A XUNTA INFORMA A PONTEAREAS DO INCREMENTO DE SERVIZOS DE TRANSPORTE INTERURBANO CARA AO NOVO HOSPITAL DE VIGO

A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, explicoulle ao rexedor que o Concello pasará das catro frecuencias  diarias actuais a 13

  • De Lucas lembra que a maiores das frecuencias directas, o aumento das conexións co Álvaro Cunqueiro pasa tamén pola coordinación co autobús urbano que xestiona o Concello de Vigo
  • Engade que a Xunta está a traballar nun estudo para a mellora da penetración das liñas de transporte interurbano na cidade, que pode mellorar tamén as conexións coas liñas de autobús urbano ao  hospital
  • A directora xeral tamén ofreceu ao alcalde de Ponteareas a xestión municipal da estación de autobuses e, ante o rexeitamento desta opción, avanzou que se rematarán os pregos para a licitación desde a Xunta proximamente

 

Santiago, 9 de setembro de 2015.- Ponteareas é un dos 20 concellos da área de Vigo que estarán conectados co novo hospital Álvaro Cunqueiro  mediante liñas directas de autobús. Ponteareas conta con servizos dende o mes de Xullo, que se ampliarán nas vindeiras semanas unha vez entre en funcionamento as novas liñas da compañía E. Rául, que suporá pasar de catro frecuencias diarias a 13 de ida e volta.

 

Ademais, segundo informou hoxe a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, durante unha reunión mantida co alcalde de Ponteareas, Xosé Represas,  a Xunta está a contratar un estudo para a mellora da penetración das liñas de transporte interurbano na cidade de Vigo, cuxa implantación suporá unha auténtica revolución do transporte para os veciños de Vigo ao permitirlles acceder ata o centro da cidade en lugar de ata a estación. Esta conexión sería positiva tamén para os transbordos cara ao hospital, ao poder identificarse puntos de parada de bus interurbano que proporcionen unha conexión óptima co urbano.

 

A directora informou tamén ao alcalde do Sistema de Axuda á Explotación (SAE) que estará implantado en todas as liñas en 2016 e que permitirá coñecer mellor a oferta de servizos e planificar as viaxes e transbordos.

 

De Lucas recordou que, en termos xerais, a mellora das conexións ao hospital pasa por unha boa coordinación co urbano, para o que a Xunta aposta pola cooperación co Concello de Vigo para adaptar as frecuencias e paradas do Vitrasa ás liñas interurbanas..

 

Así, en Helena de Lucas explicou que os servizos directos teñen que complementarse con servizos con transbordo ao transporte urbano, o que pasa por un incremento de frecuencias do Vitrasa dende a Estación de Autobuses.

 

Durante a reunión a directora xeral manifestou tamén a aposta do Goberno galego pola extensión do Plan de Transporte Metropolitano a novos concellos, se ben explicou que a incorporación cada novo integrante precisa dun estudo de implantación detallado, cuxa elaboración require tempo.

 

Por último, durante a reunión, a directora xeral tamén lle ofreceu ao alcalde de Ponteareas a cesión para a xestión municipal da estación de autobuses e, ante o ante o rexeitamento desta opción, avanzou que se axilizará unha nova licitación desde a Xunta.

 

A licitación da estación quedara deserta no pasado, polo que estanse a revisar os pregos para volver a licitala antes de que remate este ano.

 

O alcalde de Ponteareas manifestou a súa vontade de pechar a estación a finais do ano de non ter ningunha empresa interesada na súa xestión.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: