A XUNTA REITERA QUE O ÁLVARO CUNQUEIRO SERÁ O HOSPITAL CON MAIOR CONEXIÓN DIRECTA POR TRANSPORTE INTERURBANO DAS ÁREAS SANITARIAS GALEGAS

  • Son A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Vigo, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Arbo, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Salvaterra de Miño e Salceda
  • As empresas que prestarán servizos nestes municipios son Melytour, ATSA, Autos González, Empresa Raúl, Autoindustrial e Empresa Ojea
  • De Lucas precisa que ademais destes servizos, algúns concellos dependentes do centro Povisa tamén teñen (como Gondomar) ou van ter conexións directas ao Álvaro Cunqueiro
  • Explica que no relativo ao transporte ao Morrazo, Transportes La Unión ten presentada unha proposta de servizos o pasado xoves 3 que se está a analizar e permitiría conexións directas dende Cangas e Moaña ata o novo hospital
  • Indica que se consideran imprescindibles a chegada do Vitrasa ao Porto e o incremento de frecuencias de Vitrasa dende a estación de autobuses, xa que agora o Vitrasa só presta un servizo á hora
  • A directora de Mobilidade manifesta que a Xunta comunicouse con todos os concellos afectados polas modificacións dos contratos, dos que apuntou que algúns se interesaron polos servizos, pero outros, que agora protestan, nin analizaron a proposta

 

Santiago, 10 de setembro de 2015.- A Xunta reitera que o Álvaro Cunqueiro será o hospital con maior conexión directa por transporte interurbano das áreas sanitarias galegas. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, destacou hoxe na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia que 20 concellos desta área terán enlace directo con frecuencias diarias ampliadas ao novo hospital.

 

Helena de Lucas precisou que ademais destes servizos, algúns concellos dependentes do centro Povisa tamén teñen ou van ter conexións directas ao Álvaro Cunqueiro.

 

De Lucas indicou que no que respecta ao transporte ao novo hospital, a Xunta leva meses a traballar coas empresas de transporte da zona para a planificación dos servizos interurbanos e tentando contactar co concello de Vigo para a coordinación de liñas.

 

A directora explicou que o seu departamento comunicouse con cada concello afectado para informar dos contratos que se están a modificar para atender ao hospital, indicándolles que de estar interesados só terían que achegarse polos servizos provinciais ou solicitar a información por e-mail. Neste sentido, manifestou que algúns concellos interesáronse polos servizos, pero outros municipios, que agora protestan, nin sequera se molestaron analizar as propostas.

 

Dende o mes de Xullo, co inicio das consultas médicas, 13 concellos teñen servizos directos ao novo hospital. Trátase de modificacións dos contratos de transporte de catro empresas: Melytour, ATSA, Empresa Ojea e Autoindustrial, que prestan servizos á Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e Arbo.

 

No mes de agosto a Xunta deu audiencia aos concellos afectados por dúas modificacións de contratos máis, de Autos González e Empresa Raúl, que por unha banda darán cobertura a sete concellos máis e por outra ampliarán os servizos nalgúns municipios que xa teñen servizos dende xullo.

 

Empresa Raúl operará no Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e A Cañiza e reforzará servizos en Ponteareas, As Neves, O Porriño, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas e Mos. Deste xeito, Mos contará con servizos dende parroquias como Petelos, Vaquero, Porteliña ou Tameiga. Os concellos de Salvaterra do Miño e Salceda de Caselas agora só contan con servizos dende parroquias como Cerquido ou Leirado e pasarán a contar con servizos dende o núcleo.

 

Polo que respecta aos novos tráficos de Autos González darán servizo aos concellos de Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. Neste caso trátase de concellos que non tiñan agora mesmo conexións directas co hospital do Meixoeiro. Concluída a tramitación, poderán comenzarse a prestar estes servizos neste mes de setembro.

 

De Lucas explicou que no relativo ao transporte ao Morrazo, Transportes La Unión ten presentada unha proposta de servizos o pasado xoves 3 que estase a analizar e permitiría conexións directas dende Cangas e Moaña ata o novo hospital.

 

Coordinación co urbano

Por outra parte, a directora sinalou que a mellora das conexións ao hospital pasa tamén por unha mellor coordinación co urbano. Neste sentido, engadiu que os servizos directos teñen que complementarse con transbordos ao transporte urbano e matizou que, de entrar o concello de Vigo no plan de transporte metropolitano estes transbordos serían subvencionados ao 100% pola Xunta.

Helena de Lucas indicou que se consideran imprescindibles a chegada do Vitrasa ao Porto e o incremento de frecuencias de Vitrasa dende a estación de autobuses, xa que agora o Vitrasa só presta un servizo á hora.

En paralelo, para mellorar a conectividade dos concellos a Xunta está a contratar un estudo para a mellora da penetración das liñas de transporte interurbano na cidade de Vigo, cuxa implantación suporá unha auténtica revolución do transporte para os veciños de Vigo, xa que poderán acceder ao centro en lugar de ter que transbordar na estación de autobuses, que ata o seu traslado a Urzáiz atópase alonxada do centro.

No seguinte cadro, indícanse as frecuencias das liñas de autobús que conectarán os concellos da área sanitaria de Vigo co novo hospital.

ÁREA DE REFERENCIA OFERTA HOSPITAL. Concello Autorizados en Xullo

Idas/voltas

A autorizar en setembro idas/voltas Empresas
ÁREA DE REFERENCIA DO CHUVI Mos 10/10 Alto de Puxeiros. + alguna por núcleos. 21/16 Puxeiros+12/8 Parr. Ojea, ATSA, Autoindustrial,  Melytour, E. Raúl
O Porriño 10/10 cent + algunha por núcleos. 21/17 Ojea, ATSA, Autoindustrial, Melytour, E. Raúl
Tui 6/6 ATSA   ATSA, Melytour
Ponteareas 4/4 9/8 Ojea, Autoindustrial, E. Raúl
As Neves 2/3 3/3 Ojea, E. Raúl
A Guarda 6/6   ATSA
O Rosal 6/6 (Tabagón) +1/1 cent   ATSA, Melytour
Tomiño 6/6   ATSA
Crecente 2/1   Ojea
Arbo 2/2   Ojea
Redondela   4/4  
Pazos de Borbén   2/2  
Fornelos de Montes   2/2 A. González
Mondariz   5/5 centro+2/2 Meirol E. Raúl
Mondariz Balneario   5/5 E. Raúl
O Covelo   2/2 E. Raúl
Salceda de Caselas 5/5 parroquias 6/4 centro ATSA, E. Raúl
A Cañiza 0/2 2/2 Ojea, E. Raúl
Salvaterra de Miño 2/3 parroquias 7/4 centro Ojea, E. Raúl
Oia Servizos de ATSA conectan en Praza América co urbano
ÁREA DE REFERENCIA POVISA Cangas Tramitación iniciada semana pasada    
Moaña Tramitación iniciada semana pasada    
Gondomar 12/15   Melytour
Baiona Servizos de ATSA conectan en Praza América co urbano
Nigrán Servizos de ATSA conectan en Praza América co urbano
 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: