Convocatoria denuncia novo hospital Vigo.

a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública presentará unhadenuncia ante a Comisión Europea o vindeiro mércores día 2 de agosto por presunto incumprimento do Dereito Comunitario do Reino de España na persoa do Goberno da Xunta de Galiza en relación á licitación da concesión administrativa donovo hospital de Vigo.

Na mesma ínstase á Administración incumpridora a resolver a concesión e proceder ao seu rescate á empresa concesionaria.

O envío da denuncia á Comisión Europea realizarase na Oficina Central de Correos de Vigo, na praza de Compostela, co acompañamento dos membros da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo (SOS Sanidade Pública) e da Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Vigo (Chuvi).

Para responder ás preguntas dos xornalistas, os representantes da Asociación e o avogado Antón Beiras (representante da mesma) convocan unha rolda de prensa este mércores ás 12.00 horas nas portas desta oficina de Correos (Praza de Compostela, 3, Vigo).

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: