A XUNTA NOMEA DIRECTORA DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA A VICTORIA GONZÁLEZ VÁZQUEZ

  • FACENDA.

    FACENDA.

    Substitúe no cargo a Ulpiano Villanueva

O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Victoria González Vázquez como directora da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) en substitución de Ulpiano Villanueva. Ata o momento, Victoria González era xefa da Área de Colaboración Social, Información e Asistencia na ATRIGA.

 

Victoria González Vázquez licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1997. Pertence dende o ano 2001 á Escala Técnica de Finanzas da Xunta de Galicia; e dende o 2009, á Escala Superior de Finanzas.

 

Na súa traxectoria desempeñou, entre outros cargos, o de xefa de sección de Información ao contribuínte na Delegación da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra; xefa de sección de Recursos e Procedementos Executivos na Dirección Xeral de Tributos; xefa de servizo de Asesoramento Tributario na mesma dirección; ou o de xefa do Departamento de Auditoría e Calidade na Axencia Tributaria de Galicia.

 

Victoria González Vázquez substitúe no cargo a Ulpiano Villanueva, que ocupou o posto de director da ATRIGA dende a creación deste organismo, que comezou a funcionar en xaneiro de 2013.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: