Archive | julio 23, 2015

Datos EPA segundo trimestre 2015.

Continúa o descenso da poboación activa en Galiza.

Principais variábeis (datos en milleiros).

    Variación  
    Absoluta Relativa Absoluta Relativa
    Trimestre pasado Trimestre ano anterior  
Poboación de 16 ou máis anos 2.360,20 -1,4 -0,1 -8,9 -0,4
Activos 1.262,40 -0,8 -0,1 -13,4 -1,1
Poboación ocupada 1.009,90 22,4 2,3 18,4 1,9
Poboación parada 252,5 -23,2 -8,4 -31,8 -11,2
Inactivos 1.097,80 -0,5 0 4,5 0,4

Fonte: EPA. INE

A poboación activa entre 25 e 35 anos descendeu en 5800 persoas en Galiza no último trimestre

A cifra total situouse en 1.262.400, 800 menos que no primeiro trimestre e 18.400 menos que no ano anterior

VIGO/23-07-2015

Segundo os datos facilitados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) a través da Enquisa de Poboación Activa (EPA), no segundo trimestre de 2015 a poboación activa estimada en Galiza acadou as 1.262,40 persoas, 800 menos que no primeiro trimestre e18.400 menos que hai un ano. Este descenso é especialmente precupante entre a xente de 25 a 35 anos: 5.800 persoas no último trimestre e 15.500 con respecto ao ano pasado.

Dende a CIG sinalan que esta perda de poboación activa é especialmente preocupante nunha comunidade como a galega cun elevado índice de envellecemento da poboación, máxime cando se produce entre o sector máis novo como de feito sucede aquí. De feito, tan só neste último trimestre a poboación entre 25 e 35 anos descendeu en 5.800 persoas, pero se a comparamos con hai un ano a baixada foi de 15.500 activos/as nestas idades centrais.

Este comportamento negativo da poboación activa galega contrasta co que está a acontecer a nivel estatal, onde os datos amosan un incremento.

A perda de poboación activano noso país explica a maior redución da poboación parada con respecto ó incremento da ocupada; no último trimestre o paro reduciuse en 23.200 persoas, mentres a poboación ocupada medrou unicamente en 22.400; pero se comparamos os datos co ano anterior o descenso do paro duplicou a subida da poboación ocupada, 31.800 fronte a 13.400.

Así, a taxa de paro sitúase no 20%, 1,8 puntos menor que a contabilizada no trimestre anterior.

Alto índice de temporalidade

O 85% dos novos ocupados/as correspóndese con poboación asalariada con contrato temporal, o que amosa o conxuntural da situación; non debemos esquecer que neste trimestre están incluídas as contratacións para Semana Santa e as do inicio do verán; de feito, o 47% da nova poboación ocupada produciuse no sector servizos.

A nivel provincial, o maior incremento da ocupación rexistrouse na provincia de Pontevedra, con 13.300 ocupados/as máis neste último trimestre.

A pesar de descender en 8.300 persoas nos últimos tres meses, non debemos esquecer os 86.600 fogares galegos onde todos os seus membros en activo están no paro.

O secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Miguel Malvido, considera especialmente preocupante o descenso da poboación activa entre os máis novos/as ligado especialmente á emigración, así como no elevado número de fogares con todos os membros en paro.

Dende a central nacionalista reclámanlle aos Gobernos español e galego medidas e accións urxentes encamiñadas a rematar con esta situación e a garantir as condicións laborais e sociais da clase traballadora.

 

Vetusta Morla, Pasajero, Novedades Carminha, Villanueva, Rey Sol y We Are Not Djs conforman el cartel de la primera edición del Festival De Origen

Vetusta Morla, Pasajero, Novedades Carminha, Villanueva, Rey Sol y We Aunnamedre Not Djs conforman el cartel de la primera edición del Festival De Origen

Festival De Origen celebra su primera edición el 8 de agosto en la Plaza de toros de Socuéllamos (Ciudad Real) con el fin de dotar a la Comunidad de un evento musical de calidad, joven y de carácter independiente, en el que además se podrán degustar vinos y productos con DO La Mancha.

Un reclamo tanto para la localidad manchega como para su área de influencia, que además nace con afán de continuidad: se materializará en forma de ciclo anual que culminará en el mes de agosto con la celebración del Festival.

La Mancha es tierra de vinos, por lo que no pueden faltar a una cita que se ha denominado De Origen en honor a uno de los principales potenciales de la zona.

Vetusta Morla

El pasado mayo recibieron 7 Premios de la Música Independiente: artista, álbum y canción del año, mejor directo, producción, diseño gráfico y foto, que se suman a 2 premios Rolling Stone 2014 al Mejor Disco del Año y Grupo del Milenio o al Premio Fest al mejor directo nacional.
En Socuéllamos presentarán su último álbum: La Deriva

Pasajero
Están de vuelta conParque de Atracciones(Ernie Records, 2015), su 2º LP: una llamada de atención, un grito a la cordura desde el sinsentido de quien es capaz de emocionarse hasta perder la cabeza. Una sucesión de píldoras consistentes de una misma personalidad, pero con la suficiente autonomía como para hacer del disco un juego de subidas y bajadas.

Novedades Carminha
Sin perder un ápice de frescura e irreverencia juvenil, Novedades Carminha están arrasando con su nuevo álbum de estudio. Sensible pero gamberro, “Juventud Infinita” evoluciona hacia terrenos musicales donde la contundencia del garage de factura lo-fi se da la mano con el pop más pegadizo, con tintes de psicodelia y punk a partes iguales.

Villanueva
Viajes de Ida, el primer disco de Villanueva, editado por Esmerarte, ha sido una de las grandes sorpresas musicales de 2014. Varias publicaciones especializadas lo han reseñado como uno de los debuts discográficos más interesantes del pasado año, que concluyó llevándose el Premio Maketón 40 Principales Vigo al Disco del año.

Rey Sol
El acento local lo ponen estos manchegos, que en 2013 graban su primer LP: Segundo Tiempo, un disco grabado en directo, mezclado y masterizado en analógico. Un disco contundente, con un sonido más personal y sin tanta edición, con el sentimiento de tocar toda la banda a la vez en una sala.

We Are Not Djs
We Are Not Djs son Yolanda y Paco: melómanos, productores y Djs todoterreno. Pop, electrónica, dance, rock, swing… cualquier cosa con tal de hacerte bailar. A Socuéllamos llegarán recién aterrizados de Contempopránea y Arenal Sound.

Festival De Origen
8 agosto, Plaza de Toros de Socuéllamos
Entradas: 20 € + gastos en Ticketea y Ticketmaster
www.festivaldeorigen.com

 

Últimos días para asistir aos obradoiros de verán de Naturnova

A semana que vén será a última para poder gozar dos obradoiros estivais para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos que Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación (rúa Velázquez Moreno, 20), celebrou durante este mes de xullo todos os martes, mércores e xoves entre as 11.00 e as 13.30 h. Todas aquelas persoas que desexen asistir poderán reservar a súa praza no teléfono do centro 986 120 088 ou a través do correo electrónico naturnova@afundacion.org.