A POLICIA LOCAL DETÉN A UN CONDUTOR TEMERARIO -Concello O Porriño

 

la fotoFoi localizado en Cans, tras provocar un accidente por condución temeraria na rúa Tranvía  

Efectivos da Policia Local detiveron na mañá do venres ao condutor dun vehículo que se deu á fuga tras provocar un accidente na Rúa Tranvía 1, como consecuencia de manobras de condución temerarias. O vehículo e o seu condutor, J.E.G de 20 anos e veciño de Mos, foron localizados na zona de Cans.
Sobre as 8 da mañá do venres a central da Policia Local do Porriño recibiu varias chamadas de veciños das rúas Enrique Peinador e Tranvía alertando de que un vehículo de cor vermella, tipo rancheira, realizaba manobras temerarias na zona; causando un accidente ao chocar contra dous vehículos estacionados na rúa Tranvía e dándose á fuga.
Tras realizar unha batida, efectivos da Policia Local localizaron ao vehículo e ao seu condutor na zona de Cans. Instrúense dilixencias xudiciais imputando ao condutor un presunto delito contra a seguridade vial, tanto polos feitos como por dar positivo no control de alcoholemia.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: