A FUNDACIÓN INADE PRESENTA A BRAVO BOSCH OS SEUS PROXECTOS PARA MELLORAR E PROFESIONALIZAR O SECTOR DOS SEGUROS

  • _MG_8963A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá unha reunión co director e co responsable de proxectos da organización, Adolfo Campos e Modesto González, respectivamente.
  • A Fundación INADE, Instituto Atlántico do Seguro, é unha organización sen ánimo de lucro inscrita dende 2009 no rexistro de fundacións da Xunta.
  • Dende a Consellería de Facenda exércese o seu protectorado e está clasificada de interese para o fomento da economía de Galicia.

 

Vigo, 31 de xullo de 2015.- O director e o responsable de proxectos da Fundación INADE, Adolfo Campos e Modesto González, respectivamente, trasladáronse esta mañá ata a Delegación da Xunta en Vigo para manter un encontro coa delegada territorial, María José Bravo Bosch, co fin de presentarlle os seus novos proxectos e traballo encamiñados a mellorar e profesionalizar o sector dos seguros.

 

A representante da Administración autonómica na cidade agradeceu a reunión e gabou o traballo que leva a cabo a Fundación INADE, sobre todo, no eido da información e formación dos traballadores do mercado asegurador posto que o colectivo de persoas beneficiarias das actividades que realizan vai dende empresas a profesionais laborais pasando por comunidades universitarias, administracións públicas ou sociedade en xeral, entre outras. Bravo Bosch animounos así a continuar cos seus fins fundacionais e a contribuír, dende o seu ámbito de actuación, á melloría socioeconómica de Galicia.

 

A Fundación INADE -Instituto Atlántico do Seguro- é unha organización sen ánimo de lucro promovida pola entidade mercantil INADE e constituída no ano 2008. Ten coma obxecto, nos seus fins fundacionais, o fomento da economía social e desenrolo da economía produtiva da Comunidade Autónoma a través do coñecemento en materias da xerencia de riscos; mellora na xestión empresarial; desenrolo da sociedade da información e converxencia de Galicia con outros países e CCAA en materias de xerencia de riscos, financeiras e seguros.

 

Dende o ano 2009, por orden da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, está clasificada de interese para o fomento da economía de Galicia adscribíndoa así á Consellería de Facenda. Deste xeito, o departamento da Xunta de Galicia exerce plenamente o seu protectorado e a declara de interese galego ordeando a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: