Noites de retranca chega a vindeira semana ao Teatro Afundación de Vigo
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o vindeiro sábado 26 de setembro unha nova edición do espectáculo Noites de retranca, que contará nesta ocasión con Quico Cadaval, Cándido Pazó e Celso Sanmartín como protagonistas. A representación, na que xa participaron figuras tan coñecidas como Carlos Blanco, Manuel Manquiña, Camila Bossa ou Federico Pérez, entre outros, terá lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 21.00 h. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou no 902 504 500.