Expectación no Reper pola música balcánica sen estereotipos dos bosnios Dubioza Kolektiv, que presentan en primicia no festival o seu último disco

  • Dakidarria Trashtucada2Chegou a Bemposta o día da gran Kazurrada, unha charanga colectiva comandada por Cé Orquestra Pantasma.  O festival repite hoxe a Empolada, a experiencia máis salvaxe da historia do festival, na que se elixirán os Reis Polo desta edición nunha cerimonia dirixida polo Leo i Arremecághona. Ourense, 12 de setembro de 2015.- Hoxe aterra no festival Reparkusión os bosnios Dubioza Kolektiv, unha das bandas máis esperadas desta edición, coñecida pola súa mirada fresca sobre o hip-hop, o reggae, o dub, o rock e o folclore balcánico. Hai dous anos xa fixeran vibrar o público do Reperkusión coa súa personalísima mestura de estilos e agora veñen presentar en absoluta primicia o seu novo disco, que sairá á rúa a finais de setembro. O grupo naceu en 2003 da necesidade de expresar musicalmente a complexidade da sociedade bosnia e de amosarlle ao resto do mundo que a vida nos Balcáns vai máis alá dos estereotipos que recollen os medios. Agora xa é unha das formacións máis populares de Europa do Leste, líderes na loita social para o cambio dende os escenarios. Ademais, no escenario principal os Che Sudaka tocarán esta noite os temas do seu sexto álbum de estudio, Hoy, cun berro na recámara: Arriba la vaina hasta k choke china con África!!! Referentes internacionais da música mestiza, déronse a coñecer en 2002 e dende entón continúan espallando con éxito a súa fusión de cumbia, ska, punk e letras reivindicativas. Completan o programa nocturno do segundo día do festival o directo frenético con aires balcánicos dos valencianos La Trocamba Matanusca; a saborosa mestura de ska e reggae dos locais Maskarpone; e o balkan, rock, swing e drum&bass dos Chotokoeu, unha banda galega con futuro planetario. Estrea da gran kazurrada colectiva Por fin chegou á Cidade dos Muchachos de Bemposta o día da primeira gran Kazurrada colectiva, dirixida por Cé Orquestra Pantasma. Pero que é unha kazurrada? Como explica o seu mestre de cerimonias, “non é unha xuntanza de cazurros, senón unha gran charanga kazurro-colectiva”, unha concentración de virtuosos do kazú, que se xuntan hoxe no festival para facer unha actuación conxunta. A convocatoria está aberta a todos os asistentes ao festival e prevista para a tardiña, a iso das 20:00h. O Cé Orquestra Pantasma ten preparado un repertorio minuciosamente escollido para a ocasión, unha recompilación dos temas máis populares nos ambientes festeiros galegos, entre os que están o “Likor do negro café” de Lamatumbá, o “Ghai ghai” de Chouteira, “O tren” de Andrés do Barro, “O cuco cuqueiro” de Suso Vaamonde ou “O carro” de Fuxan os Centos. Detrás deste home orquestra agóchase o músico vigués César Freiría, un intérprete autodidacta e gran amante dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares como A Roda ou a banda de punk Oxtiax ke te Pariu. Segunda Empolada, a experiencia máis salvaxe do festival Tras o éxito do ano pasado, o Reperkusión repite hoxe a Empolada, a experiencia máis salvaxe, lúdica e participativa da historia do festival. Todas as persoas que asistan ao Reperkusión e teñan ganas de refrescarse, de pasalo ben e de converterse en polos por un día poderán participar neste divertido xogo que comezará cunha refrescante batalla de globos, que continuará con 500 quilos de fariña e confeti de plumas. O público elixirá entre os participantes o Rei Polo e a Raíña Pola, nunha cerimonia dirixida polo Leo i Arremecághona. Ademais, concertos de balde e en horas temperá de La Patxaranga, que leva festa e alegría alá onde vai, viaxando polas músicas máis frenéticas do mundo; Ménage à trois, que amenizarán a sesión vermú ás 16:00h., coa súa mestura de de sons procedentes do folk, a bossa, a rumba e o rock; e sesión continua de reggae no Dub Corner a cargo de Máis Lume Kolektiv, con desfile de dj’s especialistas nos ritmos xamaicanos e actuación de Crespo, un cantante que sorprenderá pola súa capacidade mnemotécnica. Horarios Sábado 12 Escenario de día (de balde) 12h00 Obradoiro de malabares 12h00 Obradoiro de risoterapia 16h00 Sesión Vermú con Ménage à Trois 17h30 Empolada 19h00 Crespo. Dub Corner 20h00 Kazurrada No Escenario Principal (Só con entrada)* 22h00 Maskarpone 23h00 Chotokoeu 00h15 Che Sudaka 02h00 Dubioza Kolektiv 03h45 La trocamba Matanusca A partir das 05h30. Fin de festa con Hadri H e Máis Lume Kolektive *Todas as actividades son gratuítas, menos os concertos do Escenario Principal.
Fotos autor, Brais Seara).

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: