MATO MARCA COMO OBXECTIVO PRIORITARIO A ATENCIÓN INTEGRAL DOS REFUXIADOS QUE CHEGUEN A GALICIA

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, informou hoxe no Parlamento sobre os pasos que está a dar a Xunta ante a crise humanitaria dos refuxiados
  • Benestar recibiu hoxe o primeiro inventario de recursos locais coordinado pola FEGAMP
  • Paralelamente, a Xunta traballa nun programa de voluntariado que reforzará o traballo do “equipo técnico de profesionais” que dará asistencia a estas persoas

 

Santiago, 16 de setembro de 2015.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, marcou hoxe como obxectivo prioritario a integración social dos refuxiados que cheguen a Galicia “porque non se trata só de acoller, unha fase que é temporal, senón de que se integren plenamente na sociedade”.

 

Así o apuntou ante unha pregunta parlamentaria sobre os pasos que está a dar o Goberno galego ante a crise humanitaria dos refuxiados en Europa. Ao respecto, a titular do departamento autonómico recordou que Galicia ofreceu unha resposta “rápida, seria, solidaria e coordinada”, e que xa leva semanas traballando nun plan propio de acollida, “anticipándonos ás peticións do Goberno central”

 

O primeiro paso que se deu desde o Goberno galego foi a avaliación da dispoñibilidade de recursos propios. Neste sentido, explicou que nestes momentos a Xunta ten 300 prazas en instalacións propias, sexa nas residencias de tempo libre ou en albergues xuvenís dependentes da Xunta, unha cifra que lembrou pode ser “ampliable” en función das necesidades.

 

Así mesmo, contactouse coas ONG’s con experiencia na atención de refuxiados e con presenza en Galicia (ACCEM, Unicef, Cáritas e Cruz Vermella) para contar co seu asesoramento e os recursos humanos e materiais dos que puideran dispoñer para este programa especial, así como coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co fin de coñecer e coordinar os recursos a nivel local.

 

De feito, hoxe mesmo a Fegamp entregou o primeiro inventario de recursos das entidades locais pertencentes a un total de 39 concellos e dúas deputacións (Lugo e A Coruña), un documento no que tamén se fai constar que existe ofrecemento por un maior número de administracións locais, pero que aínda non teñen concretado os recursos cos que contarían.

 

Estas prazas, xunto cas das ONG,s, sumaranse ás de titularidade autonómica no plan de acollida que enviará a Xunta ao Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

 

Todos estes ofrecementos coordinaranse a través do grupo de traballo interdepartamental creado o pasado venres, e no que participan os departamentos de Sanidade, Educación, Benestar, Infraestruturas e Cooperación da Xunta, así como a propia Fegamp e as ONG’s.

 

Nesta xuntanza acordouse elaborar o antes posible un documento común con todos os recursos da comunidade autónoma (da Xunta, de concellos e doutras entidades sociais). En concreto, o obxectivo marcado é remitir este primeiro “mapa” ao Goberno central coa máxima celeridade posible.

 

Mato explicou tamén que, para poñer en marcha na práctica todo este dispositivo de acollida e integración, a Xunta habilitará un equipo técnico de profesionais que dará asistencia técnica aos refuxiados. O seu labor reforzarase a través dun programa de voluntariado, que se está elaborando actualmente e que estará integrado por persoas formadas no acompañamento a desprazados.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: