MÁIS DE 400 MOZOS E MOZAS GALEGOS REALIZAN ESTADÍAS EN EMPRESAS QUE LLES AXUDARÁN A DECIDIR O SEU FUTURO PERFIL PROFESIONAL

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe aos participantes deste programa en dúas empresas de Curtis (A Coruña)
  • O departamento autonómico está a facer fincapé na experiencias de educación non formal como demostra o aumento dun 25% no seu orzamento, que en 2015 alcanzará os 2,5 millóns de euros e superará os 4.000 beneficiarios
  • Ademais, publicouse un Decreto que regula a expedición de certificacións oficiais das experiencias, competencias e habilidades adquiridas a través destas actuacións

 

Curtis (A Coruña), 11 de setembro de 2015.- Máis de 400 mozos e mozas de entre 14 e 18 anos están a realizar estadías en empresas no marco do programa ‘Deseñando o teu futuro’, que lles aproxima á realidade laboral en diferentes profesións e especialidades para axudarlles a descubrir a súa vocación profesional. Trátase dunha iniciativa posta en marcha de forma piloto o pasado ano e que en 2015 se consolida cun orzamento de 65.000 euros.

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe aos participantes deste programa en dúas empresas de Curtis (A Coruña): Seat Automoción Teixeiro e Madeiras Industrias Losan. Nesta localidade tamén colaboran con este programa as empresas Palets Cervelo, Sergrauto servizo oficial Opel,  Carpintería Cándido, e Dual ST, que forman parte das 150 participantes de todo o programa en Galicia.

 

Mato explicou que, “a través das estancias titorizadas en empresas que propón ‘Deseñando o teu futuro’, os mozos e mozas achéganse ao día a día dun traballo, aos profesionais que o realizan, e ás esixencias e oportunidades que ofrece cada emprego”. As estancias que forman parte deste proxecto pioneiro en España contan cunha duración mínima de cinco días e máxima de quince.

 

A responsable de Benestar apuntou que “se trata dunha experiencia de educación non formal que permite o desenvolvemento e crecemento persoal dos mozos; fomenta a súa iniciativa, a toma de decisións e a responsabilidade que supón calquera posto de traballo; e, ao mesmo tempo, mellora o currículum e contribúe á aumentar a súa empregabilidade”.

 

O departamento autonómico está a facer fincapé na experiencias de educación non formal e en todos aqueles programas que melloren a empregabilidade dos mozos, tal e como demostra o aumento dun 25% no orzamento destinado a este fin, que en 2015 alcanzarán os 2,5 millóns de euros e superarán os 4.000 beneficiarios, un 53% mais que en 2014.

 

Ademais, publicouse un Decreto que regula a expedición de certificacións oficiais das experiencias, competencias e habilidades adquiridas en todos estes programas de educación non formal, de forma análoga ao que se vén facendo en materia de voluntariado. Isto ten convertido á Xunta na primeira administración de todo o Estado que valida de forma oficial a participación nestes programas.

 

SAÚDOS, GABINETE DE CO

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: