebra unha serie de obradoiros estivais para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos todos os martes, mércores e xoves deste mes de xullo entre as 11.00 e as 13.30 h. Todas aquelas persoas que desexen asistir poderán reservar a súa praza no teléfono do centro 986 120 088 ou a través do correo electrónico naturnova@afundacion.org.

O IGVS ADXUDICA MEDIANTE SORTEO PÚBLICO 8 NOVAS VIVENDAS DE PROTECCIÓN REHABILITADAS POLO CONSORCIO CASCO VELLO

  • Pertencen ás promocións de Ferrería 3-5-7 e San Sebastián 24-26 e contan con 1 e 3 dormitorios e unhas superficies útiles que oscilan entre 53,84 m2 e 97,59 m2.
  • Os prezos oscilan entre os 80.000 euros e os 126.000 euros (sen IVE)
  • Os adxudicatarios recibirán unha notificación por parte do CCVV e serán citados a unha reunión para levar a cabo a asignación da vivenda concreta que lles tocou.
  • Terán un prazo de 45 días para formalizar as hipotecas e rematar todo o procedemento coa entrega de chaves.
  • O sorteo celebrouse hoxe ante notario no salón de actos da Delegación da Xunta en Vigo, ao que asistiron algunhas das persoas que participaban no mesmo.

 

Vigo, 14 de xullo de 2015.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, presidiu esta mañá un novo sorteo público ante notario doutras 8 vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo nas rúas San Sebastián 24-26 e Ferrería 3-5-7.

 

Responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) iniciaron o sorteo sobre as 10:30 horas da mañá ante a presenza dalgunhas das persoas que estaban inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia e pediron participar nestes procedementos e que, finalmente, resultaron adxudicatarios. Así, foron adxudicadas 8 novas vivendas de protección autonómica ademais de coñecerse o listado de reserva dos posibles beneficiarios no caso de que os primeiros non formalicen en tempo as correspondentes hipotecas.

 

As 8 vivendas sorteadas esta mañá pertencen ás promocións ubicadas en San Sebastián 24-26 e Ferrería 3-5-7. Contan tamén con 4 locais comerciais nos seus baixos con superficies útiles entre 17,87 metros cadrados e 61,96 m2.

 

Teñen 1 e 3 dormitorios e unhas superficies útiles que oscilan entre 53,84 metros cadrados e 97,59 m2. Os prezos destas novas vivendas van desde 80.388,00 euros (sen IVE), a máis barata, mentres que a máis cara é de 126.701,00 euros (sen IVE)

 

Emprazamento Características das vivendas Prezo de venda
San Sebastián 24-26 Planta baixa 61,96 m2 89.842 €
San Sebastián 24-26 1ª e 2ª planta 72,65 m2 105.342,50 €
San Sebastián 24-26 1ª planta 57,86 m2 83.897 €
San Sebastián 24-26 2ª planta 60,41 m2 87.594,50 €
Ferrería 3-5-7 1ºA 55,88 m2 81.026 €
Ferrería 3-5-7 1º B 57,34 m2 83.143 €
Ferrería 3-5-7 2º A 55,44 m2 80.388 €
Ferrería 3-5-7 2º B 87,38 m2 126.701 €

 

 

A partires de hoxe, os 10 beneficiarios recibirán por parte do CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- a comunicación formal coma adxudicatarios. Posteriormente, serán citados a unha reunión para levar a cabo a asignación da vivenda concreta que lles tocou. Os beneficiarios terán 45 días para formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves dos seus pisos.

 

Balance actual de actividade

A día de hoxe, o IGVS sorteou xa 74 VPA que formaron parte dun total de 5 fases con distintas promocións de inmobles. Dos 10 últimos pisos de protección adxudicados o pasado mes de marzo e relativos á promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7, xa foron entregadas 7 vivendas.

 

Con estas últimas entregas de chaves levadas a cabo nas últimas semanas, xa son 69 as familias que residen na zona desde que o CCVV comezou a súa oferta de pisos rehabilitados, no ano 2011. Ademais dos sorteos, o CCVV aínda ten dispoñibles outros 4 pisos que se poden adxudicar de forma directa. Os interesados teñen que estar inscritos previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

 

Na actualidade, o CCVV adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 43 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 99 vivendas -82 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos- e 27 locais comerciais -17 xa teñen actividade empresarial,  3 están en proceso de adxudicación mediante concurso público e outros 4 están xa rematados, 1 máis está pendente do uso e os outros 2 son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos.

 

Así mesmo, 10 inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos 3 edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os 4 inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), desde onde xa operan.

 

Por último, xa foron licitadas as obras de rehabilitación doutros 4 edificios emprazados na rúa Ferrería, concretamente, nos números 10-12 e 45-47 dos que, logo da intervención prevista, se porán no mercado outras 6 VPA e 2 locais comerciais.

 

 

ABANCA reabre a súa oficina de representación en Frankfurt

O banco conta con case 3.000 clientes en Alemaña

›        A apertura reforza a estratexia de internacionalización da entidad

14.07.2015. ABANCA conta desde hoxe cunha oficina de representación en Frankfurt para dar servizo aos seus clientes en Alemaña. A presenza da entidade financeira galega neste país responde ao crecemento das oportunidades de negocio en Alemaña, onde ABANCA pretende dar un mellor servizo á carteira de 3.000 clientes que posúe no país e servir de ponte para as pemes alemás que desexen introducirse no mercado español.

Nós sen auga, mentres eles fan negocio coas nosas necesidades

Os cortes de auga en Vigo se resolven con esperas e con papeis, nunca con dereitos. Mentres Aqualia, a empresa concesionaria, leva anos facendo bos negocios con este ben común.auga_aem

O luns achegouse ao punto de información unha muller con aviso de corte de auga. Fica sen ingresos mentres agarda pola RISGA que ven de solicitar. Ante a inminencia do corte acude a servizos sociais. Alí recibe como resposta aos seus problemas unha cita coa traballadora social para dentro dun mes e os impresos para solicitar unha Axuda de Emerxencia Municipal. Indícanlle que a entregue no rexistro municipal coa seguinte documentación:

– Certificado de pensións da Seguridade Social (positivos/negativos).

– Orixinal e copia da tarxeta de demanda de emprego.

– Certificado negativo de prestacións do INEM.

– Orixinal e copia do contrato ou recibo de alugueiro.

– Recibo e aviso de corte de auga.

A muller ten aberto expediente no departamento de Benestar Social, ao ter cursada a solicitude de RISGA, polo que a morea de papeis que lle esixen para valorar a concesión da axuda xa os teñen no Concello.

Seguir os pasos marcados polos servizos sociais, malia ficar sen ingresos, non asegura o dereito a ter subministro de auga. Porén si asegura:

– Varias semanas de agarda para coñecer o resultado da solicitude.

– Un percorrido por diferentes administracións, neste caso: INEM e Seguridade Social. Hai que engadir visita á copistería para facer as pertinentes fotocopias do contrato da casa, do recibo e da tarxeta do paro.

– Unha entrevista coa traballadora social do Concello onde seguro terá que dar explicacións dos teus problemas para chegar a fin de mes.

– A incerteza de saber que unha necesidade básica como ter auga non está asegurada e que depende de circunstancias tan alleas a unha como que haxa orzamento dispoñible no concello, da valoración profesional que fagan sobre a túa situación, dos criterios non escritos dunha comisión de valoración, da carga de traballo da Traballadora Social…

Abonda xa de facer negocios coas nosas necesidades. Abonda tamén de políticas miserables e da caridade como única resposta.

Esiximos o dereito a vivir con dignidade a través da posta en marcha da Renda Básica das iguais e doutras medidas que aseguren o dereito a unha vida plena para todas as persoas.

Coia, xullo 2015

A XUNTA REFORZA O PROGRAMA DE REALOXO DE AFECTADOS POR PROCESOS DE DESAFIUZAMENTOS CON VIVENDAS CEDIDAS POLAS ENTIDADES FINANCEIRAS

O director xeral do IGVS, Heriberto García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, inspeccionaron hoxe unha das vivendas cedidas pola SAREB na cidade olívica

  • A Xunta xestiona xa 170 vivendas de SAREB, Abanca e Caixa Rural Galega, ademais de 2.800 inmobles de promoción pública da súa propiedade
  • Xa se adxudicaron sete vivendas da SAREB en Vigo e dúas na provincia da Coruña, en Ferrol e Culleredo
  • Na Pontevedra, a máis afectada polas execucións hipotecarias, confirmáronse xa 70 vivendas, 30 por parte da SAREB e 40 de Abanca

 

Vigo, 14 de xullo de 2015.- A Xunta reforza o programa de realoxo de afectados por por procesos de desafiuzamentos con vivendas cedidas polas entidades financeiras. Así, o Goberno galego xestiona xa 170 vivendas cedidas pola SAREB, Abanca e Caixa Rural Galega para destinalas a alugueiro social, preferentemente a afectados por execucións hipotecarias e por impago do alugueiro.

 

As primeiras destas vivendas foron adxudicadas na provincia da Coruña, dúas en Ferrol e Culleredo; e na provincia de Pontevedra, unha en Porriño e sete en Vigo. O director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García; e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María Xosé Bravo Bosch; inspeccionaron hoxe unha das vivendas cedidas en Vigo pola SAREB.

 

Coas adxudicacións realizadas nestes días, son máis as familias afectadas por execucións hipotecarias que se benefician dos programas da Xunta, que mantén o compromiso de ofrecer unha vivenda a todos os solicitantes que cumpran os requisitos establecidos, empregando inmobles de promoción pública propiedade do IGVS, cedidos polas entidades financeiras ou do programa Aluga.

 

Vivendas cedidas

Unha porcentaxe moi importante das vivendas cedidas atópanse na provincia de Pontevedra, a máis afectada polas execucións hipotecarias. Desta maneira, 30 das 50 vivendas da SAREB están nesta provincia, xunto con 40 das 100 cedidas por Abanca. No caso da Caixa Rural Galega, aínda non está completa a lista dos 20 inmobles a ceder.

 

Os convenios asinados polo IGVS coas entidades financeiras establecen que as mesmas cederán o usufruto das vivendas da súa propiedade para que a administración autonómica as dedique a alugueiro social, preferentemente para afectados por execucións hipotecarias, impago de alugueiros e situacións de exclusión residencial. O alugueiro mensual a pagar polos adxudicatarios das vivendas estará entre cero e 125 euros, en función da situación económica dos adxudicatarios e grazas á subvención do IGVS.

 

As vivendas cedidas pola SAREB están emprazadas en 12 concellos, mentres que as de Abanca distribúense por 51 municipios de toda Galicia, aínda que neste caso coa flexibilidade de poder incorporar á lista vivendas noutros concellos nos que sexa necesario atender algún tipo de necesidade.

 

El festival uruguayo “Sentido Sur” llega a Porriño este miércoles

El festival uruguayo “Sentido Sur” llega a Porriño este miércoles

sentido_sur

 

La obra “Viaje al encuentro” es un acercamiento a las costumbres de este país sudamericano que se desarrollará a las 21.30 h en la plaza Arquitecto Antonio Palacios

Información de eventos en ISLAND CLUB, Plaza de la Estrella, 8 VIGO

Información de eventos en ISLAND CLUB, Plaza de la Estrella, 8 VIGO

conlavenia_island VR17julio

—————————————————————————————-

– todos los Jueves“CON LA VENIA” en concierto, a partir de las 23:30 h. entrada libre
——————————————————————————————
– Viernes 17 de Julio en la sala LA ESTRELLAClases de Baile; a las 23:00 h. Salsa y Rueda Cubana con Miguel Garcia y Diana Prieto y a las 00:00 h. Bachata con Mónica Raposo o Juan BK.  y SHOW DEL GRUPO MANGU LADIES de la escuela BAMBALINA entrada 5€ con consumición mínima incluida.
——————————————————————————————-
– Sábado 18 de Julio  a las 23:45 h. podrán disfrutar del espectáculo LA JAULA DE LAS LOCAS de CRISTIAN SHOW en el Complejo Hostelero ISLAND CLUB – Plaza de la Estrella – VIGO
Entrada 15€ con copa

Desde Mexico uno de los concierto más esperados… Los Infierno!!

Entrada: 8 € con Cerveza incluida!

LOS INFIERNO (MEXICO)
MIERCOLES 15 JULIO, 22:30

Junta en un estudio una mitad de LOST ACAPULCO con otra de LOS EXPLOSIVOS. Sumale la voz de Chok, uno de los frontman mas salvajes de Mexico. Llena la nevera de chelas bien frias y un par de botellas de Don Julio… el resultado, uno de los combos mas explosivos del garage punk mexicano… LOS INFIERNO.

Nacidos ,a finales del 2009, con el firme proposito de poner patas arriba la efervescente escena del garage mexicano, Los Infierno aprovechan la visita a tierras mexicanas de The Staggers para hacer su primera gira por la republica en Marzo del 2010.
En 2011 editan su primer album “Nada que perder “. Para presentar el album , que mejor que hacerlo nada menos que con LOS SAICOS, en el historico concierto que dio la leyenda del punk 60’s peruano en el Casino Metropolitano del D.F.
No en vano, en el primer album de Los Infierno, Erwin Flores (voz de Los Saicos) interpreta “Todos esos años “.
Su directo es pura energia 60’s punk, imagen cuidada y rabioso sonido Fuzz. En 2012, la banda es llamada para participar en el multitudinario festival Vive Latino, ante nada menos que 70.000 personas. Exito rotundo !!! , pero la banda ya tiene la mirada puesta en Europa y en junio’12 realiza su primer tour europeo, presentando su primer album europeo “SALVAJE” (Boss Hoss Rec. Italia) .

A partir de entonces la banda compagina sus grabaciones y ediciones ( Mexico, Italia, Japon, España …), con sus, cada vez mas multitudinarias, presentaciones en Mexico ( Vive Latino 2014, Rock & Lucha,  MLF  , Machaca Fest…).

LOS INFIERNO vuelven de gira a Europa para presentar sus dos ultimos artefactos , “CANIBAL” (Discos Valiente. Mexico) y “THE LOST TAPES ” (SoundFlat. Alemania), te arrepentirás si te los pierdes!!

Este fin de semana lo mejor te espera en PortAmérica

Un año más Autna colabora con el Festival activando 2 líneas de autobuses que harán el trayecto Vigo – PortAmérica Rías Baixas.

Jueves 16 julio:PA15-Banner-Web-final-21-0x0
– Ida 17.30 / vuelta 05.15
– Ida 19.00 / vuelta 03.30

Viernes 17 julio:
– Ida 17.30 / vuelta 06.15
– Ida 19.00 / vuelta 04.00

Sábado 18 julio:
– Ida 17.30 / vuelta 06.15
– Ida 19.00 / vuelta 04.00

Reserva ya tu plaza en Ticketea, ¡son limitadas!