O PROXECTO INCLÚE ULTIMA UNHA FERRAMENTA TECNOLÓXICA QUE UNIFIQUE OS CRITERIOS DE VALORACIÓN TÉCNICA DA EXCLUSIÓN SOCIAL

  • A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, participou no III Comité de seguimento do proxecto INCLÚE (Innovación para a inclusión social), celebrado en Santiago de Compostela
  • Neste encontro avaliáronse os avances na execución do proxecto e estudáronse as diferentes estratexias que se poden seguir nun futuro para favorecer a aplicación e transversalidade dos resultados no conxunto dos servizos sociais galegos
  • INCLÚE está cofinanciado polo Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEA Grants) e ten como obxectivo favorecer a eficacia e o impacto das actuacións na abordaxe da exclusión social

 

Santiago, 10 de agosto de 2015.– A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, participou no III Comité de seguimento do proxecto INCLÚE (Innovación para a inclusión social), celebrado en Santiago de Compostela, e que está a ultimar unha ferramenta tecnolóxica que permita a homoxeneidade dos criterios de valoración técnica da exclusión social.

 

Segundo indicou González, neste encontro avaliáronse os avances na execución do proxecto e estudáronse as diferentes estratexias que se poden seguir nun futuro para dar continuidade ao traballo realizado e favorecer a aplicación e transversalidade dos resultados no conxunto dos servizos sociais galegos.

 

Na súa recta final, o proxecto inicia agora unha fase de testeo da ferramenta tecnolóxica  e está prevista para finais do mes de setembro outra reunión na que se darán a coñecer os seus resultados e os materiais elaborados.

 

O proxecto INCLÚE está cofinanciado polo Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEA Grants) e ten como obxectivo favorecer a eficacia e o impacto das actuacións na abordaxe da exclusión social.

 

Desde xuño de 2014 máis de vinte persoas da Administración autonómica e local e de entidades de iniciativa social traballan conxuntamente no deseño  dun modelo de atención innovador centrado na persoa, definido en clave de calidade de vida, igualdade de oportunidades para mulleres e homes, dereitos, autonomía e cidadanía das persoas en situación de exclusión social.

 

Paralelamente, o proxecto está a desenvolver dita ferramenta, así como un manual e a avaliación das intervencións realizadas. A innovadora ferramenta fai fincapé na valoración de indicadores sociais relacionados cos bens materiais pero, sobre todo, coa calidade de vida e participación social das persoas, aspectos clave nos que incide o modelo INCLÚE

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: