SINSAL 13 PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN DE OUTONO EN VIGO

unnamedO Festival Sinsal volve coa súa programación de outono grazas ao apoio do Excmo. Concello de Vigo.

Unha vez máis chega o Festival Sinsal á súa cita coa cidade de Vigo, unha unión que dura xa 13 anos e que se cimenta nunha relación privilexiada co público e no apoio imprescindible da administración local. Neste 2015 a programación do festival rematará con catro concertos a cargo de oito artistas que veñen dos Estados Unidos, Inglaterra, Colombia, Nova Zelandia, Alemaña e España.

Como xa se vén indicando dende hai anos, o Festival Sinsal acadou xa un altísimo grao de identificación coa súa cidade, sendo recoñecido como unha peza importante do seu tecido cultural no ámbito da música. Os últimos cinco ou seis anos asistimos a un replantexamento das políticas culturais motivado principalmente pola crise económica, sen embargo o Festival Sinsal resiste grazas ao apoio do Concello de Vigo e dos seus patrocinadores, culpables todos eles de que un evento destas características se mateña no tempo e estea xa a piques de cumprir os trece anos de existencia.

O Excmo. Alcalde da cidade de Vigo destacou o carácter integrador do Festival Sinsal e invitou á cidadanía a sumarse á súa proposta. Julio Gómez, codirector do festival, quixo agradecer o apoio do concello nestes anos complexos para manter unha programación musical de calidade en Vigo. Fixo fincapé tamén na importancia que para o festival está a ter a súa sección Sinsal Anecoico, que contou este ano con tres intervencións na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e que aglutinou ás propostas musicais locais dentro do Festival Sinsal 13. Sinalou tamén a importancia que terán as mulleres nesta programación de Outono, copando máis do 50% do cartel e xogando para amosar a importancia do seu papel na música contemporánea.

O presuposto do Festival Sinsal 13 será de 18.000€, dos que 10.000€ proveñen do acordo co Concello de Vigo e o resto dos diferentes parocinadores e da venda de entradas. Unha vez remate este Festival Sinsal 13 será o momento de comezar un ano máis a traballar na seguinte edición, no que será o Festival Sinsal 14.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: