Leilía en Baiona o sábado 25 de xullo dentro do programa ‘Baiverán’

LEILIA - Carlos Abal 2-1O vindeiro sábado, día 25 de xullo, Leilía levará os sons do seu último disco ‘ConSentimento’ á Praza do Concello en Baiona. Será ás 23:00 horas e a actuación chega da man do programa ‘Baiverán’, organizado polo dito Concello. A entrada será de balde.

As compoñentes de Leilía chegan a Baiona -logo de actuaren na véspera nas Festas do Santiaguiño de Padrón- para engaiolar o público baionés durante perto de hora e media co seu último traballo, ‘ConSentimento’, “un espectáculo no que grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes.

 

O público que se achegue o sábado 25 ás 23:00 á praza do concello de Baiona para ver as Leilía comprobará que ‘ConSentimento’ “é unha homenaxe ás mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega”, explican as integrantes deste grupo de música tradicional. A actuación está organizada polo Concello de Baiona e conta coa colaboración da Agadic a través do programa ‘Cultura no Camiño. A entrada é de balde.

 

Neste concerto poderanse escoitar melodías e sons rescatados do pasado, “que se retocan con instrumentos de hoxe e que se tecen con palabras actuais, para dar lugar a un espectáculo no que Leilía aúna respecto, coherencia e madurez”, insisten desde o grupo.

 

Ademais de en Baiona, as Leilía non deixan de facer soar as súas voces e ferreñas, xa que o día 28 de xullo toman rumbo a un festival en Suecia, o 22 de agosto estarán en Negreira, o 25 de agosto en Noia, o 11 de setembro en Ribeira e o 11 de outubro en Narón.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: