Archive | septiembre 16, 2015

Concello do porriño

Rotundo éxito de la 1ª Budiño Raid Terras do LouroBudiñoRaid_prueba

Sport HG Coco en Élite, Marqués de VizhojaCornelios en Aventura y Fran Morais Moreira en Orienta-Raid, fueron los vencedores absolutos de las tres categorías de esta prueba cuya organización ya piensa en su segunda edición.

O CIP RIBEIRA NON TEN SERVIZO DE COMEDOR

 
En relación coa nota de prensa feita pública pola delegación territorial da Xunta en Vigo respecto da situación do comedor do CIP dá Ribeira, o Concello do Porriño vese obrigado a realizar as seguintes puntualizacións:
– O CIP dá Ribeira conta con instalacións de comedor pero non cun servizo de comedor que atenda as necesidades alimentarias do alumnado, como é o caso doutros centros educativos do Concello do Porriño, caso do Antonio Palacios ou o centro escolar de Atios, cuxos comedores son xestionados e subvencionados pola Xunta.

– Respecto das axudas desembolsadas polo Concello á ANPA do CIP Torneiros para a xestión do comedor, o anterior goberno municipal destinou a este fin 3.000 euros para o curso 2014-2015. De feito, a nova corporación municipal está xestionando o pago á ANPA de 600 euros que quedaban pendentes de liquidar da devandita subvención. O custo do servizo de comedor para atender as necesidades alimentarias do alumnado é de aproximadamente 50.000 euros por curso escolar.

– A alcaldesa do Porriño comprometeuse a que o Concello do Porriño asumirá a totalidade do custo anual do comedor escolar para atender adecuadamente as necesidades alimentarias do alumnado do CIP dá Ribeira. O devandito compromiso é o resultado da reunión que Eva García de la Torre mantivo o pasado martes con directivos do centro e responsables da ANPA, que lle trasladaron que as necesidades do centro estaban a ser relegadas pola Xunta de Galicia.

– Respecto dos 5.000 euros investidos fai dous anos en reformas no CIP dá Ribeira, Eva Garcia de la Torre puido comprobar in situ a existencia de goteiras, e a necesidade urxente de abrir un novo acceso que permita ao alumnado esperar ao autobús baixo cuberto. A alcaldesa comprometeuse a resolver de inmediato ditas deficiencias.

– Dende o inicio do seu mandato, Eva García de la Torre fixo gala da súa vontade de colaboración institucional. Dende o pasado mes de xullo, o Concello do Porriño intentou reiteradamente poñerse en contacto co xefe territorial de Educación sen recibir resposta algunha. Neste contexto non parece de recibo falar de colaboración institucional, especialmente cando a única comunicación posible coa delegación territorial de Educación parece ser a establecida a través de comunicado de prensa.

– No entanto, a alcaldesa do Porriño manifesta a súa disposición a reunirse de inmediato con César Pérez para tratar da situación e necesidades do CIP da Ribeira de Torneiros e de todos os centros educativos do municipio.

 

 

Noites de retranca chega a vindeira semana ao Teatro Afundación de Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o vindeiro sábado 26 de setembro unha nova edición do espectáculo Noites de retranca, que contará nesta ocasión con Quico Cadaval, Cándido Pazó e Celso Sanmartín como protagonistas. A representación, na que xa participaron figuras tan coñecidas como Carlos Blanco, Manuel Manquiña, Camila Bossa ou Federico Pérez, entre outros, terá lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 21.00 h. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou no 902 504 500.

MATO MARCA COMO OBXECTIVO PRIORITARIO A ATENCIÓN INTEGRAL DOS REFUXIADOS QUE CHEGUEN A GALICIA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, informou hoxe no Parlamento sobre os pasos que está a dar a Xunta ante a crise humanitaria dos refuxiados
  • Benestar recibiu hoxe o primeiro inventario de recursos locais coordinado pola FEGAMP
  • Paralelamente, a Xunta traballa nun programa de voluntariado que reforzará o traballo do “equipo técnico de profesionais” que dará asistencia a estas persoas

 

Santiago, 16 de setembro de 2015.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, marcou hoxe como obxectivo prioritario a integración social dos refuxiados que cheguen a Galicia “porque non se trata só de acoller, unha fase que é temporal, senón de que se integren plenamente na sociedade”.

 

Así o apuntou ante unha pregunta parlamentaria sobre os pasos que está a dar o Goberno galego ante a crise humanitaria dos refuxiados en Europa. Ao respecto, a titular do departamento autonómico recordou que Galicia ofreceu unha resposta “rápida, seria, solidaria e coordinada”, e que xa leva semanas traballando nun plan propio de acollida, “anticipándonos ás peticións do Goberno central”

 

O primeiro paso que se deu desde o Goberno galego foi a avaliación da dispoñibilidade de recursos propios. Neste sentido, explicou que nestes momentos a Xunta ten 300 prazas en instalacións propias, sexa nas residencias de tempo libre ou en albergues xuvenís dependentes da Xunta, unha cifra que lembrou pode ser “ampliable” en función das necesidades.

 

Así mesmo, contactouse coas ONG’s con experiencia na atención de refuxiados e con presenza en Galicia (ACCEM, Unicef, Cáritas e Cruz Vermella) para contar co seu asesoramento e os recursos humanos e materiais dos que puideran dispoñer para este programa especial, así como coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co fin de coñecer e coordinar os recursos a nivel local.

 

De feito, hoxe mesmo a Fegamp entregou o primeiro inventario de recursos das entidades locais pertencentes a un total de 39 concellos e dúas deputacións (Lugo e A Coruña), un documento no que tamén se fai constar que existe ofrecemento por un maior número de administracións locais, pero que aínda non teñen concretado os recursos cos que contarían.

 

Estas prazas, xunto cas das ONG,s, sumaranse ás de titularidade autonómica no plan de acollida que enviará a Xunta ao Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

 

Todos estes ofrecementos coordinaranse a través do grupo de traballo interdepartamental creado o pasado venres, e no que participan os departamentos de Sanidade, Educación, Benestar, Infraestruturas e Cooperación da Xunta, así como a propia Fegamp e as ONG’s.

 

Nesta xuntanza acordouse elaborar o antes posible un documento común con todos os recursos da comunidade autónoma (da Xunta, de concellos e doutras entidades sociais). En concreto, o obxectivo marcado é remitir este primeiro “mapa” ao Goberno central coa máxima celeridade posible.

 

Mato explicou tamén que, para poñer en marcha na práctica todo este dispositivo de acollida e integración, a Xunta habilitará un equipo técnico de profesionais que dará asistencia técnica aos refuxiados. O seu labor reforzarase a través dun programa de voluntariado, que se está elaborando actualmente e que estará integrado por persoas formadas no acompañamento a desprazados.

 

 

O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS ACADA O DISTINTIVO DA CARTA EUROPEA DE TURISMO SOSTIBLE, SELO DA PROMOCIÓN E CONSERVACIÓN DESTE PATRIMONIO NATURAL

  • Esta acreditación reflicte a vontade dos espazos protexidos, das partes interesadas locais e os representantes do sector turístico de promover o turismo de acordo cos principios do desenvolvemento sostible
  • Desde Conservación da Natureza explícase que este recoñecemento é positivo non só para o parque, senón tamén para as empresas turísticas, xa que destaca a posibilidade de desenvolver novas oportunidades comerciais
  • O grupo de traballo desta candidatura, coordinado pola Consellería de Medio Ambiente, está formado por administracións, representantes de empresas, asociacións e colectivos relacionados co turismo
  • Para cumprir co decálogo de principios da Carta Europea e cos cinco obxectivos estratéxicos os socios promoverán máis de 100 actuacións nos próximos cinco anos, que implicarán a mobilización de case 3 millóns de euros
  • Na actualidade, 107 espazos protexidos europeos están acreditados coa Carta en 13 países, dos que 38 son españois, dous galegos, o Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés e o Parque Natural da Fragas do Eume

 

Santiago, 16 de setembro de 2015.- O Parque Nacional das Illas Atlánticas acada o distintivo da Carta Europea de Turismo Sostible, selo da promoción e conservación deste patrimonio natural. A fundación EUROPARC, entidade xestora deste recoñecemento, vén de comunicarlle ao Parque a consecución deste selo que reflicte a vontade dos espazos protexidos, das partes interesadas locais e os representantes do sector turístico de promover o turismo de acordo cos principios do desenvolvemento sostible.

 

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza remitiu a finais do pasado ano á Fundación EUROPARC, encargada destas validacións, o plan de acción para que o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia acadara a Carta Europa de Turismo Sostible.

 

O grupo de traballo desta candidatura, coordinado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, está formado por administracións, representantes de empresas, asociacións e colectivos relacionados co turismo e a promoción e conservación do patrimonio natural.

 

100 actuacións

Para cumprir co decálogo de principios que se establecen na Carta Europea e cos cinco obxectivos estratéxicos, os socios promoverán máis de 100 actuacións nos próximos cinco anos, que implicarán a mobilización de case 3 millóns de euros.

 

Entre as medidas que se propoñen levar a cabo destacan a realización de talleres de educación ambiental baseados nos produtos da pesca, a creación dun programa de rutas interpretativas, experiencias por cada un dos arquipélagos en varios idiomas, tamén unha ruta turística para o avistamento de especies de aves invernantes e mamíferos mariños no parque.

 

Outras iniciativas propostas son a creación dun centro de interpretación do litoral, potenciar a aula da natureza de Cabo Udra en Bueu, como punto de información e educación ambiental e a adhesión á rede de municipios Rede Terrae.

 

Con este conxunto de actuacións o que se pretende é dar resposta ao obxectivo de fomentar e mellorar a coordinación, a comunicación, a participación e a colaboración de todos os actores implicados na conservación e o desenvolvemento turístico do territorio. Tamén é un reto mellorar o uso e a xestión dos recursos do Parque e a calidade ambiental do territorio para lograr ser identificado como un destino turístico de calidade; así como mellorar a calidade e a sostibilidade da oferta turística e crear produtos turísticos baseados no descubrimento dos recursos naturais e culturais do Parque.

 

Engadir valor

Dende Medio Ambiente explícase que a obtención deste recoñecemento non só é positivo para o Parque, senón tamén para todas as empresas turísticas, xa que, entre os beneficios destaca a posibilidade de desenvolver novas oportunidades comerciais (clientelas, oferta fóra de tempada, oferta orientada cara ao descubrimento da natureza e o patrimonio cultural).

 

Tamén representa un valor estar situados nun espazo natural protexido distinguido en Europa como territorio de excelencia en materia de turismo sustentable e ter a posibilidade de participar activamente na planificación e desenvolvemento dun turismo sustentable no seu territorio, contribuíndo a súa protección.

 

Máis de 100 espazos acreditados

A Carta Europea de Turismo Sostible inscríbese nas prioridades mundiais e europeas expresadas polas recomendacións da Axenda 21, adoptadas no Cume da Terra en Río en 1992. A Federación EUROPARC, organización que reúne a espazos naturais protexidos de 39 países europeos, é a entidade xestora e garante da Carta.

 

Na actualidade, un total de 107 espazos naturais protexidos europeos están acreditados coa Carta nun total de 13 países, destes espazos, 38 son españois, dos cales dous son galegos, o Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés e o Parque Natural da Fragas do Eume.

Boletín de novidades de setembro

unnamedAs primeiras novidades do outono

Lembranzas do meu vivir II
Otero Pedrayo, Ramón

O Madrid dos anos de formación xorde destas páxinas mediante a evocación dos personaxes que o habitan, dos lugares e feitos que, atravesando as camadas da Historia, son descritos cunha vívida percepción do decurso do tempo. O senso da duración da experiencia propia e a cultura como elaboración colectiva combínanse nun alento único, o da representación do tempo vivido.

412 páx.
22.00 €

Vic e Bombona
Barreiro, Sara

Bombona é a cadela máis lista do mundo. E Vic un pequeno desastre de neno. Ou non. Porque en realidade está a piques de iniciar unha incrible aventura que, xunto á súa cadeliña, o vai levar a unha viaxe ao pasado e a descubrir os segredos agochados dunha vila enteira. Intriga, misterio e aventuras por riba e por debaixo da terra na primeira novela de Sara Barreiro.

Descarga un petisco
220 páx.
12,50 €

Tempos chegados?
Evans, Joám
Justo, Beramendi
Portero, José Antonio
Vence, Xavier

Libro colectivo e plurilingüe que analiza a forma de organización política da sociedade galega, no presente e no futuro. Baixo a edición de Arturo de Nieves e Carlos Taibo, cada autor salienta un elemento fundamental: o Dereito destaca no texto de Portero, a Historia recente no de Beramendi, a Economía no de Vence e a Historia máis afastada no de Evans. Imprescindible.

148 páx.
14.40 €

Almas de algodón
Lluch, Enric

Carlos e a súa familia acaban de mudarse á vila. Todo é novo para el. Os seus pais e os mestres intentarán facilitarlle a integración, pero quen conseguirá axudalo será un misterioso vello chamado Tobías. Con el, Carlos e os seus novos amigos aprenderán a facer maxia, a ler cos ollos pechados, e, sobre todo, a entender as limitacións e valorar as virtudes que todos e todas temos.

Descarga un petisco
96 páx.
9.00 €

As mulleres do monte
Gurriarán, José Antonio

Ensaio xornalístico sobre o importante papel que tiveron as mulleres nomaquis, fornecendo refuxio e apoio aos fuxidos. Moitas desas mulleres levaban practicamente o peso do Servicio de Información da Segunda República, como foi o caso de Paquina Nieto ou Matilde Franco. Cómpre achegarse a elas e ás súas vidas para entender verdadeiramente a Historia recente de España.

440 páx.
24.00 €

As máscaras do profesor Robindra
Babarro González, Xoán

Este é un libro orixinalísimo no que, como en As mil e unha noites, lemos unha historia que leva dentro a semente de outra. Un libro dentro de moitos libros, ou moitos libros dentro dun libro. Unha representación teatral, vintedous contos e unha ducia de poemas para viaxar por Bengala (na India) sen saír do noso salón.

Descarga un petisco
136 páx.
9.50 €

Noticias

No 125 aniversario do nacemento de Agatha Christie, os medios galegos recordan os títulos dispoñibles en galego. Traducidos por Alberto A. Lugrís para Editorial Galaxia.
Editorial Galaxia protagonizou a programación infantil do Festival de la Luz, da man de Sonárbore
La estación azul de RNE adicoulle (a partir do minuto 25) unha ampla reportaxe a Eduardo Blanco Amor e A Esmorga, na nova edición en castelán de Mar Maior
A Esmorga proxectarase os vindeiros 6 e 9 de outubro na Sección Oficial do XX Festival du Film Espagnol de Toulouse (Francia)

A ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o VENRES 18 de setembro

2015_09_18_aparcadoiroA ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o VENRES 18 de setembro un ACTO baixo o lema: RESCATEMOS ás PERSOAS, NON aos APARCADOIROS. Será no aparcadoiro de Castelao (cruce avda. Castelao coa rúa Dr. Darío Durán) a partires das 11:30.

Recentemente saía na prensa que o Concello de Vigo ía destinar un total de 6,4 millóns de euros aos aparcadoiros da avenida de Castelao e da rúa Jenaro de la Fuente.

A Xunta de Goberno Local do 25/06/2015 aprobou unha “compensación económica” a favor de empresa adxudicataria da concesión dos aparcadoiros, “Cocheras Olívicas de Puentes S.A.”, presuntamente para manter o equilibrio económico da concesión, e que supón o pago de 1.600.000 anuais a aboar entre os anos 2016 e 2019.

Parécenos intolerable que un Concello cun departamento de Benestar Social colapsado por falla de persoal, que non atende as necesidades máis básicas das persoas, que restrinxe as axudas económicas cada vez máis, e que regatea cos cartos públicos nas situacións de precariedade e pobreza, destine semellante cantidade de cartos para “rescatar” a unha empresa.

A mercantilización dos espazos públicos, a xestión empresarial dos concellos facendo de promotores de negocios ruinosos (disfrazados de aparcadoiros públicos), traen como consecuencia que se deban cartos e favores as empresas, mentres a cidadanía é a que sofre e acaba pagando débedas “ilexítimas”. Neste caso iniciadas con Porro e aplaudidas por Caballero, a nefasta xestión deste Concello, fai que mentres que ás veciñas se nos obriga a agardar meses por unha axuda de emerxencia social, unha empresa privada vaia recibir máis de 16 veces o presuposto municipal anual para ese tipo de axudas.

+INFO: http://odscoia.arkipelagos.net/content/1809-%E2%80%93-acto-rescatemos-%C3%A1s-persoas-non-aos-aparcadoiros

Á venda desde hoxe as entradas para o concerto presentación do novo disco de Xoel López

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) pon á venda desde hoxe as entradas para o concerto presentación de Paramales, o novo álbum de Xoel López, que terá lugar o sábado 12 de decembro ás 21.00 h no Teatro Afundación de Vigo. Composto por trece cancións gravadas nos Estudios Reno de Madrid, Paramales é un paso máis cara ao son contemporáneo característico do artista galego que rescata a súa etapa mod e o seu gusto polo soul e combínaos coas súas xa habituais guitarras españolas e atrevidos xogos de riffs. No seu directo acompañarano seis músicos, entre os que se atopan Miguel Rivera (Meiga), Charlie Bautista (Russian Red, Christina Rosenvinge) ou Iván González-Chapo (M Clan, Amaral). As entradas pódense adquirir a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.

 

José Manuel Soria viaja a Paraguay y Colombia en busca de nuevos mercados

  • El ministro visita ambos países con el objetivo de identificar áreas de cooperación y reforzar las ya existentes.
  • Soria se reunirá con los presidentes de Paraguay, Horacio Manuel Cartes, y de Colombia, Juan Manuel Santos.

16.09.15. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, se encuentra hoy de visita oficial en Paraguay, donde se reunirá con el presidente del país, Horacio Manuel Cartes, y el ministro de Industria y Comercio, Gustavo Leite. El objetivo de esta visita es identificar las áreas de cooperación económica entre ambos países con posibilidad de futuro y reforzar las ya existentes.

 

Las relaciones políticas bilaterales entre ambos países se encuentran en “un momento excelente” si bien,  los vínculos económicos, todavía, son  moderados, por lo que existe un potencial de crecimiento.

 

En la jornada de mañana, Soria viajará a Colombia, donde permanecerá hasta el domingo. Allí  mantendrá una reunión  informal con el presidente Juan Manuel Santos en el marco de un encuentro empresarial y se reunirá con el ministro de Energía y Minas, Tomás González Estrada.

 

Asimismo, para fijar estrategias conjuntas y conocer de primera mano los planes, proyectos y necesidades de las compañías españolas con intereses en Colombia, el ministro asistirá a un desayuno organizado por la Cámara de Comercio Hispano-Colombiana.

Las empresas de ingeniería gallegas se interesan por las oportunidades en materia de infraestructuras, transporte y energía en México

clip_image002

AGEINCO y la Cámara de Comercio de Vigo organizan unas jornadas  técnicas en las que participan representantes del Gobierno mexicano

Vigo, 16/09/2015. AGEINCO (Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería y Consultoría), en colaboración con la Cámara de Comercio de Vigo, organiza unas Jornadas Técnicas de Infraestructuras del Transporte y Energía México- España, que tendrán lugar el 23 de septiembre en Vigo. Unas jornadas en las que participarán diez empresas gallegas y que contará con una veintena reuniones privadas entre las compañías gallegas y representantes del gobierno mexicano.

 

El presidente de AGEINCO, Fernando López Mera, explica que “el objetivo de esta jornada es que los empresarios gallegos tengan conocimiento de las principales oportunidades que ofrece México en los sectores de infraestructuras del transporte terrestre, marítimo y de energía. Se les informará de los futuros proyectos que se licitarán en estas áreas. Después, aquellas empresas que los deseen podrán concretar en reuniones privadas con las autoridades participantes de la secretarias de Comunicaciones y Transportes (SCT) y Energía (SENER)”.

 

Estas jornadas son fruto del trabajo constante realizado por AGEINCO durante este último año en el mercado mexicano. De hecho, sus miembros ya  mantuvieron a principios de julio de 2014 una reunión en Vigo con la asesora del secretario de Desarrollo Agrícola Territorial y Urbano de México, Beatriz Gamboa Lago. Un encuentro en el que también participó el conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde López; y el director del Área de Internacionalización del IGAPE, Abel Veiga Copo. El objetivo fue presentar el potencial de la ingeniería gallega para buscar oportunidades de negocio en México. Durante la visita, Beatriz Gamboa no dudó en alabar la calidad de la ingeniería gallega.

 

 

Programa

 

La jornada constará de una sesión de apertura a cargo del presidente de la Cámara de Comercio de Vigo, José García Costas; de su homólogo en AGEINCO, Fernando López Mera, el conselleiro de Industria, Francisco Conde López; el director general de la Axencia de Infraestructuras, Francisco Menéndez Iglesias; la delegada de la Xunta en Vigo, Mª José Bravo Bosch; y el presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Ignacio López Chaves.

 

Seguidamente, el presidente de AGEINCO protagonizará la ponencia sobre el “Sector de la ingeniería en Galicia: su presencia y desarrollo industrial” para dar paso a una Mesa Redonda sobre “Infraestructuras del Transporte y Energía, Proyectos de Carreteras, Puertos y Energía en México”, que impartirá el director general de Carreteras (Secretaría de Comunicaciones y Transportes de México), Óscar Raúl Callejo Silva.

 

Tras una breve pausa café tomarán las palabra el director general de Puerto (Secretaría de Comunicaciones y Transportes de México), Alejandro Hernández; seguido del director general de Energías Limpias (Secretaría de Energía en México), Efraín Villanueva; y del director general de Relación con Inversionistas y Promoción (Secretaría de Energía en México), Gabriel Heller. Dichas ponencias darán lugar a un coloquio. Seguidamente José Cruz de la empresa GDP Abogados desarrollará “Marco Jurídico de la inversión extranjera y la contratación en el estado mexicano”. Las ponencias finalizarán con la de  Ana Gazarian de la empresa EMS (Employee Mobility Solutions) tratará la “Principales aspectos a consideras en la movilidad internacional de RRHH a México”. La jornada se completará por la tarde con una visita técnica al Puerto de Vigo, donde profundizarán en sus instalaciones y en su ampliación.

 

Mercado internacional

 

La ingeniería gallega apuesta por la exportación como manera de superar la crisis económica, aportando su gran conocimiento y experiencia a la mejora de la marca Galicia. La gran cualificación de las empresas gallegas y la importancia de los trabajos desarrollados en nuestro país están siendo una importante baza para estas empresas a la hora de salir a los mercados exteriores. Algunas empresas que integran AGEINCO (Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería y Consultoría) como AQUATICA, SOLTEC, EGYS Eyser, SGS Tecnos, K2 ingeniería, EPTISA, ADANTIA, TEMHA o TYPSA ya están en el mercado internacional.

 

Latinoamérica es el destino preferido por estas ingenierías, que tienen presencia en países como Brasil, Colombia, Panamá, Perú, República Dominicana, Nicaragua, Chile y Bolivia. Por ello, México se presenta como una gran oportunidad para el sector gallego de la ingeniería. Además es significativa la presencia de ingenierías gallegas en África, especialmente en países como Marruecos, Camerún o Guinea Ecuatorial. La ingeniería gallega, también está desarrollando proyectos en otros mercados como Estados Unidos o Canadá, sin olvidar el propio de la Unión Europea. Francia, Reino Unido, Rumanía o Polonia son países donde se están llevando a cabo importantes iniciativas con sello gallego, como el proyecto de varias centrales nucleares para Rumanía que está desarrollando EGYS.

 

¿Qué es AGEINCO?

 

La Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería y Consultoría cuenta en la actualidad con 20 empresas (Aquatica, Cimarq, Cíes Atlántico, Ciesa, Centro Tecnológico Automóvil de Galicia, Eptisa, EgisEyser, Fulcrum, Getinsa, TYPSA, TEMHA, Pettra, Soltec, Hidria, Urbing, K2 Ingeniería, ADIA, Adantia, SGS Tecnos,  y Activo). Empresas especializadas en diferentes ámbitos de la ingeniería de consulta, civil, edificación, medio ambiente, energías renovables, seguridad en el mar…

En Vigo SISTER ACT.

Whoopi Goldberg, Stage Entertainment y El Terrat anuncian la primera gira en España del musical SISTER ACT.

Tras una excelente temporada en Barcelona, en la que esta súper producción se ha convertido rápidamente en el Nº1 de la taquilla catalana, ahora le toca a la hermandad del11999062_975302079194450_4735429445426958533_nVoy a ser una estrella 2 Fiebre del domingo Convento de los Ángeles hacer las maletas y salir de gira por todo el país.

El musical, perfecto para dejar los problemas a un lado y entregarse al pecado más sano y necesario, llegará pronto a tu ciudad en una gira en la que visitará 21 ciudades. Queridos hermanos, ¡ha llegado la hora de disfrutar!

En tan solo 5 años, desde su estreno en el West End londinense, esta gran producción ha conseguido llegar en tiempo récord a 12 países, más de 4 millones de espectadores, en 7 idiomas, gracias a su buen rollo y energía.

 

Con la bendición de Broadway, y antes de llegar a Madrid, la gira de SISTER ACT se estrenó el 20 de agosto en el Teatro Arriaga de Bilbao, coincidiendo con la Semana Grande bilbaína. A continuación, llegará a las principales ciudades y teatros de la geografía española como Vigo, Santander, Zaragoza, Pamplona, Murcia, Córdoba, Sevilla, Salamanca, Valladolid, Tenerife, Las Palmas, Valencia, Alicante, Gijón, Donosti, Málaga o Burgos, entre otras.

 

Basado en la taquillera película, protagonizada por la actriz Whoopi Goldberg, el musical cuenta con una partitura original inspirada en los estilos musicales que van desde la música Motown, el soul o el funk, compuesta por el ganador de varios premios Oscar, Grammy y Globos de Oro: el compositor Alan Menken.

 

LAS CLAVES DE ESTE ÉXITO:

 

Para Whoopi Goldberg, productora del musical,SISTER ACT es una gran comedia para toda la familia. ¡Os prometo que pasaréis una increíble noche en el teatro! Escuchar a la gente reír y aplaudir tanto como lo hacen en SISTER ACT es una experiencia mágica para un productor.”

 

Julia Gómez Cora, Directora General de Stage Entertainment y productora, garantiza que “en estos tiempos conseguirás olvidarte de todo como ya lo han hecho todos los que ya han disfrutado de esta comedia musical en los mejores escenarios del mundo.” Para Andreu Buenafuente, coproductor del musical, “solo existe un convento como el de SISTER ACT y está en el teatro. Conseguirás que te conmuevas, rías y bailes. Y te hará levitar de emoción”.

 

Encabezando el elenco de esta producción española se encuentran grandes artistas de la escena teatral como Angels Gonyalons, que afronta el reto de interpretar a la Madre Superiora “con ilusión, ya que se trata de un personaje nuevo y absolutamente diferente a cualquiera de los que había hecho hasta ahora”.

 

El papel protagonista estará interpretado por Mireia Mambo, actriz que se encontraba actuando en el West End londinense y que ha conseguido excelentes críticas por parte de los medios especializados en estos meses. Mireia se pone por primera vez los hábitos para dar vida a Deloris y reconoce haber “soñado siempre con que ocurriese algo así en mi carrera”. Por este papel, Mireia ha sido galardonada con el Premio del Teatro Musical en la categoría de Mejor Actriz Protagonista.

 

 

La adaptación del libreto corre a cargo de Xavier Cassadó, quien garantiza que SISTER ACT tiene todos los ingredientes de los musicales: espectacular, emotivo, impactante, ameno, sorprendente… Pero difícilmente encontraremos un musical con tan buen rollo como este.”

 

SISTER ACT cuenta con una banda sonora original con música del ganador de varios premios Oscar, Grammy y Globos de Oro: el compositor Alan Menken (“La Sirenita”, “La pequeña Tienda de los Horrores” , y “La Bella y la Bestia”), letras del nominado a los premios Oscar y  Tony, Glenn Slater (“La Sirenita”),  y guión de los ganadores de varios Emmy, Cheri y Bill Steinkellner (“Cheers”) con material adicional del nominado a varios premios Tony Olivier Douglas Carter Beane  (“Xanadú”, “El Pequeño Perro Ladró”). La escenografía es de Klara Zieglerova (“Jersey Boys”, “The Farnsworth Invention”), el vestuario de Lez Brotherston (“El Lago de los Cisnes”, “The Car Man”, “Eduardo Manostijeras”), la iluminación de Natasha Katz (“The Coast of Utopia” , “Aida” – Premio Tony) y el sonido de Mick Potter (“La Mujer de Blanco” – Premio Olivier). La supervisión musical corre a cargo de Michael Kosarin y las orquestaciones de Doug Besterman.

 

SINOPSIS

 

La joven Deloris, una cantante aspirante a diva, presencia un asesinato y la policía la esconde en el último lugar al que ella hubiera querido ir… ¡un convento!

Rebelde e inconformista, Deloris revolucionará la tranquila vida de la comunidad religiosa y se ganará la admiración y el cariño de sus nuevas compañeras. Pero eso no será suficiente para librarle de su pasado…
Las entradas ya están a la venta en Bilbao, Vigo, Santander, Zaragoza y Pamplona…

 

¡Aleluya!

Dirección:

Avenida de Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

Duración:

2h y 45min (descanso incluido).
Una vez iniciada la función, no se permitirá el acceso hasta que el personal de sala lo considere oportuno.