A XUNTA PARTICIPA EN MADRID NA XUNTANZA PARA A CREACIÓN DO COMITÉ DE CAMPAÑA PARA A DECLARACIÓN DA DÉCADA DO EMPREGO XUVENIL

  • A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acudiu hoxe á reunión en representación do Goberno galego co obxectivo de coñecer novas fórmulas de fomento do emprego xuvenil
  • Vázquez foi nomeada vogal do Comité, xa que Galicia exerce no segundo semestre do ano a representación das comunidades en materia de xuventude na UE
  • A Campaña, coordinada polo Estado, ten como obxectivo final que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declare a Década do Emprego Xuvenil, como oportunidade e motor de transformación económica e social
  • Deste foro toman parte, ademais do Estado, as comunidades autónomas, municipios, organizacións internacionais, asociacións e axentes sociais

 

Madrid, 28 de xullo de 2015.- A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe en Madrid  na xuntanza de creación do Comité de Campaña para a Declaración da Década do Emprego Xuvenil, onde están representados o Estado, as comunidades autónomas, municipios, organizacións internacionais, asociacións da sociedade civil e axentes sociais .

 

Esta Campaña, que está coordinada polos ministerios de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e de Emprego e Seguridade Social ten como obxectivo final que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declare a Década do Emprego Xuvenil, como oportunidade e motor de transformación económica e social das organizacións e dos países. Cecilia Vázquez foi nomeada vogal do Comité, xa que Galicia exerce neste segundo semestre do ano a representación das comunidades autónomas españolas en materia de xuventude na Unión Europea.

 

Vázquez destacou que a participación da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, neste foro permitirá coñecer novas fórmulas de fomento do emprego xuvenil postas en marcha por outras administracións e países, así como dar a coñecer os programas pioneiros que se levan a cabo na nosa comunidade como Galeuropa, que este ano permitirá que 500 mozas e mozos galegos realicen prácticas formativas en empresas e entidades de 31 países europeos.

 

É preciso destacar, así mesmo, que a Xunta leva a desenvolver diversas actuacións para fomentar o emprego entre a mocidade, medidas e plans específicos que están a acadar reactivar o emprego cun impacto positivo nun dos colectivos que resultou máis afectado pola crise. Neste sentido, cómpre destacar o Plan de Emprego Xuvenil 2014-2015, dotado con 100 millóns de euros e 19 medidas, a aposta da Xunta pola formación dual, a tarifa plana na cotización á Seguridade Social, ou o programa de Garantía Xuvenil financiado con fondos europeos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: