A XUNTA CREARÁ UN GRUPO DE TRABALLO INTERDEPARTAMENTAL, XUNTO CON ONGS E FEGAMP, PARA COORDINAR A ACOLLIDA DE REFUXIADOS

  • foto1A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Madrid na VIII Conferencia Sectorial da Inmigración, que tivo como principal punto da orde de día a situación de emerxencia que se está producindo a nivel europeo
  • En declaracións posteriores á xuntanza, anunciou a posta en marcha “inmediata” desta nova medida, na que participarán os departamentos do Goberno galego que estean implicados na atención e integración destas persoas
  • Lembrou que a Xunta está ultimando un Plan de actuación, que coordinará e unificará os recursos autonómicos e locais

 

Madrid, 8 de setembro de 2015.– A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe en Madrid na VIII Conferencia sectorial da inmigración, onde o principal punto da orde do día foi a situación de emerxencia dos refuxiados que se está producindo a nivel europeo.

 

A este respecto, amosou a “absoluta colaboración” do Goberno galego para a acollida destas persoas e anunciou a creación inmediata dun grupo de traballo interdepartamental no seo da Xunta de Galicia, no que tamén participarán as ONGs e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), co fin de unificar os recursos e servizos dispoñibles nos distintos departamentos autonómicos, así como os pertencentes ás entidades sociais e locais.

 

Todo este traballo plasmarase no Plan de actuación que está ultimando o Goberno galego, e que terá como obxectivo non só acoller, senón tamén “integrar” a estas persoas logo da súa chegada. Neste documento, incluiranse os recursos dispoñibles por parte da Xunta de Galicia, así como os ofrecidos por administracións locais e ONGs, co fin de facilitar unha resposta “coordinada, coherente e de acordo ás necesidades reais destas persoas”.

 

A conselleira eloxiou a reacción anticipada do Goberno central ao convocar esta xuntanza, á espera de que o próximo día 14 se produza en Bruxelas a reunión dos Ministros do Interior.  “Creo que son importantes todos os avances e pasos á fronte que poidamos dar desde xa para atallar esta crise e para reforzar os mecanismos cos que xa contamos, e que sempre funcionaron, para atender a todas estas persoas como merecen”, subliñou.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: