A REAPERTURA DA PISCINA MUNICIPAL DO PORRIÑO ATRÁSASE AO 14 DE SETEMBRO

A REAPERTURA DA PISCINA MUNICIPAL DO PORRIÑO ATRÁSASE AO 14 DE SETEMBRO

Complicacións imprevistas nas obras de mellora para paliar as deficiencias ocasionadas pola falta de mantemento impiden a reapertura da piscina o 1 de setembro, tal e como estaba previsto inicialmente.

O Porriño, luns 31 de agosto.- Durante o mes de agosto o Concello do Porriño iniciou obras urxentes na piscina municipal co fin de paliar as graves deficiencias ocasionadas pola falta de mantemento das instalacións durante os últimos anos. Baixo os vasos da piscina localizáronse numerosos puntos de filtración e de entrada de auga. De feito a forma dos restos e residuos existentes, con presenza de estalactitas e estalagmitas, indican que as filtracións que as orixinaron tiñan varios anos de antigüidade.

 

As obras que se están a realizar consisten na impermeabilización da piscina para evitar danos tanto na estrutura como na maquinaria das instalacións, e están presupostadas en 44.000 euros. No transcurso da devandita reforma apareceron complicacións técnicas imprevistas que impiden iniciar a actividade con normalidade o 1 de setembro como estaba previsto inicialmente.

 

A reapertura da piscina municipal atrásase ao próximo 14 de setembro co fin de que os usuarios poidan desfrutar dunhas instalacións en perfecto estado de acondicionamento e mantemento.   A partir do día 1 de setembro a recepción abrirá no seu horario habitual para ofrecer toda a información dispoñible aos interesados.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: