Este xoves, noite de artistas galegos na Praza da Quintana – Festas do Apóstolo 2015

Los Chavales, Ataque Escampe, The Soul Jacket, Guerrera e o proxecto creado en exclusiva para esta noite “A Derradeira Noite na Terra” compoñen un cartel tan ecléctico como contundente.
unnamed
O próximo xoves 30 de xullo, cinco bandas galegas de consolidada traxectoria e moi variada proposta estilística, farán seu o escenario da praza da Quintana, na penúltima noite das festas do Apóstolo 2015.
A xornada comezará ás 22.00 cos ritmos sesenteros de Los Chavales, reputada banda compostelana, que reivindican a música yeyé e apostan pola recuperación dos éxitos de bandas como Los Brincos, Los Bravos ou Los Salvajes. O baile está garantido e non será Ataque Escampe quen o pare, outra formación santiaguesa que tras catorce anos, sete discos e varios temas que xa son himnos xeracionais está vivindo o seu mellor momento nos escenarios.
Os vigueses The Soul Jacket, outra peza histórica do rock galaico, serán os terceiros convidados da noite e, seguidos polos lucenses Guerrera, levarán ás cotas máis altas o rock de guitarras no evento.
O plato forte da noite será a ocasión única de ver xuntos no escenario a Hevi de Malandrómeda, Sokram de Dios Ke Te Crew e Luis LAR Legido de Sumrrá, co espectáculo “A Derradeira Noite na Terra”, creado especialmente para poñer o peche a esta noite histórica.
Descarga aquí o presskit do evento.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: