BENESTAR FINANCIA CON 25.000 EUROS UN PROGRAMA DE CÁRITAS SANTIAGO DE FORMACIÓN E APOIO ÁS FAMILIAS MONOPARENTAIS

  • A Consellería de Traballo e Benestar vén de asinar un convenio de colaboración con Cáritas Santiago para desenvolver un programa de formación, orientación e apoio a este colectivo
  • Trátase de axudar ás familias que, carentes de medios e recursos axeitados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia
  • No ano 2014 o departamento autonómico apoiou o labor de Cáritas con máis de 900.000 euros a través de distintas liñas

 

Santiago, 12 de agosto de 2015.– A Consellería de Traballo e Benestar vén de asinar un convenio de colaboración con Cáritas Diocesana de Santiago para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais. O departamento autonómico investirá 25.000 euros nun programa de formación, orientación e apoio ás familias monoparentais que, carentes de medios e recursos axeitados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia.

 

Polo tanto, o departamento autonómico contribuirá a sufragar os gastos deste programa que terá lugar no centro de Cáritas de Santiago. Estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade.

 

No ano 2014 o departamento autonómico apoiou o labor de Cáritas en materia de inclusión con máis de 365.000 euros En global, a entidade social recibiu o ano pasado 900.000 euros

a través de distintas liñas que inclúen o concerto de prazas para menores, mantemento de actividades, fomento da inclusión, cursos de formación, plans de cooperación, programas de xuventude e voluntariado, e o convenio de apoio ás familias monoparentais. A axuda a este entidade incrementouse nos últimos tres anos, pasando de 805.000 euros en 2012 aos 900.000 do ano pasado.

 

Con respecto ao apoio da Xunta ás familias monoparentais, é preciso lembrar que a Lei de Apoio á Familia aprobada polo Parlamento na pasada lexislatura asegurou por primeira vez en Galicia a través dunha normativa a atención a familias con persoas potencialmente vulnerables a cargo, outorgándose unha especial consideración ás familias monoparentais.

 

As familias monoparentais teñen un trato preferente nos eidos educativo e formativo (acceso ás escolas infantís e cursos de formación ocupacional, bolsas, axudas para libros e materiais, matrícula universitaria); da vivenda; transporte público; lecer, tempo libre e cultura; novas tecnoloxías e no tributario (axudas fiscais).

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: