NOITE BRANCA 2015/actividades no MARCO – Vigo

folleto_programa_noite_branca_2015Durante a celebración da ‘Noite Branca’ o venres 7 de agosto, o MARCO amplía o seu horario de apertura ata as 02.00 da madrugada do sábado.

Os visitantes poderán desfrutar das tres exposicións que nestes meses de verán se exhiben no Museo, e sumarse ás visitas guiadas que, a partir das 20.00, ofrecerá o persoal de salas.

Ademais, ás 20.30, o profesor e investigador Carlos L. Bernárdez ofrecerá unha conferenciasobre a figura e obra de Luis Seoane, protagonista da retrospectiva que ocupa as salas da planta baixa.

  • Visitas guiadas ás exposicións

Lugar: salas de exposición da planta baixa, 1º andar, e Anexo

Horario: ás 20.00, 21.00, 22.00, 00.00, 01.00

Duración aproximada: 45 min

Máximo 30 persoas por grupo

‘LUIS SEOANE. Retrato de esguello’ (salas da planta baixa)

Este proxecto expositivo, coproducido polo MARCO de Vigo e a Fundación Luis Seoane, formúlase como revisión global da figura dun autor complexo e diverso, un creador de vocación universal. Intelectual comprometido, editor, pintor, debuxante, gravador, deseñador gráfico e industrial, escenógrafo, poeta, crítico e teórico das artes, emprendedor e outras moitas cousas, a traxectoria de Luis Seoane sitúao como a personalidade máis poliédrica da cultura galega do século XX.

‘A VOZ DO TRADUTOR’ (salas do 1º andar)

Comisariada por Martin Waldmeier, ‘A voz do tradutor’ foi o proxecto gañador da convocatoria 2015 do Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para novos comisarios. A través de quince artistas de diferentes xeracións e procedencias, esta mostra analiza o lugar da tradución na era da globalización. A crecente necesidade de traducións en todos os niveis da vida social, económica e cultural, pode ser considerada non só un desafío ou unha ameaza, senón tamén unha fonte de creatividade e experiencia, e mesmo un lugar de actividade subversiva e crítica.

‘JUAN LÓPEZ. _ACHAR’ (Anexo)

_ACHAR, a intervención de Juan López no Anexo (vestíbulo principal) é a terceira proposta do cicloIntertextual, comisariado por Ángel Calvo Ulloa. O artista inseriu dous grandes farois cuxo tamaño excedía o ancho do espazo e, axudado por un motor, forzounos a atascarse para que permaneceran nel. Un xesto mínimo que nembargante require dun importante despregue, e que xera ao mesmo tempo un indeleble rexistro, testemuño da acción violenta e do paso forzado, nunha alusión ao pasado do edificio como antigo cárcere.

  • Conferencia de Carlos L. Bernárdez

‘Esquema de claridades. A obra artística do primeiro Seoane’

Lugar: salón de actos

Horario: ás 20.30

 

Pola súa banda, Miguel Oliveira Restaurante súmase á celebración da Noite Branca con ampliación de horarios e ofrecendo os seus servizos habituais de cafetería e terraza.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: