O IGVS ADXUDICA MEDIANTE SORTEO PÚBLICO 8 NOVAS VIVENDAS DE PROTECCIÓN REHABILITADAS POLO CONSORCIO CASCO VELLO

  • Pertencen ás promocións de Ferrería 3-5-7 e San Sebastián 24-26 e contan con 1 e 3 dormitorios e unhas superficies útiles que oscilan entre 53,84 m2 e 97,59 m2.
  • Os prezos oscilan entre os 80.000 euros e os 126.000 euros (sen IVE)
  • Os adxudicatarios recibirán unha notificación por parte do CCVV e serán citados a unha reunión para levar a cabo a asignación da vivenda concreta que lles tocou.
  • Terán un prazo de 45 días para formalizar as hipotecas e rematar todo o procedemento coa entrega de chaves.
  • O sorteo celebrouse hoxe ante notario no salón de actos da Delegación da Xunta en Vigo, ao que asistiron algunhas das persoas que participaban no mesmo.

 

Vigo, 14 de xullo de 2015.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, presidiu esta mañá un novo sorteo público ante notario doutras 8 vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo nas rúas San Sebastián 24-26 e Ferrería 3-5-7.

 

Responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) iniciaron o sorteo sobre as 10:30 horas da mañá ante a presenza dalgunhas das persoas que estaban inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia e pediron participar nestes procedementos e que, finalmente, resultaron adxudicatarios. Así, foron adxudicadas 8 novas vivendas de protección autonómica ademais de coñecerse o listado de reserva dos posibles beneficiarios no caso de que os primeiros non formalicen en tempo as correspondentes hipotecas.

 

As 8 vivendas sorteadas esta mañá pertencen ás promocións ubicadas en San Sebastián 24-26 e Ferrería 3-5-7. Contan tamén con 4 locais comerciais nos seus baixos con superficies útiles entre 17,87 metros cadrados e 61,96 m2.

 

Teñen 1 e 3 dormitorios e unhas superficies útiles que oscilan entre 53,84 metros cadrados e 97,59 m2. Os prezos destas novas vivendas van desde 80.388,00 euros (sen IVE), a máis barata, mentres que a máis cara é de 126.701,00 euros (sen IVE)

 

Emprazamento Características das vivendas Prezo de venda
San Sebastián 24-26 Planta baixa 61,96 m2 89.842 €
San Sebastián 24-26 1ª e 2ª planta 72,65 m2 105.342,50 €
San Sebastián 24-26 1ª planta 57,86 m2 83.897 €
San Sebastián 24-26 2ª planta 60,41 m2 87.594,50 €
Ferrería 3-5-7 1ºA 55,88 m2 81.026 €
Ferrería 3-5-7 1º B 57,34 m2 83.143 €
Ferrería 3-5-7 2º A 55,44 m2 80.388 €
Ferrería 3-5-7 2º B 87,38 m2 126.701 €

 

 

A partires de hoxe, os 10 beneficiarios recibirán por parte do CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- a comunicación formal coma adxudicatarios. Posteriormente, serán citados a unha reunión para levar a cabo a asignación da vivenda concreta que lles tocou. Os beneficiarios terán 45 días para formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves dos seus pisos.

 

Balance actual de actividade

A día de hoxe, o IGVS sorteou xa 74 VPA que formaron parte dun total de 5 fases con distintas promocións de inmobles. Dos 10 últimos pisos de protección adxudicados o pasado mes de marzo e relativos á promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7, xa foron entregadas 7 vivendas.

 

Con estas últimas entregas de chaves levadas a cabo nas últimas semanas, xa son 69 as familias que residen na zona desde que o CCVV comezou a súa oferta de pisos rehabilitados, no ano 2011. Ademais dos sorteos, o CCVV aínda ten dispoñibles outros 4 pisos que se poden adxudicar de forma directa. Os interesados teñen que estar inscritos previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

 

Na actualidade, o CCVV adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 43 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 99 vivendas -82 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos- e 27 locais comerciais -17 xa teñen actividade empresarial,  3 están en proceso de adxudicación mediante concurso público e outros 4 están xa rematados, 1 máis está pendente do uso e os outros 2 son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos.

 

Así mesmo, 10 inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos 3 edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os 4 inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), desde onde xa operan.

 

Por último, xa foron licitadas as obras de rehabilitación doutros 4 edificios emprazados na rúa Ferrería, concretamente, nos números 10-12 e 45-47 dos que, logo da intervención prevista, se porán no mercado outras 6 VPA e 2 locais comerciais.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: