A XUNTA INICIA HOXE O NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO ´REDONDELA ECOSOSTIBLE´, ONDE 20 ALUMNOS E ALUMNAS RECIBIRÁN FORMACIÓN EN AGRICULTURA ECOLÓXICA E ALBANELERÍA-CANTERÍA

  • _MG_4682A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, deulle a benvida aos participantes esta mañá no inicio do OOEE no Pazo Pousadouro.
  • Xunta e Concello fan posible este programa mixto de formación e emprego cun orzamento de case 230.000 euros sendo a achega autonómica dun 77,3%.
  • No ámbito da Delegación Territorial de Vigo, concedéronse 5 obradoiros aos concellos de Vigo, Redondela, Moaña, Mos e a Mancomunidade do Val Miñor, cun investimento de 935.000 euros para beneficiar a 105 persoas desempregadas.
  • A Consellería de Traballo e Benestar investirá arredor de 15 millóns de euros na posta en marcha de máis de 70 obradoiros este ano, que terán 2.000 beneficiarios.

 

Redondela, 10 de agosto de 2015.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, inicia hoxe en Redondela o novo Obradoiro de Emprego ´Redondela Ecosostible´, onde se ofrece formación e emprego a un total de 20 alumnos e alumnas en dúas especialidades: agricultura ecolóxica e albanelería-cantería.

 

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo alcaldesa en funcións, María del Carmen Amoedo, deu a benvida aos alumnos e alumnas no inicio do obradoiro, persoas desempregadas que recibirán formación e emprego durante 6 meses no Pazo Pousadouro.

 

Coma lembrou Bravo Bosch, esta iniciativa alterna a formación co traballo ou a práctica profesional en dúas especialidades que redundarán positivamente nos participantes. Deste xeito preténdese unha dobre vertente: que as persoas desempregadas consigan aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional para que “aprendan traballando”. Ademais, percibirán o salario mínimo interprofesional toda vez que reciben formación para que logren una reinserción laboral posterior.

 

Así, Xunta e Concello fan posible este programa mixto cun orzamento total de 230.000 euros sendo a subvención económica da Consellería de Traballo e Benestar dun 77,3%, é dicir, máis de 178.000 euros. A achega municipal é así de 51.000 euros. Esta iniciativa abre un importante espazo de colaboración administrativa no marco da aposta da Xunta de Galicia pola eficiencia e optimización dos recursos.

 

Con todo, dende hoxe mesmo, os 20 alumnos e alumnas comezarán este novo OOEE. Na especialidade de Agricultura Ecolóxica se formarán 8 alumnos que, entre outras accións, realizarán traballos de explotación agrícola de produtos de horta de base ecolóxica no Pazo Pousadouro. Mentres, noutras fincas (na antiga escola de Saxamonde, na finca Pexegueiro, nos Eidos e na Coutada) realizarán labores de froiticultura que consistirán na preparación do terreo, plantación de frutais, labores de poda e inxerto. Pola súa banda, na especialidade de Albanelería-Cantería, un total de 12 alumnos e alumnas recibirán formación para finalmente actuar na restauración da antiga escola de Cedeira, actualmente en ruínas, para a súa posterior cesión aos veciños, que a destinarán a local social da parroquia.

A delegada amosouse convencida de que o obradoiro ´Redondela Ecosostible´ terá moi bos resultados coma xa tiveron os dous anteriores (Emprega Verde I e II) levados a cabo tamén no Pazo Pousadouro e dos que se beneficiaron un total de 41 persoas desempregadas. En total, por este concepto, o Concello de Redondela recibiu uns 548.000 euros para levar a cabo estes tres programas mixtos de formación e emprego.

 

Cinco OOEE na área territorial de Vigo

No ámbito da Delegación Territorial de Vigo, concedéronse 5 obradoiros aos concellos de Vigo, Redondela, Moaña, Mos e a Mancomunidade do Val Miñor, cun investimento total de 935.000 euros para beneficiar a 105 persoas desempregadas.

 

Os obradoiros de emprego son programas mixtos de formación e emprego que contan con numerosas vantaxes. En primeiro lugar, a posibilidade de acceder a un posto de traballo. Así mesmo, ofrece unha formación teórica e práctica de calidade, orientada ás necesidades reais do mercado laboral e vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional que contribúe á mellora da súa empregabilidade. Este tipo de iniciativas abre un importante espazo de colaboración cos concellos no marco da aposta da Xunta pola eficiencia e optimización de recursos, co obxectivo de orientar adecuadamente os esforzos. Ademais, os obradoiros están vinculados á realización de obras e servizos de interese para a comunidade.

 

Con todo, a Administración galega reforza a aposta por estes programas que ofrecen tantas vantaxes aos seus alumnos blindando a orde anual de Obradoiros que permite investir arredor de 15 millóns de euros na posta en marcha de máis de 70 obradoiros ao longo do presente ano e que terán 2.000 beneficiarios.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: