Concello do porriño

Rotundo éxito de la 1ª Budiño Raid Terras do LouroBudiñoRaid_prueba

Sport HG Coco en Élite, Marqués de VizhojaCornelios en Aventura y Fran Morais Moreira en Orienta-Raid, fueron los vencedores absolutos de las tres categorías de esta prueba cuya organización ya piensa en su segunda edición.

O CIP RIBEIRA NON TEN SERVIZO DE COMEDOR

 
En relación coa nota de prensa feita pública pola delegación territorial da Xunta en Vigo respecto da situación do comedor do CIP dá Ribeira, o Concello do Porriño vese obrigado a realizar as seguintes puntualizacións:
– O CIP dá Ribeira conta con instalacións de comedor pero non cun servizo de comedor que atenda as necesidades alimentarias do alumnado, como é o caso doutros centros educativos do Concello do Porriño, caso do Antonio Palacios ou o centro escolar de Atios, cuxos comedores son xestionados e subvencionados pola Xunta.

– Respecto das axudas desembolsadas polo Concello á ANPA do CIP Torneiros para a xestión do comedor, o anterior goberno municipal destinou a este fin 3.000 euros para o curso 2014-2015. De feito, a nova corporación municipal está xestionando o pago á ANPA de 600 euros que quedaban pendentes de liquidar da devandita subvención. O custo do servizo de comedor para atender as necesidades alimentarias do alumnado é de aproximadamente 50.000 euros por curso escolar.

– A alcaldesa do Porriño comprometeuse a que o Concello do Porriño asumirá a totalidade do custo anual do comedor escolar para atender adecuadamente as necesidades alimentarias do alumnado do CIP dá Ribeira. O devandito compromiso é o resultado da reunión que Eva García de la Torre mantivo o pasado martes con directivos do centro e responsables da ANPA, que lle trasladaron que as necesidades do centro estaban a ser relegadas pola Xunta de Galicia.

– Respecto dos 5.000 euros investidos fai dous anos en reformas no CIP dá Ribeira, Eva Garcia de la Torre puido comprobar in situ a existencia de goteiras, e a necesidade urxente de abrir un novo acceso que permita ao alumnado esperar ao autobús baixo cuberto. A alcaldesa comprometeuse a resolver de inmediato ditas deficiencias.

– Dende o inicio do seu mandato, Eva García de la Torre fixo gala da súa vontade de colaboración institucional. Dende o pasado mes de xullo, o Concello do Porriño intentou reiteradamente poñerse en contacto co xefe territorial de Educación sen recibir resposta algunha. Neste contexto non parece de recibo falar de colaboración institucional, especialmente cando a única comunicación posible coa delegación territorial de Educación parece ser a establecida a través de comunicado de prensa.

– No entanto, a alcaldesa do Porriño manifesta a súa disposición a reunirse de inmediato con César Pérez para tratar da situación e necesidades do CIP da Ribeira de Torneiros e de todos os centros educativos do municipio.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: