Boletín de novidades de setembro

unnamedAs primeiras novidades do outono

Lembranzas do meu vivir II
Otero Pedrayo, Ramón

O Madrid dos anos de formación xorde destas páxinas mediante a evocación dos personaxes que o habitan, dos lugares e feitos que, atravesando as camadas da Historia, son descritos cunha vívida percepción do decurso do tempo. O senso da duración da experiencia propia e a cultura como elaboración colectiva combínanse nun alento único, o da representación do tempo vivido.

412 páx.
22.00 €

Vic e Bombona
Barreiro, Sara

Bombona é a cadela máis lista do mundo. E Vic un pequeno desastre de neno. Ou non. Porque en realidade está a piques de iniciar unha incrible aventura que, xunto á súa cadeliña, o vai levar a unha viaxe ao pasado e a descubrir os segredos agochados dunha vila enteira. Intriga, misterio e aventuras por riba e por debaixo da terra na primeira novela de Sara Barreiro.

Descarga un petisco
220 páx.
12,50 €

Tempos chegados?
Evans, Joám
Justo, Beramendi
Portero, José Antonio
Vence, Xavier

Libro colectivo e plurilingüe que analiza a forma de organización política da sociedade galega, no presente e no futuro. Baixo a edición de Arturo de Nieves e Carlos Taibo, cada autor salienta un elemento fundamental: o Dereito destaca no texto de Portero, a Historia recente no de Beramendi, a Economía no de Vence e a Historia máis afastada no de Evans. Imprescindible.

148 páx.
14.40 €

Almas de algodón
Lluch, Enric

Carlos e a súa familia acaban de mudarse á vila. Todo é novo para el. Os seus pais e os mestres intentarán facilitarlle a integración, pero quen conseguirá axudalo será un misterioso vello chamado Tobías. Con el, Carlos e os seus novos amigos aprenderán a facer maxia, a ler cos ollos pechados, e, sobre todo, a entender as limitacións e valorar as virtudes que todos e todas temos.

Descarga un petisco
96 páx.
9.00 €

As mulleres do monte
Gurriarán, José Antonio

Ensaio xornalístico sobre o importante papel que tiveron as mulleres nomaquis, fornecendo refuxio e apoio aos fuxidos. Moitas desas mulleres levaban practicamente o peso do Servicio de Información da Segunda República, como foi o caso de Paquina Nieto ou Matilde Franco. Cómpre achegarse a elas e ás súas vidas para entender verdadeiramente a Historia recente de España.

440 páx.
24.00 €

As máscaras do profesor Robindra
Babarro González, Xoán

Este é un libro orixinalísimo no que, como en As mil e unha noites, lemos unha historia que leva dentro a semente de outra. Un libro dentro de moitos libros, ou moitos libros dentro dun libro. Unha representación teatral, vintedous contos e unha ducia de poemas para viaxar por Bengala (na India) sen saír do noso salón.

Descarga un petisco
136 páx.
9.50 €

Noticias

No 125 aniversario do nacemento de Agatha Christie, os medios galegos recordan os títulos dispoñibles en galego. Traducidos por Alberto A. Lugrís para Editorial Galaxia.
Editorial Galaxia protagonizou a programación infantil do Festival de la Luz, da man de Sonárbore
La estación azul de RNE adicoulle (a partir do minuto 25) unha ampla reportaxe a Eduardo Blanco Amor e A Esmorga, na nova edición en castelán de Mar Maior
A Esmorga proxectarase os vindeiros 6 e 9 de outubro na Sección Oficial do XX Festival du Film Espagnol de Toulouse (Francia)

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: