BENESTAR DIAGNOSTICA AS NECESIDADES EN MATERIA DE NOVAS TECNOLOXÍAS NOS CENTROS DE MAIORES E DE DISCAPACIDADE

  • A conselleira de Traballo e Benestar vén de realizar un estudo no que participaron os 23 centros propios prestadores de de servizos para persoas maiores e persoas con discapacidade
  • As conclusións puxeron de manifesto que os tres aspectos fundamentais teñen que ver coa seguridade dos usuarios, o desenvolvemento de actividades e o confort
  • O estudo analiza posibles solucións para dar resposta a cada unha das inquedanzas detectadas, tales como o uso de tecnoloxías non intrusivas de detección de proximidade, ou o seguimento e localización para o control da circulación de usuarios en tempo real, entre outras

 

Santiago, 13 de agosto de 2015.– A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social, vén de realizar un estudo por medio do cal se diagnosticaron as necesidades en materia de novas tecnoloxías nos centros de titularidade e xestión propia da Xunta de Galicia que prestan servizos destinados, tanto a persoas maiores, como a persoas con discapacidade.

 

Trátase dun estudo que se levou a cabo a través do Instituto Tecnolóxico de Galicia e no que se contou coa participación de todos e cada un dos centros prestadores de servizos para persoas maiores e persoas con discapacidade que xestiona directamente o departamento autonómico, un total de 23.

 

O diagnóstico tivo por finalidade a análise das necesidades existentes na prestación do servizo, que sexan susceptibles dunha solución ou  mellora a través das novas tecnoloxías, incidindo en aspectos relacionados coa vixilancia dos usuarios, control de errantes, accesibilidade, mellora na resposta e na atención directa.

 

As conclusións do estudo, que tiveron en conta a opinión e perspectiva de cada centro, puxeron de manifesto que os tres aspectos fundamentais teñen que ver coa seguridade dos usuarios en cuestións como a localización de errantes, control de visitas externas, control de habitacións e control nocturno; o desenvolvemento de actividades como a lavandería, dispensación de medicacións ou o control de constantes vitais; e o confort, tanto en zonas comúns como en zonas privadas.

 

O estudo analiza posibles solucións para dar resposta a cada unha das inquedanzas detectadas, tales como o uso de tecnoloxías non intrusivas de detección de proximidade, seguimento e localización para o control da circulación de usuarios en tempo real, sistemas sensoriais para a detección de condicións anómalas de temperatura ou de ruídos, tecnoloxías de comunicación entre traballadores, ou sistemas de recoñecemento de imaxe e control de constantes para o desenvolvemento dun programa personalizado, entre outras

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: