A XUNTA DE GALICIA DECLARA DÚAS NOVAS ÁREAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL EN VIGO

  • Están emprazadas no polígono de Coia e en Cabral (Casas de Santa Clara)
  • Nas dúas áreas xa existentes realizáronse máis de 1.000 actuacións, con axudas públicas por importe de máis de 3,5 millóns de euros

 

Santiago, 22 de xullo de 2015.- A cidade de Vigo conta con dúas novas Áreas de Rehabilitación Integral, unha vez que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinou a declaración das mesmas. As novas áreas de rehabilitación integral viguesas corresponden ás rúas Bueu-Moaña do Polígono Coia e ao grupo de vivendas de Santa Clara, no barrio de Cabral.

 

As dúas novas áreas de rehabilitación declaradas en Vigo recibirán este mesmo ano fondos públicos para o inicio das actuacións de rehabilitación. O IGVS comunicará ao concello o montante total que lle corresponde para as anualidades 2015 e 2016 e será a administración municipal a encargada de distribuír ditos fondos entre as áreas declaradas no concello.

 

Vigo conta xa con outras dúas áreas de rehabilitación, emprazadas no casco vello (declarada en 1997) e en Bouzas, declarada en 2003. Nas dúas áreas de rehabilitación existentes en Vigo xa se realizaron máis de 1.000 actuacións de rehabilitación, con axudas da Xunta e o Ministerio de Fomento por importe de máis de 3,5 millóns de euros.

 

Actualmente están en execucións os convenios asinados o pasado 14 de marzo e polos que se incorporan ao Plan Estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016 as actuacións que ata entón non financiadas nas áreas de rehabilitación (ARI). No caso de Vigo o convenio de marzo permite realizar 55 actuacións nas áreas de rehabilitación do casco vello e de Bouzas, aos que se sumarán os novos obxectivos que o concello asigne a cada área de rehabilitación integral unha vez que o IGVS lle comunique os fondos asignados para as áreas viguesas.

 

63 ARI declaradas

Ao tempo que declaraba as novas ARI de Vigo declaráronse catro novas áreas de rehabilitación na Coruña (tres) e Ferrol (unha), que se suman ás xa existentes en Galicia, facendo un total de 63 áreas declaradas que benefician a un total de 128 concellos galegos. Tamén se ampliou o ámbito da ARI xa existente en Monforte de Lemos.

Dende 1996 xa foran declaradas en Galicia 56 áreas de rehabilitación en 38 concellos diferentes. E tamén se declarou unha ARI tan singular como é a área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, que transcorre por 107 concellos das catro provincias, de maneira que o total de concellos galegos que dispoñen de áreas de rehabilitación ascende a 128, xa que algúns dos concellos incluídos na área dos Camiños de Santiago tamén teñen ARIs propias.

En total, dende o ano da súa creación, rehabilitáronse ao abeiro das ARIs máis de 11.300 vivendas, cuxos propietarios recibiron axudas da Xunta e o Estado. Os concellos correspondentes tamén realizaron múltiples obras de urbanización e reurbanización no ámbito das ARIs, recibindo tamén axudas autonómicas e estatais para ditas obras. A achegas da Xunta e o Estado para a rehabilitación de vivendas e urbanización e reurbanización superan os 85,5 millóns de euros que induciron un investimento de máis de 15 millóns de euros por parte dos concellos e preto de 90 millóns de euros polos propietarios das vivendas, o que supón que o programa de áreas de rehabilitación mobilizou, dende a súa creación en 1996, un total de máis de 190 millóns de euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: