A XUNTA DECLARA 6 NOVAS ÁREAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL NAS CIDADES DA CORUÑA, VIGO E FERROL

O Goberno galego tamén ampliou o ámbito da área xa existente en Monforte de Lemos, e segue coa tramitación da declaración de oito áreas máis

  • Con estas novas declaracións a comunidade galega xa conta con 63 áreas de rehabilitación integral nun total de 128 concellos
  • Dende a creación desta figura en 1996, beneficiáronse das axudas da Xunta e o Ministerio de Fomento máis de 11.300 vivendas
  • Os concellos tamén recibiron axudas para a realización de obras de urbanización no ámbito das ARI

 

Santiago, 22 de xullo de 2015.- A Xunta declara 6 novas áreas de rehabilitación integral nas cidades da Coruña (tres), Vigo (dúas) e Ferrol (unha), ao tempo que se ampliou o ámbito da xa existente en Monforte de Lemos e segue a tramitación de oito áreas máis.

 

Na Coruña declaráronse tres novas áreas de rehabilitación integral correspondendo aos núcleos de San Vicente de Elvina, ás coñecidas como “Casas de Franco” emprazadas no Ventorrillo  e ao grupo de vivendas “María Pita”, en Labañou.

 

Polo que respecta a Vigo, as dúas novas áreas de rehabilitación corresponden ás rúas Bueu-Moaña do  Polígono Coia e ao grupo de vivendas de Santa Clara, no barrio de Cabral.

 

En Ferrol declarouse a área de rehabilitación integral de Esteiro Vello e en Monforte de Lemos ampliouse o ámbito da área existente, de maneira que a nova delimitación coincide coa do conxunto histórico monfortino.

 

As novas áreas de rehabilitación declaradas recibirán este mesmo ano fondos públicos para o inicio das actuacións de rehabilitación. O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) comunicará a cada concello o montante total que lle corresponde para as anualidades 2015 e 2016 e será a administración municipal a encargada de distribuír ditos fondos entre as áreas declaradas.

 

63 ARI declaradas

As seis novas áreas declaradas súmanse ás xa existentes en Galicia, facendo un total de 63 áreas declaradas que benefician a un total de 128 concellos galegos.

 

Dende 1996 xa foran establecidas en Galicia 56 áreas de rehabilitación en 38 concellos diferentes. E tamén se declarou unha ARI tan singular como a dos Camiños de Santiago, que transcorre por 107 concellos das catro provincias, de maneira que o total de municipios que dispoñen de áreas de rehabilitación ascende a 128, xa que algúns incluídos na área dos Camiños de Santiago tamén teñen áreas propias.

 

En total, dende o ano da súa creación, rehabilitáronse ao abeiro das ARIs máis de 11.300 vivendas, cuxos propietarios recibiron axudas da Xunta e o Estado. Os concellos correspondentes tamén realizaron múltiples obras de urbanización e reurbanización no ámbito das áreas, recibindo tamén axudas autonómicas e estatais. A achegas da Xunta e o Estado superan os 85,5 millóns de euros que induciron un investimento de máis de 15 millóns por parte dos concellos e preto de 90 millóns de euros polos propietarios das vivendas, o que supón que o programa de áreas de rehabilitación mobilizou, dende a súa creación en 1996, un total de máis de 190 millóns de euros.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: