O PARO DESCENDE EN GALICIA EN XULLO EN 12.691 PERSOAS, UN 5,54%, TRES VECES MÁIS QUE A MEDIA ESTATAL

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, apuntou que tamén se rexistrou o maior descenso interanual en termos absolutos dun mes de xullo de toda a serie histórica
  • Con esta evolución interanual, xa se acumulan vinte e unha diminucións consecutivas
  • Galicia sitúase por riba da media estatal, tanto a nivel mensual como interanual

 

Santiago, 4 de agosto de 2015.- O paro descendeu en Galicia no mes de xullo en 12.691 persoas con respecto ao mes anterior, o que en termos porcentuais se traduce nun 5,54 por cento, unha porcentaxe que triplica á media estatal e que supón a maior baixada relativa do Estado en termos mensuais. Deste xeito, o número de inscritos nas oficinas de emprego sitúase actualmente nas 216.371 persoas.

 

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, explicou hoxe que este é o sexto descenso mensual consecutivo no que vai de 2015, “e o maior de todos eles en termos absolutos e relativos”.

 

A responsable autonómica tamén puxo en valor a evolución interanual, cunha diminución do 9,95% (-23.908 persoas). Así, resaltou que se rexistrou a maior baixada interanual en termos absolutos dun mes de xullo de toda a serie histórica (estatísticas desde 1996) e a segunda se se toman como referencia os datos relativos. É, ademais, o segundo ano consecutivo no que se consegue reducir o paro en xullo en termos interanuais.

 

Ademais, con este descenso, xa se acumulan vinte e unha baixadas interanuais consecutivas desde novembro de 2013. Grazas a este comportamento, Galicia volve a niveis de paro inferiores aos que existían en 2011, isto é, o desemprego volve a niveis de hai catro anos.

 

En España, o desemprego baixou en 74.028 persoas, un 1,8 por cento, ata situarse nos 4.046.276 parados. En termos interanuais, o paro en España diminuíu nun 8,45%.

 

O desemprego descende en todos os sectores económicos. A principal diminución rexístrase no sector servizos (-8.694) en termos absolutos, aínda que en termos relativos a maior baixada é a do sector primario (-7,94%). En termos absolutos, a continuación dos servizos, sitúase a industria (-1.601), a construción (-1.528), a agricultura e a pesca (-640), e o colectivo sen emprego anterior (-228).

 

Por provincias, o desemprego baixou en todas elas, especialmente en Pontevedra (-4.945), seguida pola Coruña (-4.637), Lugo (-1.658), e Ourense (-1.451).

 

Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 98.931 contratos, 13.660 máis que no mes anterior. Deste total, 6.035 foron indefinidos (6,10%), e 92.896 temporais (93,90%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 8%.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: