Reperkusión 2015 completa o seu programa con numerosas actividades de día: obradoiros, pasarrúas, actuacións, mercadiño e unha nova edición da Empolada

  • 2015_EMPOLADAO festival ourensán inaugura o Dub Corner, un espazo pensado para amantes do reggae polo que pasarán, entre outros, George Palmer e Crespo.
  • Por segundo ano buscará o seu “Rei Polo” e a súa “Raíña Pola” cun xogo estival que tomará as rúas da Cidade dos Muchachos na tarde do sábado 12 de setembro, baixo a dirección de O Leo i Arremecághona.
  • Ademais, obradoiro de malabares e risoterapia e concertos de La Patxaranga, Menage a Trois e Maskarpone na carpiña.
  • O programa de día está dirixido a un público diverso e é de acceso libre e gratuito.Ourense, 04 de agosto de 2015.- Como nas edicións anteriores, o Festival Reperkusión 2015 será moito máis que unha serie de concertos de noite no escenario principal, xa que terá programación ao longo de todo o día con numerosas actividades de acceso libre e gratuito, abertas a públicos diversos: obradoiros, pasarrúas, mercadiño, actuacións, unha nova edición da Empolada, unha zona nova centrada no reggae e outras sorpresas que se desvelarán nas próximas semanas. Todo isto terá lugar os días do festival, o 11 e 12 de setembro, en diferentes espazos da Cidade dos Muchachos de Bemposta. Dub corner, espazo sound system para amantes do reggae O festival ourensán inaugura nesta edición o Dub Corner, un novo espazo pensado e deseñado para amantes do reggae. Contará cun equipo de son artesanal ao estilo tradicional xamaicano, atractivo pola súa gran potencia e calidade. Por el pasarán dj’s especialistas nos ritmos máis animados e emblemáticos de Xamaica, dende o Steppa ou o Digital, ata o Dnb, o Jungle e o Dancehall, apostando sempre por unha selección de vinilos en cada sesión. Este espazo ofrecerá tamén actuacións en directo. Abrirá o venres as 19:00h con George Palmer, lírica limpa, fresca e explosiva, que fala de xente gozando na pista de baile, sobre unha liña de baixo hipnótica cociñada con sintetizadores e artefactos modernos. Directamente dende Donostia (Euskadi), réndelle homenaxe aos sistemas de son xamaicanos de mediados dos 80 e á escena dub británica. O sábado á mesma hora será a quenda do galego Crespo, integrante da unión de músicos La Utopía del Norte, onde aterrou co vídeo de presentación en acústico “Alabanza a la Balanza”, unha mostra da súa capacidade mnemotécnica. A empolada, un tolo xogo de tronos Tras o éxito do ano pasado, o Reperkusión repetirá a Empolada, a experiencia máis salvaxe, lúdica e participativa da historia do festival. Todas as persoas que asistan ao Reperkusión e teñan ganas de refrescarse, de pasalo ben e de converterse en polos por un día poderán participar neste divertido concurso que comezará cunha refrescante batalla, para a que a organización porá a disposición dos participantes máis de 10.000 globos de auga. Unha vez empapados, os participantes continuarán a guerra con 500 quilos de fariña. E despois pasearán ata o curral, onde serán rociados con confeti de plumas. O público elixirá entre os participantes o Rei Polo e a Raíña Pola nunha cerimonia dirixida polo Leo i Arremecághona. O popular músico galego, que forma parte de múltiples proxectos como Labregos do tempo dos Sputniks ou Das Kapital, actuará como Polo de Cerimonias, marcando as normas deste tolo xogo de tronos. Os Monarcas Polos recibirán un Bono Pandilla, para acudir xunto co seu séquito ao Reperkusión 2016. A carpiña do circo, a risa e a música Ao igual que na pasada edición, a carpiña concentrará os obradoiros e o resto de concertos de día. O sábado pola mañá volverán ao Reperkusión os obradoiros de circo e malabares dirixidos a nenas e nenos e adultos, para aprender a manexar o monociclo, as bolas e as mazas. Ademais, sesión de risoterapia, o ioga da risa, con Eva Pilarte. Partindo da premisa de que todo o mundo pode rir sen necesidade de chistes, de humor ou de comedia, nin da utilización de substancias tóxicas ou alleas ao noso organismo, a clase comeza con con exercicios de respiración, relaxación e desinhibición, para continuar con exercicios guiados que provocan a risa irracional e natural. O obxectivo é beneficiarse do poder curativo da risa. No apartado musical pasarán por este espazo en horas temperás La Patxaranga (o venres), que leva festa e alegría alá onde vai, viaxando polas músicas máis frenéticas do mundo (balkan, klezmer, swing, folk…), cunha formación de saxo, violín, guitarra, baixo, percusión e voz; e os ourensáns Maskarpone (o sábado), unha saborosa mestura de reggae e ska con pequenos acenos de rock e música tradicional, que leva dende 2009 facendo vibrar as salas e os festivais do país coa voz de Lore, a batería de Bush, o saxo (e os coros) de Martinho, a trompeta (e os coros) de Banchas, o acordeón de Berni, as guitarras de Ton e David e o baixo de Champi. Ademais, o sábado sesión vermú a cargo da banda de Ourense Menage a Trois, coa súa mestura de sons procedentes do folk, a bossa e a rumba, con outros aparentemente incompatibles como o rock. O resultado é un novo son único e espectacular que bautizaron como swing rock. Entradas para o escenario principal, oferta especial ata o 12 de agosto Reperkusión 2015 pechará a tempada de festivais coa súa popular mestura de músicas de todos estilos e procedencias. Pasarán polo escenario principal do festival os británicos Asian Dub Foundation Sound System, os latinoamericanos Che Sudaka, os bosnios Dubioza Kolektiv, os galegos Dakidarría e Chotokoeu e os españois Trashtucada, TranceUntes e La trocamba Matanusca. As entradas pódense adquirir a través da web http://www.reperkusion.com ou nos seguintes puntos de venda físicos:  Ourense: Café Cultural Auriense, Saborido Charcutería, Café Faíscas, Peggy Records (gastos de xestión: 0,50 €)  Allariz: Fandiño Tapas  Xinzo de Limia: Feito Praza  A Coruña: Bule Bule (Praza de Millán Astray, 8)  Santiago de Compostela: A Reixa Tenda (gastos de xestión: 1 €)  Lugo: Don Disco (gastos de xestión: 0,50 €)  Vigo: Tenda Tipo Vigo (gastos de xestión: 0,50 €)  Pontevedra: Lusco e fusco A oferta especial de 15 € máis gastos de xestión o abono de dous días ou 20 € se é con acceso á zona de acampada ampliouse ata o mércores 12 de agosto. A partir desta data o prezo do abono de dous días será de 20 € ou 25 € con acampada. A entrada para un só día custa 15 €.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: