GALICIA PECHA AGOSTO CON 213.732 PERSOAS DESEMPREGADAS, 2.639 MENOS QUE O MES PASADO, O QUE SUPÓN UNHA BAIXADA DO 1,22%

  • A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, destacou que Galicia é este mes a Comunidade de todo o Estado onde máis baixa o paro rexistrado en termos absolutos
  • Galicia rexistrou o maior descenso interanual en termos absolutos dun mes de agosto de toda a serie histórica
  • Con esta evolución interanual, xa se acumulan vinte e dous diminucións consecutivas
  • Galicia é a terceira rexión onde máis baixa o paro rexistrado en termos relativos
  • A Comunidade autónoma supera a media estatal tanto en termos interanuais e intermensuais
  • O número de desempregados galegos descende este mes en todas as provincias e en todos os sectores económicos

 

Santiago, 2 de setembro de 2015.- O paro descendeu en Galicia no mes de agosto en 2.639 persoas con respecto ao mes anterior, o que en termos porcentuais se traduce nun -1,22 por cento, unha porcentaxe que supera á media estatal tanto en termos interanuais e intermensuais. Deste xeito, o número de inscritos nas oficinas de emprego sitúase actualmente nas 213.732 persoas.

 

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, explicou hoxe que este é o sétimo descenso mensual consecutivo no que vai de 2015, “e o segundo ano consecutivo no que se consegue reducir o paro rexistrado nun mes de agosto en termos interanuais”.

 

Díaz resaltou que Galicia é a Comunidade autónoma de todo o Estado na que máis baixou o paro este mes en termos absolutos e a terceira rexión en termos relativos.

 

Precisamente, a responsable autonómica tamén puxo en valor a evolución interanual, cunha diminución do -9,79% (-23.207 persoas). Así, resaltou que se rexistrou a maior baixada interanual en termos absolutos dun mes de agosto de toda a serie histórica (estatísticas desde 1996).

 

Ademais, con este descenso, xa se acumulan vinte e dous baixadas interanuais consecutivas desde novembro de 2013. Grazas a este comportamento, Galicia volve a niveis de paro inferiores aos que existían en 2011, isto é, o desemprego volve a niveis de hai catro anos.

 

En España, o desemprego subiu en 21.679 persoas, un 0,54 por cento, ata situarse nos 4.067.955 parados. Deste xeito, Galicia, con respecto á media estatal, presenta un mellor comportamento, superando en 1,66 puntos a variación interanual do conxunto estatal. Tamén presenta un comportamento máis favorable en termos intermensuais, 1,76 puntos por riba.

 

O desemprego descende en todos os sectores económicos. A principal diminución rexístrase no sector servizos (-1.498) en termos absolutos, aínda que en termos relativos a maior baixada é a do sector da construción (-1,87%). En termos absolutos, a continuación dos servizos, sitúase a construción (-504), a industria (-324), o colectivo sen emprego anterior (-179), e a agricultura e a pesca (-134).

 

Por provincias, o desemprego baixou en todas elas, especialmente na Coruña (-933), seguida por Pontevedra (-918), Ourense (-544), e Lugo (-244).

 

Na evolución dos contratos, o número, en termos interanuais, sube respecto ao mes de agosto do ano 2014. En concreto, en Galicia rexistráronse 3.931 contratos máis, o que supón unha variación porcentual positiva do 5,46 por cento

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: