A XUNTA REFORZA O PROGRAMA DE REALOXO DE AFECTADOS POR PROCESOS DE DESAFIUZAMENTOS CON VIVENDAS CEDIDAS POLAS ENTIDADES FINANCEIRAS

O director xeral do IGVS, Heriberto García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, inspeccionaron hoxe unha das vivendas cedidas pola SAREB na cidade olívica

  • A Xunta xestiona xa 170 vivendas de SAREB, Abanca e Caixa Rural Galega, ademais de 2.800 inmobles de promoción pública da súa propiedade
  • Xa se adxudicaron sete vivendas da SAREB en Vigo e dúas na provincia da Coruña, en Ferrol e Culleredo
  • Na Pontevedra, a máis afectada polas execucións hipotecarias, confirmáronse xa 70 vivendas, 30 por parte da SAREB e 40 de Abanca

 

Vigo, 14 de xullo de 2015.- A Xunta reforza o programa de realoxo de afectados por por procesos de desafiuzamentos con vivendas cedidas polas entidades financeiras. Así, o Goberno galego xestiona xa 170 vivendas cedidas pola SAREB, Abanca e Caixa Rural Galega para destinalas a alugueiro social, preferentemente a afectados por execucións hipotecarias e por impago do alugueiro.

 

As primeiras destas vivendas foron adxudicadas na provincia da Coruña, dúas en Ferrol e Culleredo; e na provincia de Pontevedra, unha en Porriño e sete en Vigo. O director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García; e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María Xosé Bravo Bosch; inspeccionaron hoxe unha das vivendas cedidas en Vigo pola SAREB.

 

Coas adxudicacións realizadas nestes días, son máis as familias afectadas por execucións hipotecarias que se benefician dos programas da Xunta, que mantén o compromiso de ofrecer unha vivenda a todos os solicitantes que cumpran os requisitos establecidos, empregando inmobles de promoción pública propiedade do IGVS, cedidos polas entidades financeiras ou do programa Aluga.

 

Vivendas cedidas

Unha porcentaxe moi importante das vivendas cedidas atópanse na provincia de Pontevedra, a máis afectada polas execucións hipotecarias. Desta maneira, 30 das 50 vivendas da SAREB están nesta provincia, xunto con 40 das 100 cedidas por Abanca. No caso da Caixa Rural Galega, aínda non está completa a lista dos 20 inmobles a ceder.

 

Os convenios asinados polo IGVS coas entidades financeiras establecen que as mesmas cederán o usufruto das vivendas da súa propiedade para que a administración autonómica as dedique a alugueiro social, preferentemente para afectados por execucións hipotecarias, impago de alugueiros e situacións de exclusión residencial. O alugueiro mensual a pagar polos adxudicatarios das vivendas estará entre cero e 125 euros, en función da situación económica dos adxudicatarios e grazas á subvención do IGVS.

 

As vivendas cedidas pola SAREB están emprazadas en 12 concellos, mentres que as de Abanca distribúense por 51 municipios de toda Galicia, aínda que neste caso coa flexibilidade de poder incorporar á lista vivendas noutros concellos nos que sexa necesario atender algún tipo de necesidade.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: