Chegan ao Reperkusión os Che Sudaka, referentes internacionais da mestizaxe musical

be10pca7iMZt8mtt_Sl9omxHk4b1GQZBA-c3USHbPphbMVgOs bosnios Dubioza Kolectiv presentan mañá no festival en absoluta primicia o seu novo disco, que sairá á rúa a finais de setembro.  Completan a programación nocturna deste sábado os valencianos La Trocamba Matanusca, os locais Maskarpone e os Chotokoeu, galegos con futuro planetario.  Ademais, convocatoria da primeira gran kazurrada colectiva, nova edición da Empolada, concerto de Crespo no Dub Corner, sesión vermú con Ménage à trois, obradoiros de circo e malabares… Ourense, 11 de setembro de 2015.- Os Che Sudaka, dous irmáns arxentinos, Leo e Kachafaz, e os seus dous compañeiros colombianos, Cheko e Jota, chegan mañá ao Festival Reperkusión co seu sexto álbum de estudio, Hoy, debaixo do brazo e cun berro na recámara: Arriba la vaina hasta k choke china con África!!! Referentes internacionais da música mestiza, déronse a coñecer en 2002 e dende entón continúan espallando con éxito a súa fusión de cumbia, ska, punk e letras reivindicativas, con base de operacións en Barcelona. Estes catro músicos sudamericanos, que viviron na súa propia pel a dura vida do inmigrante sen papeis, foron invitados a festivais musicais en corenta países e defenderon as súas letras -que derruban fronteiras culturais, ideolóxicas e físicas- nun milleiro e medio de concertos por todo o mundo. Os Che Sudaka daranlle paso a Dubioza Kolektiv, banda de Bosnia Herzegovina coñecida pola súa mirada fresca sobre o hip-hop, o reggae, o dub, o rock e o folclore balcánico. Hai dous anos xa fixeran vibrar o público do Reperkusión coa súa personalísima mestura de estilos e agora veñen presentar en absoluta primicia o seu novo disco, que sairá á rúa a finais de setembro. O grupo naceu en 2003 da necesidade de expresar musicalmente a complexidade da sociedade bosnia e de amosarlle ao resto do mundo que a vida nos Balcáns vai máis alá dos estereotipos que recollen os medios. Agora xa é unha das formacións máis populares de Europa do Leste, líderes na loita social para o cambio dende os escenarios. Completan o programa nocturno do segundo día do festival o directo frenético con aires balcánicos dos valencianos La Trocamba Matanusca; a saborosa mestura de ska e reggae dos locais Maskarpone; e o balkan, rock, swing e drum&bass dos Chotokoeu, unha banda galega con futuro planetario.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: