APROBADO O INFORME SOCIAL DE INCLUSIÓN PARA A HOMOXENEIZACIÓN DOS CRITERIOS E AXILIZACIÓN DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde polo que se aproba o modelo de ISI que entrará mañá en vigor
  • A iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar mellorará a coordinación entre os profesionais e as institucións que participan na prevención e na atención das persoas en risco de exclusión
  • Facilitará o traballo profesional para a recompilación e a organización da información e para a xestión dos diferentes servizos e prestacións
  • A elaboración desta nova ferramenta contou coa participación do Colexio de Traballadores Sociais e dun grupo de expertos constituído polos principais axentes implicados nas intervencións da área de inclusión social

 

Santiago, 14 de xullo de 2015.- A Xunta vén de aprobar o Informe Social de Inclusión (ISI) para a mellora da coordinación entre os profesionais e as institucións que participan na prevención e na atención das persoas en risco ou situación de exclusión, así como nos diferentes procesos administrativos para o acceso ás diversas prestacións e servizos na área da inclusión social.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Traballo e Benestar pola que se aproba este modelo que entrará mañá en vigor. Esta actuación facilitará o traballo profesional cun triplo obxectivo: homoxeneizar os criterios para a recompilación e a organización da información que se reflicte no informe social; recoller a información necesaria para a xestión dos diferentes servizos e prestacións, servindo á vez de base para a comunicación e a coordinación interprofesional e interinstitucional; e, por último, garantir que cada profesional se basee nos mesmos indicadores que se teñen que ter en conta nas diferentes intervencións.

 

O que se pretende con esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar é facilitar un instrumento normalizado que recolla a información básica, pero suficientemente ampla para lograr unha perspectiva global da situación das persoas e mais da súa unidade familiar e do seu contorno, así como das súas necesidades.

 

En definitiva, esta actuación pretende unificar e homoxeneizar os criterios sociais precisos para realizar as valoracións sociais preceptivas e simplificar trámites e xestións administrativas, ao reducir a un só os distintos modelos de informe social con contidos semellantes que se viñan utilizando no eido da inclusión social.

 

Na elaboración deste modelo contouse co Colexio de Traballadores Sociais e cun grupo de traballo constituído polos principais axentes implicados nas intervencións da área de inclusión social, o que posibilitou incorporar a experiencia do persoal técnico que traballa no ámbito dos servizos sociais, en xeral, e da inclusión social, en particular. Esta actuación dá continuidade a posta en marcha o ano pasado dun modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: