BENESTAR CONTARÁ CON 155 NOVOS POSTOS DE TRABALLO NOS SEUS CENTROS

  • A secretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar respostou hoxe a unha pregunta na Comisión V do Parlamento na que explicou que mais do 50% destes empregos serán de atención directa
  • Lorenzana indicou que as novas carteleiras, que se negociarán durante o último trimestre deste ano, mellorarán substancialmente as condicións dos traballadores
  • Neste sentido, a proposta da Xunta permitirá que as quendas vexan reducidas as xornadas consecutivas de traballo a un máximo de 5; que polo menos a metade das libranzas semanais coincidan en fin de semana; e que o descanso se vexa incrementado nunha media de 12 días ao ano

 

Santiago, 10 de setembro de 2015.- A Consellería de Traballo e Benestar publicou unha modificación da súa Relación de Postos de Traballo (RPT) que inclúe a creación de 155 novos postos nos centros de Benestar para o ano 2016.

 

Así o indicou hoxe a secretaria xeral técnica da Consellería, María Jesús Lorenzana, en resposta a unha pregunta na Comisión V no Parlamento de Galicia, na que explicou que máis do 50% destes empregos serán de atención directa. Lorenzana indicou que as novas carteleiras, que se negociarán durante o último trimestre deste ano cos comités de empresa en cada provincia, contemplarán quendas de traballo distintas as de anos anteriores, e que mellorarán substancialmente as condicións laborais dos traballadores.

 

Neste sentido, permitirán que as quendas vexan reducidas as xornadas consecutivas de traballo a un máximo de 5; que polo menos a metade das libranzas semanais coincidan en fin de semana; e que o descanso se vexa incrementado nunha media de 12 días ao ano.

 

María Jesús Lorenzana engadiu que estes postos permitirán garantir unha “substancial mellora” das condicións de traballo dos empregados grazas a que esta Administración conta cun escenario orzamentario que o permite.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: