Comunicado comités empresa Vodafone Vigo e A Coruña.

Os Comités de Empresa de Pontevedra e da Coruña en Vodafone España S.A.U., por acordo unánime dos seus membros, queren expresar a súa preocupación polo impacto que vai ter no emprego o Procedemento de Despedimento Colectivo (ERE) que esta compañía pretende levar a cabo.

 

Na primeira reunión do período de consultas, celebrada en Madrid o día 1 de setembro, a empresa manifestou a súa intención de despedir a 492 persoas, o que representa o 13,1% das 3.752 que actualmente traballan nesta compañía no conxunto do Estado, 193 delas en Galicia:

 

ERE 2015 Total España Vigo A Coruña Ourense Lugo Galicia
Empregados/as 3.752 127 64 1 1 193
Despedimentos previstos 492          

 

O procedemento levarase a cabo, afirman, como consecuencia da concurrencia de causas económicas, produtivas e organizativas, e está influído pola adquisición en xullo de 2014 do Grupo Corporativo ONO, empresa na que tamén se iniciou un ERE nese mesmo día, pero que non ten persoal en Galicia.

 

Esta sería a segunda ocasión na que Vodafone executaría un despedimento colectivo nos últimos anos, xa que en febreiro de 2013 aplicou un ERE que afectou (entre despedimentos, externalizacións, e modificacións substanciais das condicións de traballo) a 902 persoas, 56 delas en Galicia, como se pode ver na táboa seguinte:

 

ERE 2013 Vigo A Coruña Ourense Lugo Galicia
Empregados/as 145 82 3 2 232
Afectación total 28 23 4 1 56
Despedimentos 22 11      
Externalizacións 3 4      
Modificación condicións de traballo 3 6      
Prexubilacións   2      

 

Con anterioridade, xa se adoptaran medidas que reducían o salario de todo o cadro de persoal:

  • Suspensión temporal do contrato (ERTE) durante 2 semanas entre xuño e setembro de 2012.
  • Redución do cobro de pagas variables e incentivos entre un 4 e un 10% durante o ano fiscal que ía de abril de 2012 a marzo de 2013.
  • Redución voluntaria da xornada durante o citado ano fiscal.

 

Esta continua redución do emprego , ademais de ser socialmente irresponsable nunha empresa que ten beneficios, é contraproducente. O ERE do 2013 puxo en evidencia dúas cousas:

  • Que se reduciu tanto o persoal que a carga de traballo era inasumible polas persoas que quedaban, e por iso a empresa contratou 300 persoas dende entón.
  • Coa externalización de determinadas tarefas de valor, a calidade do traballo é menor.

Co novo ERE presentado en 2015, o único que se vai conseguir é agravar os efectos do anterior.

 

Por todo isto, os Comités de Empresa de Galicia pedimos á dirección de Vodafone que rectifique e que busque outras vías máis xustas e eficaces de mellorar os resultados económicos da empresa. Os sindicatos representandos nestes Comités, pola súa banda, están planificando accións conxuntas de protesta encamiñadas a deter este despedimento colectivo, que se comunicarán en canto se confirmen as datas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: