Novas de Agosto en Matapadre | Malandrómeda, Bala, Puma Pumku, Guerrera, Esquelas…

O disco de debut de Bala chegará á túa tenda e plataforma de streaming preferida o próximo 14 de setembro. Como sabes, Human Flesh é o seu nome e está a levantar unha gran expectación.

 

Ademais poderás escoitar un adianto completo do disco a semana anterior, o 7 de setembro, na páxina web de Rockdelux.

 

05.09 Festival Osa do Mar Burela Evento Tickets
11.09 WOSINC Santiago de Compostela Evento Tickets
02.10 Festiblas Lugo
Non hai vacacións para Puma Pumku: este verán están a pasear o seu rock sicodélico por todos lados, e aproveitando entre festival e festival para compoñer, matizar e retocar os temas do seu próximo disco, que agardamos con inquietude para o ano que ven.

Polo momento podes gozar do seu directo que xa é unha garantía. Consulta as súas próximas datas:

 

15.08 Puma Pumku SonicBlast Moledo Moledo do Minho (PT) Evento Tickets
05.09 Puma Pumku Arteficial Ribadavia Evento
10.09 Puma Pumku Presentación ZSF/WOSINC · Moby Dick Madrid
11.09 Puma Pumku Zaragoza Psych Fest · CSA Las Armas Zaragoza Evento Tickets
18.09 Puma Pumku Xiriapop Carballo Evento
unnamedHevi e O Master do Son veñen de preparar ata 21 temas repartidos en dous LPs que farán historia no underground galaico e estatal. Os Corenta e Oito Nomes do Inimigo (Matapadre, 2015) e Cada Can Que Lamba O Seu Carallo (Matapadre, 2015) son unha colección de hits colindantes y herdados do rap, pero sen ningún complexo para explorar e mesturar estilos e xéneros.
Moi pronto anunciaremos novas sobre este dobre lanzamento que está a revolucionar a oficina de Matapadre, e despois de escoitalo a fondo, pensamos que non é para menos.
unnamed (1)Os coruñeses Esquelas son os elixidos, co seu próximo Temblores Arcanos, para inaugurar unha nova serie discográfica dentro de Matapadre. Pronto anunciaremos non só o seu lanzamento e portada senón todas as novas sobre este novo camiño cara o máis experimental e arriscado da nosa visión da música contemporánea galega e estatal.
O dúo ven de estrear Un Pozo Lleno de Anzuelos (Bestiarie, 2015), non deixa de recoller boas críticas e pon o listón desta enigmática formación cada vez máis alto. Pronto, máis novas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: